As linguas do Pamir (ou pamirianas) son un subgrupo das linguas iranias faladas no altoplano do Pamir, ao longo do río Panxe (Panj, literalmente Cinco), a ambas marxes do río, no sur do Badaghxán Montañoso (Tadjiikistán), no Badaghxán (Afganistán), no Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán (Xinxiang (China) e na provincia da Fronteira do Noroeste (Paquistán). No ano 1990 había máis de 100.000 persoas que falaban as linguas pamirianas.

Linguas do Pamir
Outros nomes:Pamirī
Falado en: Tadjiikistán, Afganistán, Paquistán e a China
Rexións: Asia central, Montes do Pamir, Badaghxán Montañoso, Xinxiang e Fronteira do Noroeste
Total de falantes: Máis de 100.000
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Iranias
   orientais
    orientais meridionais
     Linguas do Pamir
Escrita: Alfabeto cirílico e escrita perso-arábiga
Status oficial
Lingua oficial de: Non
Regulado por: Ningún
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

Trátase de linguas iranias orientais meridionais, que seguen a tipoloxía lingüística SOV. A maior parte dos falantes é bilingüe porque utilizan tamén o taxico.

Linguas que forman parte

editar
  • A rama de linguas xugnonianas:
  • Grupo meridional ou xugnonio-ruxonio:
  • Grupo setentrional ou bartangués-roxorviano-sariculiano:
    • O roxorviano, tamén coñecido como oroxorés, é falado no norte do distrito de Ruxón no Badaghxán Montañoso, no Tadjiikistán por preto dunhas 2.000 persoas.
    • O bartangués, pódese considerar lingua de seu. É falado por preto de 3.000 persoas na val de Bartang no centro do distrito de Ruxón no Badaghxán Montañoso no Tadjiikistán.
    • O sariculiano (sariquli ziv) é falado no leste do distrito de Murgab no Badaghxán Montañoso no Tadjiikistán e na China pola Cordilleira de Saricul no Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán, por preto de 23.000 persoas (l'80% do grupo étnico homónimo); é parecido ao taxico, coma lingua falada habitual usan o taxico aínda que a maioría fala tamén uigur. Conta cun dicionario e unha gramática. É a máis oriental das lingua iranias.
      • Dialecto central ou taxcurganiano, falado arredor da cidade de Taxcurgán.
      • Dialecto oriental prómimo.
      • Dialecto oriental afastado.
  • O iazgulomiano (yůzdomi zəvəg) é unha lingua oral falada no Tadjiikistán no sur da val do Iazgulom no distrito de Vanxe por preto de 4.000 persoas (o 70% do grupo étnico omónimo), e que falan tamén o taxico.
  • O vanxés, foi falado na val de Vanxe e foi substituído polo taxico nos anos 20 do século pasado. Tan só unhas poucas dúceas de palabras sobreviven, as cuais foron publicadas por Zarubin en 1924 e Rozenfeld en 1956 e 1964.

Esta rama pode agruparse xunto coa rama xugní, formando un subgrupo dentro desta

  • A rama de linguas munxaniana-idgá:
  • O munxaniano é falado en Afganistán por preto de 7.000 persoas (fontes do ano 2000), e que usan tamén o farsí oriental (chamado oficialmente darí).
  • O idgá fálase en Paquistán por preto de 6.000 persoas e é moi similar ao munxanio.
  • A rama de linguas ixcaximiano-sanglechiano:
  • O ixcaximiano (škošmi zəvůk) é unha lingua oral falada no distrito taxico de Ixcaxim no Badaghxán Montañoso (en dezasete vilas) por preto de 1.000 persoas.
    • O zebaqués, é en realidade un dialecto ixcaximiano falado na cidade de Zebak, no distrito afgán de Badaghxán.
  • O sanglechiano é unha lingua oral falada en Afganistán (en dúas vilas) por preto de 700 persoas que falan tamén taxico e farsi occidental.
  • O vakhí (x̌ik zik) fálase por preto de 32.000 persoas no Tadjiikistán, Afganistán, Paquistán e na China.
  • O sargulamiano falado na val de Sar Ghulam ou na Val de Zardew no Afganistán. Só se conservan tres palabras recollidas por Zarubin en 1924, pero estas lles foi ditas por un informante munxaniano, e recentemente non foi posible poder testemuñar a existencia dunha lingua independente.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar