Demografía de Francia

Densidade da poboación francesa metropolitana (por departamento)
Evolución da demografía entre 1960 e 2010 (cifras da DESA, 2012). Poboación en millóns de habitantes.

A República Francesa conta con 64 102 140 habitantes a 1 de xaneiro de 2007, dos que algo máis de 61,5 millóns vive na metrópole, o que supón arredor do 1% da poboación mundial. O crecemento demográfico francés é un dos máis dinámicos de Europa, combinando unha taxa de natalidade superior á media europea (830.000 nacimentos contra 531.200 mortes) e un saldo migratorio positivo (sobre 100.000 persoas): a poboación francesa creceu o 0,61% no último ano. No relativo á taxa de fecundidade, é de 2,01 bebés por muller, só situada por detrás de Albania e Islandia que teñen as taxas máis altas no contexto europeo. A pirámide poboacinal que se ve nestes primeiros anos do século XXI presenta un aumento progresivo dos grupos de maior idade, debido ao aumento da esperanza de vida (Francia ten unha das esperanzas de vida máis longas do mundo) e pola chegada á terceira idade de toda a xeración do baby boom (fenómeno coñecido comunmente como o papy boom).

EtnicidadeEditar

En 2006, o Instituto Nacional de Estatística e Estudos Económicos (en francés: Institut National de la Statistique et des Études Économiques) estimou que 4,9 millóns de inmigrantes viven en Francia (8% da poboación). Hai que considerar que son considerados franceses os fillos de pais inmigrantes e non como estranxeiros. En consecuencia o número de cidadáns franceses de orixe estranxeira está estimado en 6,7 millóns o que representa o 10% da poboación francesa. Numerosos grupos étnicos están presentes tamén nos territorios de ultramar. A maior parte dos inmigrantes proceden de Europa (Grecia, Portugal, España, Italia, Polonia, Romanía e os países da antiga Iugoslavia. Tamén son numerosos os procedentes do Magreb e da África Negra, sobre todo das antigas colonias.

Principais aglomeraciónsEditar

# Ville Rexión Poboación Intra-muros
1 París   Illa de Francia 11 174 743 2 153 600
2 Lión   Ródano-Alpes 1 648 216 466.400
3 Marsella   Provenza-Alpes-Costa Azul 1 516 340 820.900
4 Lille   Norte-Paso de Calais 1 143 125 225.100
5 Tolosa   Mediodía-Pireneos 964.797 435.000
6 Niza   Provenza-Alpes-Costa Azul 933.080 347.900
7 Bordeos   Aquitania 925.253 230.600
8 Nantes   País do Loira 711.120 281.800
9 Estrasburgo   Alsacia 612.104 272.700
10 Toulon   Provenza-Alpes-Costa Azul 564.823 166.800