Coordenadas: 15°21′N 44°12′L / 15.35, 44.2 e Coordenadas: 15°21′17″N 44°12′24″L / 15.35472, 44.20667{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina

Saná
صنعاء‎
San'a03 flickr.jpg
Vista da cidade
Localización
Saná en Iemen
Saná
Saná
PaísFlag of Yemen.svg Iemen
División administrativaAmanat Al Asimah
Xeografía
Altitude2.250 msnm
Demografía
Poboación1.937.451 hab. (2012)
Densidadehab/km²
Outros datos
AlcaldeXeneral Abdul-Qader Hilal

Saná[1] (en árabe: صنعاء, Ṣanʿāʾ), antes xa capital de Iemen do Norte, é desde 1990 capital do Iemen reunificado. En 2007 a súa poboación era de 2.000.000 de habitantes.

Situada no centro dun vasto altiplano, está cercada de murallas, das que sobresaen os típicos pazos iemenís. É o centro comercial, cultural e económico do País. Interiormente está dividida por muros en tres barrios (árabe, turco e hebreo).

XeografíaEditar

Saná érguese no corazón das terras altas do Iemen, sobre un planalto dunha altitude media de 2.200 m sobre o nivel do mar, arrodeada por varias montañas das que salientan o Jabal Nuqum e Aiban. A cidade está a uns 370 km ao norte de Aden, que é o centro económico do Iemen.

O clima é fresco e seco, e aínda en inverno poden caer xeadas leves. As temperaturas extremas rexistradas son -3 °C e 34,4 °C. Goza dun tempo suave durante os meses comprendidos entre abril e outubro. As tormentas de madrugada son correntes e provocan boa parte das precipitacións que recibe Saná.

HistoriaEditar

Lenda fundacionalEditar

Consonte a tradición a fundación da cidade remonta a tempos bíblicos, que se atribúe a Sem, fillo máis vello de Noé e epónimo da poboación semita. Sem despois de ter abandonado o seu país atopou primeiro o Rubʿ al-Khālī, o "Cuarto Baleiro" - terríbel deserto areoso - e, máis tarde, unha terra de altas montañas e vales fértiles, na que decidiu fundar unha cidade: Saná.

Pasado históricoEditar

Saná é unha das cidades iemenís máis antigas pois remonta á dinastía sabea do século VI a.C.. As referencias escrita máis antigas á cidade atópanse en inscricións que datan do século I. Tense suxerido que Saná foi a capital do reino himyarita a inicios do século VI.

Cando o rei Yousf Athar (ou Dhu Nuwas), o derradeiro monarca himyarite, estaba no apoxeo do seu poder, Saná era tamén a capital dos vicerreis de Etiopía, en 570 xa baixo dominio persas. Nos albores do islam, Saná perdurou como sede dunha gobernaduría. Paulatinamente a cidade asumiu un papel máis importante e todos os estados iemenís ficaron controlados desde Saná.

Os mamelucos chegaron até o Iemen en 1517. ä caída deles, a mans do Imperio turco, Iemen pasou tamén ao seu dominio; durante todo o primeiro período do dominio otomán, entre 1538 e 1635, Saná foi a capital dun vilaiato, e seguiuno a ser nun segundo período otomán entre 1872 e 1918, data en que, como consecuencia da primeira guerra mundial, o Imperio turco ficou desfeito.

En 1918, Saná pasou a ser capital do Iemen do Norte, que dirixía Imam Yahya. Cando en 1962 a revolución derrubou o goberno do imanato, Saná pasou a ser a capital da nova República Árabe do Iemen, e desde 1990 continuou a conservar o seu status como capital do Iemen unificado.

Monumentos e sitios de intereseEditar

Cidade vella de Sana'a
 
vista da cidade
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
País  Iemen
Localización15°20′54″N 44°12′23″L / 15.34833, -44.20639
TipoCultural
CriteriosIV, V, VI
Inscrición1986
Rexión da UNESCOEstados árabes
Identificador385

Salienta o mercado: Sūq al-milḥ, que en realidade é un complexo duns corenta sūq, cada un especializado nun tipo de produtos.

Arredores: Dar al-HajarEditar

A uns 15 km, no noroeste de Saná, nunha fenda entre montañas ábrese unha verde valgada fértil todo o ano, no que medran unha gran variedade de froitas mediterráneas. É o val chamado Wadi Dhahr, percorrido por un torrente seco (o termo Wadi significa 'torrente'), que durante a estación dos monzóns recolle e énchese coas abundantes choivas.

Neste val xorde o Palacio da Rocha (Dar al-Hajar), un dos sitios máis fotografados do Iemen, que se ten convertido nun símbolo do país talvez pola súa insólita posición. Dar al-Hajar é un sorprendente edificio de 5 plantas, construído encima dunha formación rochosa. Foi levantado en torno aos anos da década de 1930, por designio do imán Yahya como residencia estival, sobre das ruínas dun edificio anterior. Na actualidade o palacio é propiedade do goberno. En 1990 unha asociación alemá financiou a reestruturación do palacio, que foi transformado nun museo, no que a mesma vivenda é o principal obxecto, que periodicamente acolla mostras fotográficas.

No cinemaEditar

No ano 1970 Pier Paolo Pasolini rodou en Saná escenas do filme Le mille e una notte; no derradeiro día da rodaxe, impresionado pola fermosura da cidade, decidiu rodar 'Le mura di Sana'a, un breve documental, co cal chamar a atención da UNESCO para que decidise protexer e conservar as belezas da antiga cidade como patrimonio histórico-cultural de toda a humanidade. A chamada de atención de Pasolini foi atendida e en 1986 a cidade vella de Saná foi declarada Patrimonio da Humanidade.

Galería de imaxesEditar

 
Bab el Iemen, Saná

NotasEditar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al (2012): Criterios para o uso da lingua. Universidade da Coruña, Servizo de Normalización Lingüística. ISBN 84-9749-199-8.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar