Martin Price
Martin Jessop Price, nado o 27 de marzo de 1939 en Londres e finado na mesma cidade o 29 de abril de 1995, foi un numismático e anticuario británico vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de marzo de 1939 Londres, Reino Unido ![]() |
Morte | 28 de abril de 1995 (56 anos) Londres ![]() |
Director of the British School at Athens (en) ![]() | |
1994 – 1995 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Cambridge |
Coñecido por | Estudo e catalogación da moeda da Antiga Grecia. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, antigüidades |
Ocupación | numismático , anticuario , conservador ![]() |
Empregador | Museo Británico ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Maria Zenaki |
Premios | |
(1981 e 1988): Premio Lhotka. (1982): Premio literario AINP. (1992): Medalla da Royal Numismatic Society. (1994) Medalla Gunnar Holst | |
![]() | |
Nota Membro de: Museo Británico. Instituto Alemán de Arqueoloxía. Real Sociedade de Numismática. Escola Británica de Atenas. |
Traxectoria
editarLogo dos seus estudos na King's School de Canterbury e no Queens's College da Universidade de Cambridge, Price especializouse en estudos clásicos. Nesa universidade acadou o seu doutoramento en 1967 baixo a dirección de Edward Robinson, cunha tese acerca da introdución da moeda de bronce no mundo grego.[2]
En 1961 obtivo unha bolsa para a Escola Británica de Arqueoloxía de Atenas, nunha convocatoria de intercambios de investigadores promovida polo Goberno grego.[2]
No relativo á súa vida persoal, en 1965 casou con Maria Zenaki, con quen tivo dous fillos e unha filla.[2]
A partir de 1966 comezou a traballar no Museo Británico, no Departamento de Moedas e Medallas, ocupándose principalmente das moedas da Antiga Grecia, e en 1978 converteuse en conservador interino da institución.[2]
Foi membro correspondente do Instituto Alemán de Arqueoloxía e, no curso 1986-1987, exerceu como profesor visitante no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.[2]
Price foi un dos responsables do proxecto Sylloge Nummorum Graecorum da Academia Británica, e a el débeselle ademais a redacción e a edición de catro estudos vinculados a esta iniciativa.[3]
En 1992 foi merecedor da prestixiosa medalla da Royal Numismatic Society.[2][4] Previamente, en 1981 e en 1988, fora xa recoñecido co premio Lhotka, desa mesma entidade británica,[5] e en 1982 co premio literario da Asociación Internacional de Numismáticos Profesionais.[6] En 2009 recibiu tamén a Medalla Gunnar Holst, concedida en Goteburgo, Suecia.[7]
En 1994, na súa condición de estudoso da numismática grega ao máis alto nivel mundial, foi nomeado director da Escola Británica de Atenas, aínda que o seu falecemento aos poucos meses impediu que puidese levar a cabo os seus proxectos nesa institución.[2]En 1998, tres anos despois da súa morte, publicouse na súa honra unha colección de estudos de numismática grega.[8]
Publicacións
editar- (1974): Coins of the Macedonians. British Museum. Londres. ISBN 9780714108278
- (1975): Archaic Greek Silver: the 'Asyut' Hoard. Vecchi. Londres. Con Nancy Wagoner.
- (1975): Coins and the Bible. Vecchi. Londres.
- (1975-1994): Coin Hoards (ed.). Volumes: I (1975), II (1976), III (1977), IV (1978), V (1979), VI (1981), VII (1985), VIII (1994). Royal Numismatic Society; Special Publications. Londres. ISSN 0140 1149.
- (1977): Coins and Their Cities: Architecture on the Ancient Coins of Greece, Rome and Palestine. Vecchi. Londres. Con Bluma Trell. ISBN 9780814315866
- (1983): Monnaies du monde entier. Bordas. París. Con J. Belaubre. ISBN 9782040128814
- (1986): A survey of numismatic research. 1978-1984 (ed.). International Association of Professional Numismatists.
- (1988): Coinage in the Greek World. Spink & Son. Londres. Con I. Carradice. ISBN 978-0900652820
- (1991): The Coinage in the Name of Alexander the Great and Philip Arrhidaeus. 2 volumes. British Museum / Swiss Numismatic Society. Londres. ISBN 9783908103004
- (1993): Essays in honour of Robert Carson and Kenneth Jenkins (ed.). Spink & Son. Londres. ISBN 9780907605386
- (2001): Historia Numorum. Italy. British Museum. Londres. Con A. Burnett, M. H. Crawford et al. ISBN 9780714118017
Bolsas de investigación Martin Price
editarA Royal Numismatic Society estableceu en 1997, con carácter anual, o Fondo Martin Price de Numismática da Antiga Grecia, en memoria do insigne numismático, que foi membro, directivo e medallista da sociedade. O fondo utilízase en forma de bolsas de investigación para a promoción do estudo da numismática dese período no seu sentido máis amplo, e cos investigadores novos como obxectivo prioritario.[9]
Notas
editar- ↑ "Price, Martin, 1939-1995". En Library of the Congress Authorities.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Bland, R. "Obituary: Martin Price Arquivado 21 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". En Independent. 4 de maio de 1995.
- ↑ "About the authors and contributors: Martin J. Price". En The Seven Wonders of the Ancient World. Routledge. 1988. Páxina 11. ISBN 0-415-05036-7
- ↑ "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "IAPN-Book Prize Arquivado 19 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". No sitio web de IAPN-AINP.
- ↑ "Carmen Arnold-Biucchi får Gunnar Holstmedaljen 2012". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Setembro de 2012. Páxina 114.
- ↑ Ashton, R.; Hurter, S. et al. (1998) Studies in Greek Numismatics in Memory of Martin Jessop Price. Spink & Son. Londres. ISBN 9780907605959
- ↑ "The Martin Price Fund for Ancient Greek Numismatics". The Royal Numismatic Society.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Arnold-Biucchi, C. (1995). "M. J. Price". En ANS Newsletter. 66. American Numismatic Society. Páxina 8.