Ur-Nammu
Ur-Nammu foi un vicerrei do reino de Uruk que logrou independizarse e fundou a Terceira Dinastía de Ur ou Ur III[1].
Durante a época da dominación dos Guti sobre Mesopotamia a cidade de Ur atopábase temporalmente subxugada á de Lagash, coa caída dos Guti ou Guteos, Utukhengal fundou o seu propio reino en Uruk, nomeando a Ur Nammu como vicerrei ou gobernador militar de Ur, que no ano 2113 independizouse de Uruk e tres anos despois venceuno, matando a Utukhengal, e conquistando Lagash.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX a. C. |
Morte | 2094 a. C. |
Emperador | |
Datos persoais | |
Relixión | Mitoloxía sumeria |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Período de tempo | Ur III period (en) |
Familia | |
Familia | Terceira dinastia de Ur (pt) |
Cónxuxe | Watartum |
Fillos | Shulgi, Ennirgalanna |
Ur Nammu centralizou o novo reino na cidade de Ur, restaurou templos e canais (que se usaban tanto como rego como de transporte), é nesta época que xorde o Cigurat e UR III estabiliza a figura do monarca converténdoo nun estadista absolutista, nalgúns caso até a divinización, o que non significaba que fose considerado á altura dos deuses mesopotámicos senón como divindade tutelar ou espírito protector da cidade ou estado. A pesar disto Ur-Nammu non conquistou países estranxeiros quedándose só na Mesopotamia do sur, o seu reinado durou 17 anos e sucedeuno seu fillo Shulgi.
Consérvanse dous textos que amosan a capacidade organizativa deste rei:
- Código de Ur-Nammu: serie de leis castigando diversos delitos, pero de clase mais amable que o posterior código de Hammurabi.
- Catastro de Ur-Nammu: describe a fronteira entre varias provincias (Shidtab, Abiak, Marad e Akshak) como garantía das cidades-estado delimitando con exactitude os territorios, seguindo ás veces o curso dos ríos e canais e outras veces liñas imaxinarias entre castelos e santuarios.
Consérvase tamén un texto laudatorio protagonizado por este monarca sumerio, o chamado "viaxe de Urnammu ó inferno", onde se describe a entrada do rei defunto ó submundo (o alén sumerio é un subterráneo onde se vive unha vida semellante á anterior[2].) onde obsequia aos deuses con ofrendas. Con este himno atopamos un novo xénero literario diferente do himno adicado a un deus xa que inclúe unha oración polo soberano reinante.