Demografía da República Checa

A maioría dos 10,2 millóns de habitantes da República Checa son etnicamente e lingüisticamente checos (95%). Outros grupos étnicos inclúen xermánicos, romanís e polacos. Trala división de 1993, os eslovacos residentes na República Checa compoñen cerca de 2% da poboación actual. A fronteira entre a República Checa e a Eslovaquia está aberta para persoas con cidadanía da antiga Checoslovaquia.

Relixión editar

As Leis que estabelecen a liberdade relixiosa foron creadas pouco despois da revolución de 1989, revogando as antigas normativas do goberno comunista. A relixión predominante é a Católica Romana (27% da poboación); unha gran porcentaxe da poboación checa alega ser atea (59%). A comunidade xudía suma algúns miles hoxe; unha sinagoga en Praga é memorial de máis de 80.000 checoslovacos xudeus que foron mortos durante a segunda guerra mundial.

Datos demográficos editar

 
Evolución demográfica da República Checa desde 1993.
  • Poboación:
10 211 000 (estimativa de decembro de 2003)
  • Estrutura de idades:
0-14 anos: 16% (homes: 849.008; mulleres: 805.861)
15-64 anos: 70% (homes: 3 587 968; mulleres: 3 573 171)
máis de 65 anos: 14% (homes 543.114; mulleres 867.457) (marzo de 2001)
  • Taxa de crecemento poboacional:
0,8% (estimativa de 2003)
  • Taxa de natalidade:
9,2 nacementos/1.000 habitantes (estimativa de 2003)
  • Taxa de mortalidade:
10,9 mortes/1.000 habitantes (estimativa de 2003)
  • Taxa de migración:
2,5 migrantes/1000 habitantes (estimativa de 2003)
  • Proporción por sexo:
Ao nacemento: 1,06 home/muller
Até 15 anos: 1,05 home/muller
15-64 anos: 1 home/muller
máis de 65 anos: 0,63 home/muller
poboación total: 0,95 home/muller (estimativa de 2000)
  • Taxa de mortalidade infantil: 3.9 mortes/1000 nados vivos (estimativa de 2003)
  • Expectativa de vida ao nacer:
Poboación total: 74,95 anos
homes: 71,46 anos
mulleres: 78,65 anos (estimativa de 2002)
  • Taxa de fecundidade: 1,18 nenos nacidos/muller (estimativa de 2003)
  • Nacionalidade:
Substantivo: Checo ou checo (checo: Čech, plural: Češi or Čechové)
Adxectivo: Checo ou checo (?eská)
  • Grupos étnicos
checos 90%, moravios 3.7%, eslovacos 1.9%, polacos 0.5%, austríacos 0.4%, alemáns 0.4%, silesios 0.1%, xitanos 0.1% (valores oficiais, as estimacións non oficiais chegan a 2%), húngaros 0.1%, outros 2.8% (marzo de 2001)
Nota: os moravios e os silesios, posuíndo diferenzas étnicas, culturais, de tradicións e lingüísticas dos checos, non forman unha minoría en termos políticos e as súas porcentaxes son frecuentemente engadidas ao grupo checo. Os resultados aquí presentes reflicten o dereito de calquera individuo de se identificar con calquera nacionalidade ou grupo étnico, como di a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
  • Relixións:
Ateos ou persoas sen relixión definida 59,0%, católicos romanos 26,8%, protestantes 1,1%, husitas 1,0%, outros 12,1% (marzo de 2001)
  • Idioma
Checo e eslovaco (oficiais), alemán.
  • Grao de alfabetización funcional
Poboación total: 99.9% (estimativa 1999)