Demografía de Macedonia do Norte
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
No ano 2007, Macedonia do Norte tiña unha poboación de 2 055 400 habitantes. A esperanza de vida é de 74,2 anos, o 96,1% da poboación esta alfabetizada e a media de fillos por muller é de tan só 1,57.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d8/Republic_of_Macedonia_Demo.png/250px-Republic_of_Macedonia_Demo.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9c/Macedonia_ethnic.png/250px-Macedonia_ethnic.png)
A lingua materna dos 1,4 millóns de habitantes do estado é a macedonia, un idioma eslavo do sur. O albanés é falado por preto de 500.000 persoas e o turco por 80.000. Actualmente, o goberno macedonio está votando se o albanés debese converter na segunda lingua oficial en Macedonia do Norte. Estímase que hai 120.000 falantes de romaní.
Relixión
editarA maioría da poboación son membros da Igrexa Ortodoxa de Macedonia do Norte nun 66%, mentres que un 33% son musulmáns e 1% doutras relixións.
Etnias
editarA composición étnica actual é a seguinte:[1]
- Europeos: 93.0% (Macedonios eslavos 64,2% + albaneses 28,8%)
- Asiáticos: 3,9% (maioría de Turcos)
- Xitanos: 2,7%
- Outros: 0,4%
Xitanos
editarA "Década para a inclusión xitana" é unha iniciativa para mellorar as condicións socio-económicas e a inclusión social das minorías de xitanos nos países participantes, Bulgaria, Croacia, República Checa, Eslovaquia, Hungría, Montenegro, Macedonia do Norte, Romanía, Serbia. Todos eses países teñen unha minoría significativa de xitanos, a cal xeralmente se atopa en desvantaxe social e económica. A iniciativa foi lanzada en 2005 e representa un esforzo multinacional que deberá durar até 2015.[2]
Emigración
editarO pobo eslavo de Macedonia emigrou a outros sitios do mundo, principalmente o continente americano. Unha comunidade importante atópase nos Estados Unidos e fomenta o uso dos símbolos nacionais do Sol de Verxina como identificación nacional. No Río da Prata, principalmente nas capitais de Buenos Aires e Montevideo, hai comunidades de macedonios, gregos e outros eslavos.
Datos por ano
editarAno | Poboación | Nacementos | Taxa de natalidade | Taxa de fecundidade | Núm. de falecementos | Taxa de mortalidade | Saldo natural |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | 1 229 000 | 49.560 | 40,3 | n.d. | 18.023 | 14,6 | 31.537 |
1955 | 1 351 250 | 49.093 | 36,3 | n.d. | 17.919 | 13,2 | |
1960 | 1.391 927 | 44.059 | 31,6 | 4,11 | 14.007 | 10,0 | 30.052 |
1965 | 1 499 728 | 42 433 | 28,2 | 3,71 | 12 758 | 8,5 | |
1970 | 1 629 061 | 37.862 | 23,2 | 2,98 | 12.430 | 7,6 | 25.432 |
1975 | 1 756 335 | 39.579 | 22,5 | 2,71 | 12.629 | 7,1 | |
1980 | 1 891 318 | 39.784 | 21,0 | 2,47 | 13.534 | 7,1 | |
1985 | 2 016 942 | 38.722 | 19,1 | 2,31 | 14.408 | 7,1 | 24.314 |
1990 | 1 881 990 | 35.401 | 18,8 | 2,06 | 14.643 | 7,7 | 20.758 |
1991 | 1 899 906 | 34 830 | 18,3 | 2,07 | 14 789 | 7,7 | |
1992 | 1 916 508 | 33.238 | 17,3 | 2,12 | 16.022 | 8,3 | |
1993 | 1 930 408 | 32.374 | 16,7 | 2,17 | 15.591 | 8,0 | |
1994 | 1 947 003 | 33.487 | 17,1 | 2,23 | 15.771 | 8,1 | |
1995 | 1 966 032 | 32.154 | 16,3 | 2,13 | 16.338 | 8,3 | |
1996 | 1 983 099 | 31.403 | 15,8 | 2,06 | 16.063 | 8,0 | |
1997 | 1 996 869 | 29.478 | 14,7 | 1,93 | 16.596 | 8,3 | |
1998 | 2 007 522 | 29 244 | 14,5 | 1,90 | 16 870 | 8,4 | |
1999 | 2 017 141 | 27 309 | 13,5 | 1,76 | 16 789 | 8,3 | 10 520 |
2000 | 2 026 345 | 29.308 | 14,4 | 1,88 | 17.253 | 8,5 | 12.055 |
2001 | 2 034 881 | 27 010 | 13,2 | 1,73 | 16.919 | 8,3 | 10.091 |
2002 | 2 031 152 | 27 761 | 13,6 | 1,77 | 17 962 | 8,8 | 9.799 |
2003 | 2 026 773 | 27.011 | 13,3 | n.d. | 18.006 | 8,9 | 9.005 |
2006 | 2 050 554 | 12,01 | 1,57 | 8,77 |
Notas
editar- ↑ "Total population of the Republic of Macedonia, 2004". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2004. Consultado o 24 de novembro de 2009.
- ↑ "Les Roms en Europe". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2007. Consultado o 24 de novembro de 2009.