Norte-Paso de Calais
Norte-Paso de Calais[1] (en francés: Nord-Pas-de-Calais, en picardo: Nord-Pas-d'Calés, en flamengo occidental: Noord-Nauw van Cales) foi unha das 27 rexións de Francia ata a reforma territorial francesa de 2014. Estaba constituída polos departamentos de Norte e de Paso de Calais, e situada ao norte da Francia metropolitana, compartindo fronteira con Bélxica. A súa capital fora Lille.
Norte-Paso de Calais | |||
---|---|---|---|
Nord-Pas-de-Calais Nord-Pas-d'Calés | |||
| |||
| |||
![]() | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Lille | ||
• Poboación | 226 014 (2006) | ||
Lingua oficial | Francés | ||
Forma de goberno | Consello Rexional | ||
President | Daniel Percheron (PS) | ||
Superficie | Posto 19º | ||
• Total | 12 414 km² | ||
Poboación | Posto 4º | ||
• Total | 4.022.000 (est. 2008) hab. | ||
• Densidade | 324 hab./km² | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .fr | ||
Código ISO | FR-O | ||
A maior parte da rexión formara parte dos Países Baixos do Sur, un territorio da rexión histórica dos Países Baixos baixo o Sacro Imperio Romano Xermánico e gobernado por Borgoña, e posteriormente por España e Austria. Gradualmente se tornou parte de Francia entre 1477 e 1678, especialmente durante o reinado de Luís XIV. As históricas provincias de Francia no seu territorio eran as de Artois, o Flandres Francés e o Hainaut Francés.
A área está densamente poboada, cunha proporción duns 330,8 h/km2 e con arredor de 4,1 millóns de habitantes, o 7% do total de Francia. Ademais de Lille, a capital, outra cidade de importancia foi Calais, que serve de nó de conexións económicas con Dover, na Gran Bretaña.
Nome Editar
O nome Norte-Paso de Calais combina os nomes dos departamentos que constitúen a rexión, os de Norte e Paso de Calais. Aínda que o nome francés do departamento é Pas-de-Calais, o consello rexional escribe o nome da rexión como Nord-Pas de Calais, sen guións.[2]
A parte norte da rexión foi historicamente parte do Condado de Flandres, con Douai como capital. É por iso que tamén é chamada Países Baixos franceses (en francés: Pays-Bas français). Outros nomes alternativos son Rexión de Flandres-Artois, Altos de Francia e Picardía do Norte.
Notas Editar
- ↑ Ver entrada de «Roubaix». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1837. ISBN 9788482893600.
- ↑ Région Nord-Pas de Calais. "Qu'est ce que la Région?" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 17 de maio de 2014.]