Badaghxán

A provincia de Badaghxán (pódese escribir tamén Badagxán, pero co dígrafo "gh", IPA /h/, acércase máis a nosa pronuncia ao orixinal persa), (nome orixinal:بدخشان , /badaxša:n/) é unha das 34 provincias do Afganistán. A súa é Feyzabad. Está situada ao nordés do país, entre o Hindu Kush e o Ama Dária. Linda polo norte e o leste coa Provincia Autónoma de Montañoso Badaghxán (taxico: Вилояти Мухтори Кӯҳистони Бадахшон/Viloyati Mukhtori Kuhistoni Badakhshon), -pode aparecer tamén coma Gorno-Badaghxán, pero en ruso Gorno ven de gornii que quere dicir montañoso, persa kohistan-, de Taxiquistán, ao sur coa provincia de Nurestán, ao leste coa provincia Fronteira do Noroeste de Paquistán, ao oeste coa provincia de Tahar e ao suroeste coa provincia de Panxír. Ten unha superficie de 44 059 km2. Tiña unha poboación de 1 112 227 habitantes (2007). Algunhas cidades máis importantes son Exquexem, Handúd, Xurm e Qal'eh-ye Panjeh.

Mapa de Badaghxán