Untermensch (Alemán: subhumano, plural Untermenschen) é un termo da ideoloxía racial nazi, herdeiro das teorías raciais do século XIX.

Un cartel de propaganda austrohúngaro feito durante a primeira guerra mundial que presenta o lema rimado "Serbia debe morrer!" (Serbien muss sterbien!). Esas imaxes eran representativas das actitudes sociais subxacentes ao concepto de Untermensch. «Postais de propaganda anti-serbia á venda na capital austríaca representaban aos serbios como "Untermenschen" ou "Subhumanos" atrasados, un termo empregado máis tarde por Adolf Hitler e os nazis para describir aos xudeus e os eslavos. Algúns defenderon que os serbios deberían ser cocidos vivos en caldeiros ou pegados en garfos e comidos».[1]

Orixe editar

Aínda que normalmente se considera incorrectamente que foi acuñado polos nazis, o termo literal equivalente Under-man (por debaixo do home ou 'infrahumano'), foi usado por primeira vez polo autor estadounidense e membro do Ku Klux Klan Lothrop Stoddard no título do seu libro de 1922 The Revolt Against Civilization: The Menace of the Under-man. Stoddard aplica o termo a aqueles que considera incapaces de funcionar na civilización, que xeralmente (pero non totalmente) atribúe á raza.

Uso do termo en alemán e polos nazis editar

Máis tarde foi Under-man traducido ao alemán foi adoptado polos nazis a partir do título da edición alemá do libro de Stoddard, Der Kulturumsturz: The Threat of the Subhuman (1925).[2]

A palabra alemá Untermensch fora usada en períodos anteriores, pero non fora usada nun sentido racial, por exemplo, na novela de 1899 Der Stechlin de Theodor Fonte. Dado que a maioría dos escritores que empregaron o termo non abordaron a cuestión de cando e como a palabra entrou na lingua alemá, Untermensch adoita traducirse como "subhumano", "infrahumano", ou, dado o particular matiz que tomou o termo co nazismo, cítase sen traducir. O principal nazi que atribuíu a Stoddard o concepto de "infrahumano" referíndose aos europeos do leste foi Alfred Rosenberg quen, referíndose aos comunistas rusos, escribiu en 1930 «este é o tipo de ser humano ao que Lothrop Stoddard chamou 'debaixo do home'.»

É posible que Stoddard construíse o seu termo "debaixo do home" como oposto ao concepto Übermensch ("arriba do home", "superhome") de Friedrich Nietzsche. Stoddard non o di explicitamente, pero fai referencia crítica á idea do "superhome" ao final do seu libro (p. 262). A ideoloxía nazi identificaba unha raza superior aria (a alemá) e unha serie de razas inferiores de diferentes graos, incluíndo as persoas de 'raza estranxeira' ou 'sangue estranxeiro' (Fremdrassische ou Fremdvölkische).[3] Dentro das que consideraban máis inferiores, os Untermenschen, encontrábanse os xudeus, negros, xitanos ou eslavos.[4]

Os afganos, indios, persas, xaponeses ou tibetanos foran avaliados de manera diferente, non como Untermenschen pola teoría racial que os calificaba como "arianos honoríficos".[5]

Notas editar

  1. "A History of the First World War in 100 Moments: Austro-Hungarian army". The Independent (en inglés). 2014-04-07. Consultado o 2022-04-17. 
  2. "Domenico Losurdo - Towards a Critique of the Category of Totalitarianism - [PDF Document]". vdocument.in (en inglés). Consultado o 2022-04-17. 
  3. Jasper, Ferdinande Knabe, Marianne Krüger-Potratz, Dirk; Krüger-Potratz, Marianne. "Fremdsprachige Volksteile" und deutsche Schule (en alemán). Waxmann Verlag. ISBN 978-3-8309-5625-9. 
  4. "Hitler's War; Hitler's Plans for Eastern Europe". web.archive.org. 2011-04-09. Archived from the original on 09 de abril de 2011. Consultado o 2022-04-17. 
  5. "How Did East Asians Become Yellow?". Leiden University (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2019. Consultado o 2022-04-17. 

Véxase tamén editar