Caxemira
Caxemira[1][2] é unha rexión localizada na zona norte do subcontinente da India.

Historia Editar
Historicamente, denominouse Caxemira ao val situado ao sur da parte máis occidental da cordilleira do Himalaia; mais, o termo "Caxemira" esténdese moito máis aló no ámbito político, incluíndo as rexións de Xammu e Ladakh, que historicamente formaban o principado de Xammu e Caxemira.
O Val de Caxemira é relativamente baixo e moi fértil, rodeado por gran número de montañas, sendo considerado como unha das zonas máis belas do mundo.
A rexión encóntrase actualmente dividida entre a India, Paquistán e a China, sendo un dos focos de disputas internacionais máis importante da actualidade. Paquistán controla a rexión noroccidental (Territorios do Norte e Azad Kashmir (azad significa "libre"), chamadas "Caxemira ocupada paquistaní" pola India). A India controla os sectores centrais e sur da rexión (Xammu e Caxemira), mentres que a China ten ocupado a rexión nororiental (Acsai Chin).
Ningún dos outros países recoñece a administración dos outros sobre os terreos disputados e considérannos zonas ocupadas ilegalmente. Actualmente, unha opción que ten tomado gran forza dentro de Caxemira, a independencia, foi negada duramente tanto por Paquistán como pola India.
Notas Editar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caxemira.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caxemira |
A Galipedia ten un portal sobre: India |