Economía de Mongolia

A economía de Mongolia está baseada na produción agro-pastoril, cun 90% das exportacións constituídas por animais e derivados, pero moi limitada pola distancia de Mongolia ao mar, e polas precarias estradas sen infraestruturas.

Economía de Mongolia
Moeda Tögrög
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Banco Asiático de Desenvolvemento, FMI, Banco Mundial
Datos estatísticos[1]
PIB 15,44 mil millóns (2012)
Posición do PIB 141ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 12,3% (2012)
PIB per cápita 5 500 (2012)
PIB por sector agricultura 14%, industria 29,9%, servizos 56,1%
Inflación 14,2% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.037.000 (2011)
Forza de traballo por sector agricultura 33%, industria 10,6%, servizos 56,4% (2011)
Desemprego 9% (2011)
Industrias construción civil e materiais de construción, minería (carbón, cobre, molibdeno, fluorita, estaño, tungsteno, ouro), petróleo, alimentos e bebidas, procesamento de produtos animais, manufactura de la de caxemira e fibras naturais, electricidade, gas natural
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 4 385 millóns (2012)
Produtos de exportación cobre, roupas, animais vivos, produtos animais, la de caxemira, la, peles, fluorita, outros minerais non-ferrosos, carbón, petróleo cru
Principais mercados República Popular da China 88,9%, Canadá 4,1% (2012)
Importacións 6 739 millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, combustibles, automóbiles, alimentos, bens de consumo industriais, produtos químicos, materiais de construción, cigarros e tabaco, roupas, xabón e deterxente
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 3 423 millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Ulan Bator.

A gran dependencia de axuda estranxeira levou ao país a unha preparación inadecuada para os rigorosos invernos, e houbo grandes perdas de animais, o que empobreceu a moitos. A axuda soviética, que chegaba a case 1/3 do PIB desapareceu case do día para a noite en 1990 e 1991, ano do fin da URSS.[1] A mudanza da economía planificada e dependente da URSS cara a unha economía de mercado foi traumática. Na década seguinte o país afrontou unha profunda recesión debido á inactividade económica e aos desastres naturais, e posteriormente un crecemento económico debido ás amplas reformas económicas, con adopción do libre mercado e privatizacións.[1] A pesar diso, case un terzo da poboación vive en extrema pobreza, e a economía continúa atrasada.

Medio ambiente editar

Como resultado da rápida urbanización, e as políticas de crecemento industrial baixo o réxime socialista, a deterioración do medio ambiente converteuse nunha das principais preocupacións. A queima de carbón xunto coas miles de fábricas en Ulan Bator tiveron como resultado unha severa polución do aire. A deforestación, o exceso de pastos e os esforzos para incrementar a produción de cereais e pasto mediante o arado de máis terra virxe, incrementou os efectos da erosión do vento e a choiva.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).