Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán
Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán (sariculés Toshqurghon Tujik Oftunum Noja en IPA2 /tɔʃqyrʁɔn tuʤik ɔftunum nɔja/; uigurتاشقۇرقان تاجىك ئاپتونوم ناھىيىسى/Tashqurqan Tajik Aptonom Nahiyisi/Taxk̡urk̡an Tajik Aptonom Nah̡iyisi,chinés 塔什库尔干塔吉克自治县, pinyin Tǎshìkù'ěrgàn Tǎjíkè zìzhìxiàn; ás veces escrito Taxkorgan, Tashkorgan, Taschkurgan etc., dependendo de que lingua use a fonte) é un dos condados da Prefectura de Caxgar (Kashgar) ao oeste de Xinxiang.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | República Popular da China | ||||
Rexións autónomas da República Popular da China | Xinjiang | ||||
Prefectura | Prefeitura de Kashgar (pt) ![]() ![]() | ||||
Capital | Tashkorgan (en) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Baldir Township (en) ![]() Dafdar Township (en) ![]() Datong Township (en) ![]() Koguxluk Township (en) ![]() Kokyar Kyrgyz Ethnic Township (en) ![]() Maryang Township (en) ![]() Tagarma (en) ![]() Tajik Abat (en) ![]() Tashkorgan (en) ![]() Taxkorgan Township (en) ![]() Tiznap Township (en) ![]() Weqa Township (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 37.843 (2010) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 24.682,15 km² ![]() | ||||
Altitude | 3.094 m ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 845250 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 998 ![]() | ||||
Sitio web | tashkurgan.cn ![]() |
Xeografía
editarO Condado de Taxcurgán sitúase na parte oriental da meseta do Pamir, onde o Cunlún (Kunlun), Kara Kunlun, Hindukux e as montañas de Tian Xan conflúen, facendo fronteira co Afganistán (Corredor do Vaghán (Vaxan), co Tadjiikistán (Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso) e a parte paquistaniana da Caxemira. A capital do condado é a Cidade de Taxcurgán.
A extensión territorial do condado é 178 quilómetros do norte ao sur, e 140 quilómetros do leste para o oeste, a área total é aproximadamente 52.400 km², nunha altitude media por riba de 4.000 metros.
Clima
editarA temperatura media é de 3.3 °C, con veráns máximos arredor de 32 °C e invernos con mínimas arredor de -39 °C; precipitacións medias son de 68.3 mm.
Poboación
editarA poboación total de Taxcurgán é de 27.800 habitantes, dos cales un 84% son sariculís (tamén chamados taxicos chineses ou taxicos]], pobo pamir, un 4% son han e un 12% doutras etnias. (Datos oficiais de 1995).
Historia
editarDurante a Dinastía Han, Taxcurgán era coñecida co nome de Pulí (Púlí 蒲犁); durante a Dinastía Tang, foi un protectorado dos Partos, durante a Dinastía Yuan formou parte do Imperio Chaghatai (Ghanato de Chaghatai). O condado Autónomo Taxico de Taxcurgán foi creado en 1954 e forma parte da Prefectura de Caxgar (Kashgar).
Principais Cidades
editarConvencional | Sariculés (in IPA) |
Uigur (K̢ona Yezik̢) |
Uigur (Yengi Yezik̢) |
Chinés | Pinyin |
---|---|---|---|---|---|
Taxcurgán | tɔʃqyrʁɔn | Taxk̢urƣan | 塔什库尔干 | Tǎshìkù'ěrgàn | |
ta | |||||
Tiznaf | tiznef | Tiznap | 提孜那甫 | Tízīnàfǔ | |
ðavðɔr | |||||
waʧa | |||||
Baldir | baldir | ||||
marjɔŋ | |||||
Brinsol | bryŋsol | ||||
Tin | tyŋ | ||||
quʁuʃluʁ | |||||
Mazar | mazur muʧaŋ | Mazar | 麻扎 | Mázhā | |
mulin ʧaŋ |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- https://web.archive.org/web/20080408191030/http://www.tashkurgan.cn/ Páxina oficial do Goberno autónomo do Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán, (en chinés).