Da Nang

Coordenadas: 16°4′N 108°4′L / 16.067, -108.067

Da Nang[1] (en vietnamita: Đà Nẵng, Da Nang.ogg escoitar) é unha importane cidade portuaria na costa centro meridional de Vietnam, na ourela do Mar da China Meridional na embocadura do río Han. Constitúe o centro comercial, educativo e das comunicacións do Vietnam Central e tamén é un importante destino turístico. A cidade recibiu os nomes de Cửa Hàn durante o primeiro asentamento na dinastía Đại Việt e Tourane (ou Turon) durante goberno colonial francés.

Da Nang
Đà Nẵng
Da Nang Montage.jpg
Vistas da cidade
Localización
Da Nang en Vietnam
Da Nang
Da Nang
PaísFlag of Vietnam.svg Vietnam
RexiónCentral do Sur
Xeografía
Altitude19 msnm
Superficie1 285,4 km²
Demografía
Poboación1 007 400 hab. (2012)
Densidade780 hab./km²
Outros datos
AlcaldeHoang Tuan Minh
Páxina oficial

Antes de 1997 formaba parte da provincia de Quảng Nam-Đà Nẵng agora que o 1 de xaneiro de 1997 converteuse nunha das cinco municipalidades independentes do Vietnam. Đà Nẵng conta co meirande cociente de urbanización das cidades vietnamitas.[2] A superficie total da municipalidade é de 1256 km² e a poboación de 887.069 habitantes (2009).

NotasEditar

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  2. ""Đà Nẵng - Trung tâm vùng kinh tế trọng điểm miền Trung" Bình Định, 14-8-2008". Arquivado dende o orixinal o 10-01-2009. Consultado o 27-05-2012. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar