Mesopotamia
Río ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escrita cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Innana (en acadio Ishtar) era a deusa do sexo e a guerra en Sumeria.[1] Debido á forza do seu culto rematou absorbendo cultos doutras deusas menores.

Mitoloxía editar

Era filla dos deuses Nannar (deus da Lúa) e Ningal (deusa das canas), e neta de Enki. Nalgúns mitos aparece casada con Dumuzi (pastor heroe de Uruk) e noutros ten múltiples amantes cun destino tráxico.

Mitos onde aparece editar

  • A árbore de Huluppu: Innana atopa unha semente que planta e dela sae unha árbore que a deusa pretende converter no seu trono; pero a madeira é infestada por tres seres que llo impiden ata que Gilgamesh os expulsa e así Innana consegue facer o seu trono.
  • Enki e Inannana: Innana faise cos "Me" (poderes civilizadores) do deus Enki mediante un estrataxema e así transforma para ben a cidade de Uruk.
  • Viaxe de Innana aos infernos: Mito que explica a alternancia de meses cálidos e fríos. Innana pretende conquistar o submundo gobernado por Ereshkigal, pero esta véncea e só lle permite regresar á superficie se deixa abaixo un substituto. Inanna elixe a Dumuzi.
  • Epopea de Gilgamesh: Inanna vese atraída por Gilgamesh, pero este rexéitaa, coñecedor do destino de tódolos amantes desta deusa. Ela enfádase con el e lánzalle o touro celeste, que Gilgamesh e Enkidu logran matar. Debido a esta morte dun ser celestial os deuses condenan a morte a Enkidu, compañeiro de Gilgamesh, o que provocará que este vaia atrás da inmortalidade.
     
    Parte da fachada do templo de Inanna en Uruk.
  • Poema de Agusaia[2]: Inanna provoca disputas e guerras e desgusta os deuses que se reúnen na asemblea para ver que facer; Enki ten a idea de crear un ser que sexa tan belicoso e arrogante coma a deusa para que se enfronte con ela. Tras vencela os deuses organizan a festa anual na que mulleres e homosexuais se visten de guerreiros e bailan armados no seu santuario de Parsimu.
  • A vitoria de Innana sobre o Ebih: O Ebih é un terrible ser divino/montaña nos Montes Zagros. No mito Inanna sente que lle falta ao respecto (o territorio rexeitou a civilización que ela representaba) e loita contra el, vencéndoo e unificando o país de Sumer de norte a sur. Para festexalo ergue un templo e institúe festas con grupos de homes ambiguos e efeminados armados con cerimonias licenciosas que evocan a personalidade da deusa, guerreira e adicada ó sexo e á alegría.
  • Inanna e Sukaletuda: Este mito explica as orixes e progresos da xardinería, da fruticultura e a horticultura, de importancia capital nesta rexión. O xardineiro de Enki, Sukaletuda, coidando un día o xardín descobre a Inanna durmindo e viólaa; esta, ao espertar, descobre a súa profanación e busca o agresor, que fuxiu a agocharse entre a multitude por consello de Enki. Inanna desata ata tres pragas antes de descubrir o seu violador ao que transforma en animal.

Notas editar

  1. "Asirios, sumerios y babilonios". Diccionario de civilizaciones (en castelán). Akal. 
  2. Botteró, Jean; Kramer, Samuel Noah (2004). Cuando los dioses hacían de hombres. Akal.