Siclo
- Para a unidade monetaria do moderno Estado de Israel, ver Novo shekel.
O siclo[1], tamén coas grafías xéquel[2], shekel e sheqel (acadio: šiqlu ou siqlu; hebreo: שקל, shekel; latín: siclus) foi unha antiga unidade de peso e, paralelamente, unha denominación monetaria de prata e de ouro utilizada por varios pobos do Oriente Próximo mediterráneo, entre eles os antigos hebreos.[3][4][5]
Historia
editarIdade Antiga
editarNa súa orixe relaciónase cunha unidade de medida equivalente a unha certa cantidade de cebada, que variou co tempo e cos lugares.[6][7]
Na época do Antigo Israel pesaba arredor dos 11 gramos, aínda que o seu valor foi moi flutuante, e é frecuente atopalos con pesos desde os 7 ata os 14 ou mesmo 17 gramos. Como moeda hebrea, equivalía a 1/60 de mina e a 1/3600 de talento.[8] En Mesopotamia durante o período paleobabilónico, estímase que o siclo tiña 8 gramos.[9][10][11]
No Código de Hammurabi menciónanse os siclos nalgunhas leis referentes ao labor dos cirurxiáns, por exemplo:[12]
“ | (...) 215: Se un médico tratou un home dunha doenza grave e o cura, ou abre unha inchazón cun coitelo e salva o ollo do paciente, recibirá dez siclos de ouro. 216: Se o paciente é un home libre, o pagamento será de cinco siclos. 217: Se é un escravo, o dono pagará dous siclos | ” |
Idade Contemporánea
editarEn 1980, retomouse a denominación de siclo ou xéquel para a moeda que substituíu a libra como moeda de Israel.[13] Posteriormente, en 1985, o xéquel foi novamente substituído polo novo shekel, cunha equivalencia de mil dos antigos por un novo.[14]
Moeda bíblica
editarNa Biblia menciónase varias veces esta moeda. Por exemplo, o prezo de venda da tumba de Sara e os patriarcas, que Abraham lle comprou a Efrón foi de 400 siclos e o prezo de venda de Xosé por parte dos seus irmáns á caravana de mercadores foi de 20 siclos de prata.[15][16] Pénsase que as "30 moedas de prata" asignadas a Xudas Iscariote a cambio da entrega de Xesús de Nazaret puideron ser siclos de Tiro.[17]
-
Medio siclo de Tiro do ano 102 a. de C., coa inscrición ANO 24 DE TIRO, SAGRADA E INVIOLABLE.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para siclo.
- ↑ "xéquel". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.
- ↑ Definición de siclo no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Sicle". En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxinas 434-435.
- ↑ "Siclus". En Girod (1827). Páxina 51.
- ↑ "Siclo" e "Shekel (2)". En Alfaro Asins et Al. (2009)
- ↑ Dilke, O. 1987. Mathematics and measurement. University of California Press. 1987. Páxina 46.
- ↑ "Šiqlu". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
- ↑ "Siclo ("shekel")". En Algunos tipos de monedas antiguas. Tesorillo.com
- ↑ "Siglos". En Melville (1986).
- ↑ "Shéqel" e "Sicle". En Amandry (2001)
- ↑ Código de Hammurabi en tradución portuguesa e inglesa.
- ↑ González Rei, B. Ortografía da lingua galega. A Coruña, Ed. Galinova. 2004. Páxina 553. ISBN 84-9737-041-4
- ↑ "Israeli old sheqel" e "Israeli new sheqel". En Farlex Financial Dictionary. 2012
- ↑ Xénese 23:15: Escóiteme, meu señor: o terreo vale 400 moedas de prata, Por esa cantidade non imos discutir, así que enterre vostede a súa muller.
- ↑ Xénese 37:28: ...e cando os comerciantes madianitas pasaron por alí, os irmáns de Xosé sacárono do pozo e vendérono aos ismaelitas por vinte moedas de prata...
- ↑ "Shekel". En Forum Ancient Coins.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Siclo |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6
- Carradice, I.; Price, M. Coinage in the Greek World. Londres, 1988. ISBN 978-0900652820
- Girod. Dictionaire epécial et classique des monnaies, poids, messures, divisions du temps, chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827
- Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946.
- Melville Jones, J. R. A Dictionary of Ancient Greek Coins. Londres, 1986. ISBN 978-0900652813