Angazo
O angazo é unha ferramenta agrícola, tamén denominada anciño, ancazo, enciño, engazo, rastrelo e rastra.
Etimoloxía
editarNon existen datos que testemuñen con exactitude a orixe das formas galegas máis estendidas para este instrumento. Os vocábulos galegos angazo e engazo, e mais as variantes correspondentes ás zonas de gheada e seseo, poden ter orixe nunha suposta forma latina non rexistrada hamicaceus[1], e que derivaría de hamus (co significado clásico de anzol ou gancho)[2]. Anciño e enciño, e mais as súas variantes con seseo, puideron derivarse dunha suposta forma latina non rexistrada uncinus, que sería derivada de uncus (co significado clásico de gancho)[3]. Finalmente, os termos rastra e rastrelo deberon ter orixe na forma do latín clásico rastrum, que se aplicaba a diversas ferramentas do traballo agrícola. Tamén pode vir de xermánico *angon = 'espiña, pincho'[4], aínda que a etimoloxía máis posible é a que se basea nun prerromano *ankatio e *ankino en relación ao asturiano angazu ou angüezu < *ankotio, irlandés antigo écath 'anzol' < *ankoto, medio galés anghad < *ankoto[5].
Descrición
editarOrixinariamente elaborado integramente en madeira e que consiste nunha travesa mangada sobre a que se insertan varios dentes (8 ou 10) algo aguzados e que serve para rastrelar e amoreirar follas, herba, palla etc.
Os angazos e anciños modernos poden estar fabricados con outros materiais, como metais nos máis resistentes e para labores máis pesados, e con plásticos, cana, bambú etc, para traballos máis lixeiros, como os de xardinaría.
Historia
editarPode figurar tamén como motivo heráldico en escudos familiares.
Notas
editar- ↑ Ou en hamica como postula Harri Meier en Notas críticas al DECH de Corominas / Pascual. Verba. Anuario Galego de Filoloxía, anexo 24, 1984, pp 24-26
- ↑ J. Almeida Costa e A. Sampaio e Melo, Dicionário da Língua Portuguesa. Porto. 1979, 5ª edic.
- ↑ Porto Dapena, J.A., El gallego hablado en la comarca ferrolana. Verba, Anejo 9. Santiago 1977, páx. 67 infra.
- ↑ Vladimir Orel, A handbook of germanic etymology
- ↑ Obaya Valdés, Marcos 2017 "Averamientu al astúricu. Vocalización de les nasales del grau-cero indo-européu: *mo > am / *no > an, y delles propuestes etimolóxiques". Lletres asturianes Nº. 117, páxs. 63-80
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Angazo |