O dracma (en grego: δραχμή) é o nome que se lle deu a varias moedas empregadas en Grecia durante varios períodos da súa historia:

Dracma antigo editar

O nome do dracma provén do verbo grego δράττω (dráttō). Ao principio o dracma compoñíase de seis óbolos que se empregaban como medio de pago a comezos do -1100 Esta foi a medida estándar de prata que se empregou na maioría das cecas gregas, e o termo óbolo utilizouse para designar as moedas que valían 1/6 parte dun dracma.

No século V a.C, a moeda máis empregada no mundo grego foi o tetradracma ateniense. No seu anverso aparecía a deusa Atenea cun casco de guerra e un moucho no reverso. Hoxe en día estas moedas son coñecidas en grego como γλαῦκαι (mouchos)[1]. O reverso destas moedas é o empregado hoxe en día nas moedas gregas de 1 euro.

Os dracmas cuñáronse con diferentes pesos e medidas. A medida estándar que máis ou menos se empregou foi a ateniense ou ática, que consistía en 4.30g de prata aproximadamente.

Tras as conquistas de Alexandre Magno, o nome da moeda empregouse na maioría dos reinos helenísticos de Asia, incluíndo o reino tolemaico en Alexandría. A unidade monetaria empregada polos árabes o dirham, tomou o seu nome do dracma así como o dram armenio.

O dracma no padrón ático editar

As equivalencias do dracma coas outras moedas daquela época son as seguintes:[2]

 
Tetradrama de Atenas ca. 450 a.C.

Dracma moderno editar

Primeiro dracma editar

O dracma volveu restaurarse no 1832 tras a independencia de Grecia. Substituíu o fénix (en grego: φοίνιξ) á par. O dracma dividíase en 100 lepta (en grego: λεπτά, sing. λεπτό, "leptón").

Moedas editar

 
10 lepta 1882.

A primeira serie consistía en moedas de cobre de 1, 2, 5, e 10 lepta, e denominacións de ¼, ½, 1 e 5 dracmas de prata, e 20 dracmas de ouro. A moeda de 1 dracma pesaba 4,50 gr. e contiña un 90% de prata.

No 1868 Grecia uniuse á Unión Monetaria Latina e o dracma fixou o seu valor respecto ao franco francés. Emitíronse novas moedas de cobre de 1, 2, 5 e 10 lepta (as de 5 e 10 lepta coa denominación en "óbolos"), moedas de 20 e 50 lepta, e 1, 2 e 5 dracmas de prata, e 10 e 20 dracmas de ouro. Tamén se cuñou un reducido número de moedas de ouro de 50 e 100 dracmas.

No 1894 introducíronse moedas de cuproníquel en denominacións de 5, 10 e 20 lepta. As de 1 leptón e 2 lepta non se cuñaron ata 1870. No 1911 finalizou a cuñaxe de moedas de 1 e 2 dracmas de prata, e non se emitiu ningunha moeda entre 1912 e 1922, tempo no que a Unión Monetaria Latina se disolveu debido á I Guerra Mundial.

Entre 1926 e 1930 introducíronse novas moedas para a República Helénica, que compostas por 20 e 50 lepta, e 1 e 2 dracmas de cuproníquel, 5 dracmas de níquel, e 10 e 20 dracmas de prata. Estas moedas do primeiro dracma foron as últimas en cuñárense.

Billetes editar

No 1841 o Banco Nacional de Grecia emitiu billetes ata 1928, cando o novo Banco de Grecia se creou. As primeiras denominacións ían dos 10 aos 500 dracmas. Emitíronse denominacións máis pequenas de 1, 2, 3 e 5 dracmas desde 1885. Para os billetes de 5 dracmas cortábanse os de 10 pola metade. Entre 1917 e 1920, o goberno grego emitiu papel moeda en denominacións de 10 e 50 lepta, e 1, 2 e 5 dracmas. En 1901 o Banco Nacional de Grecia emitiu billetes de 1.000 dracmas, seguidos dos de 5.000 dracmas emitidos polo Banco de Grecia logo do 1928. O goberno volveu emitir billetes entre 1940 e 1944, en denominacións de 50 lepta e 20 dracmas.

Durante a ocupación alemá de Grecia (1941-1944), a hiperinflación fixo que o goberno emitise denominacións moito máis altas, chegando aos billetes de 100 billóns de dracmas no 1944.

Segundo dracma editar

Estivo vixente desde a liberación de Alemaña en 1944, ata 1954. O cambio estableceuse en 50 billóns de dracmas que é igual a 1 novo dracma.

Terceiro dracma editar

En 1953, nun esforzo por controlar a inflación, Grecia uniuse ós Acordos de Bretton Wood. En 1954, o dracma revaluouse por segunda vez cunha taxa de cambio de 1.000 antigos dracmas = 1 dracma. A nova moeda quedou fixada co dólar cunha taxa de 30 dracmas = 1 dólar. En 1973 os Acordos de Bretton Wood abolíronse, e durante os 25 anos seguintes a taxa de cambio incrementouse gradualmente, chegando a 400 dracmas por 1 dólar. O 1 de xaneiro de 2002, o dracma foi substituído oficialmente polo euro aínda que continuou en circulación ata o 1 de marzo dese ano.

Notas editar

  1. Thompson, D'Arcy Wentworth. A glossary of Greek birds. Oxford, Clarendon Press 1895, pp 45-46.
  2. Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar