A mina (arameo: mĕnē; hebreo: מנה -manäh-; grego: μνᾶ -mna-; en acadio: manû; en latín: mina‬) foi unha unidade de peso propia do Oriente Próximo na Antigüidade, equivalente a 1,25 libras (arredor de 0,57gramos), que posteriormente se utilizou como unidade de moeda.[1][2][3]

Peso de cinco minas da cidade-estado sumeria de Lagash. Ca. III milenio a. de C. (Museo do Louvre)

No mundo hebreo dividíase en 50 siclos. Na Grecia antiga, a mina equivalía orixinalmente a 70 dracmas e posteriormente aumentou ata os 100 dracmas.[4]

Desde os primeiros momentos da civilización sumeria, xa se utilizaba a mina como unidade de peso, con anterioridade á aparición dos siclos e dos talentos. En tempos de Ur-Nammu, a mina tiña un valor de 1/60 talentos ou 60 siclos.[5][6]

A mina no sistema monetario da Antiga Grecia editar

As equivalencias da mina coas outras moedas daquela época son as seguintes:[7]

Referencias literarias antigas editar

Galería de imaxes editar

Os seguintes debuxos correspóndnse ás ilustracións de diversos tipos de pesos dunha mina procedentes do dicionario de antigüidades de Daremberg.[12]

Notas editar

  1. "Mina Arquivado 18 de setembro de 2018 en Wayback Machine.". En Digalego. Dicionario de galego.
  2. "Money: The Mina". En Hirsch, E. G. et al. Jewish Encyclopedia. 1906
  3. "Mina". En Girod (1827). Páxina 27.
  4. Aristóteles. Constitución dos atenienses. 10.2 (Ver texto en inglés)
  5. "Mina". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
  6. "Mina". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
  7. Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
  8. Platón. Apoloxía de Sócrates. 20b: Canto cobra? É Evene, Sócrates, respondeume Callias; é de Paros, e cobra cinco minas. (Ver texto bilingüe grego-francés).
  9. Platón. As leis. Libro XII-IX. Os gastos da sepultura non se elevarán nunca a máis de cinco minas para os cidadáns da primeira clase, de tres para os da segunda, de dúas para os da terceira e dunha mina para os da cuarta. (Ver texto en francés)
  10. Teofrasto. Caracteres. XXX. Edición en galego a cargo de Pedreira Sanjurjo, Iria. Rinoceronte Editora, 2017. ISBN 978-84-92866-90-8
  11. Ateneo de Naucratis. Deipnosophistes. XIII, 45. Machon non paraba de solicitar os favores de Friné, a cortesá de Tespias. Un día ela esixiulle unha mina por se deitar con el. (Ver texto en francés)
  12. Daremberg, C. Le Dictionaire des Antiquités Grecques et Romaines. Tomo III. París, 1904.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820
  • Girod. Dictionaire epécial et classique des monnaies, poids, messures, divisions du temps, chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827