Ganj-i Dareh
Ganj-i Dareh ou máis completamente Ganj-i Dareh Tepe, é unha estación arqueolóxica do Neolítico, situada en Irán, nun planalto de Kirmanshah, preto da fronteira iraquí. Foi escavada desde os anos da década de 1960 por Philip E.L. Smith e mais T. Cuyler Young jr, das universidades de Montreal e Toronto, Canadá. O lugar testemuña dos restos máis antigos da domesticación dos animais, do protourbanismo e da cerámica.
Situación
editarGanj-i Dareh está localizado nun planalto de arredor de 1.400 a 1.300 m.s.n.m., na cadea do Montes Zagros, ao leste do río Kirmanshah. A súa situación é estratéxica nas rutas que levan desde a gran meseta de Irán cara Mesopotamia e Iraq, polo que xunto con outras estacións neolíticas próximas, como Tepe Asyab, sita a altitude semellante, puido xogar un papel esencial na difusión das novas técnicas neolíticas.
Características
editarO lugar estivo habitado por primeira vez hai uns 10000 anos a.C.. A escavaxión comprende cinco niveis arqueolóxicos. Porén datas obtidas polo método do carbono-14 fornecen unha antigüidade de 8700 anos +- 150 a.C. Esta datación segue a conservarlle un papel de primacía entre os pioneiros na adopción do neolítico, a un nivel semellante ao de Zawi Chemi e Shanidar.
E: nivel máis antigo
editarO nivel máis antigo, Ganj-i Dareh E, é un campamento temporal de pastores trashumantes, o que constitúe un testemuño importantísimo sobre os primeiros ensaios da domesticación de animais. É neste lugar onde se acharon os primeiros restos de caprinos domesticadoss.
D: 2º nivel máis antigo
editarO nivel D (datábel no derradeiro cuarto do IXº milenio, é dicir, entre -8250 e -8000) mostra a aparición dun asentamento, ou sexa, unha aldea, permanente. As casas están construídas de adobes ou ladrillos crus.
Resto dos niveis
editarOs períodos seguintes fornecen restos de cerámica, que están entre os máis antigos coñecidos, aínda que a súa cocción era aínda imperfecta.
Cara a escrita
editarGanj-i Dareh, como algún outro dos máis antigos asentamentos neolíticos, forneceu en abundancia fichas de arxila, que segundo coida a arqueóloga francesa Denise Schmand-Besserat, son o antecedente máis antigo da posterior escrita cuneiforme. Estas fichas (token en inglés), feitas de barro, e perforadas, mostran tipos xeométricos moi diversos; os básicos son catro: esferas, discos, conos e cilindros, mais xunto a eses aparecen outros: triágulos, ovoides, rectángulos, animais esquematizados etc., e que ás veces mesmo presentan incisións e puntuacións. Non ben identificados polos escavadores, segundo puxo de relevo a investigadora francesa, serían usados para levar rexistros diversos á xeito de doas de colares (ou coma os nós dos quipus incaicos). As formas de tales fichas de arxila foron o modelo para os perfiles incisos da escrita cuneiforme primixenia.