Abrir o menú principal

Medalla da Royal Numismatic Society

condecoración numismática

A medalla da Royal Numismatic Society (en inglés: Medal of the Royal Numismatic Society) é un galardón anual outorgado pola Royal Numismatic Society, radicada en Londres, a partir do ano 1883, que supón un dos máis altos recoñecementos que un numismático pode recibir a nivel mundial. A presidencia e o Consello que rexen a Sociedade outorgan a medalla "a título individual a quen se distinga polos servizos prestados á ciencia numismática".[1]

Medalla da Royal Numismatic Society
The Royal Numismatic Society.svg
Emblema da
Royal Numismatic Society
Outorgada por Royal Numismatic Society.
Tipo Recoñecemento.
Graos Único.
Elixibilidade Persoas dedicadas á investigación en numismática.
Outorgada por Papel salientable na investigación.
Descrición - Medalla de prata de 115 mm.
- Motivo: Heracles e León de Nemea.
Estadísticas
Establecida 1883
Primeira outorgada 1883 (Charles Roach Smith)
Última outorgada Concesión anual vixente.
Premiados Ver listaxe no artigo.

Nos anos máis recentes o medallista foi convidado para recibir a medalla en persoa e pronunciar unha conferencia, coincidindo habitualmente coa Xunta Xeral Anual que a Royal Numismatic Society celebra cada mes de decembro.

O gravador John Evans foi o autor dos cuños da medalla de prata orixinal da Sociedade en 1883. O deseño da medalla moderna foille encargado a Ian Rank-Broadley en 1993. Trátase dunha medalla de prata fundida co motivo clásico de Heracles e o León de Nemea.[2]

Listaxe de medallistasEditar

Esta é unha listaxe das personalidades receptoras da medalla da Royal Numismatic Society, por orde cronolóxica da súa concesión. A partir de 2005 engádese tamén o título da súa conferencia.[3]

Ningún galego acadou este recoñecemento, que só foi recibido por dous españois desde a súa fundación: Leandre Villaronga (1989) e Pere Pau Ripollès (2016).[4]

NotasEditar

  1. "Bylaws of the Society". Royal Numismatic Society.
  2. "Royal Numismatic Society Medal". En Ian Rank-Broadley Sculpture.
  3. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  4. "El catedràtic Pere Pau Ripollès rep a Londres la medalla de The Royal Numismatic Society". Universidade de Valencia.
  5. "Presentation of the Medal of The Royal Numismatic Society to M. Jean N. Svoronos".
  6. "Proceedings". The Numismatic Chronicle (1966-). 166: 519–551. 2006
  7. "Proceedings". The Numismatic Chronicle (1966-). 167: 397–417. 2007.
  8. "Proceedings". The Numismatic Chronicle (1966-). 168: 499–520. 2008.
  9. Cribb, Joe (2009). "Proceedings". The Numismatic Chronicle (1966-). 169: 531–556.
  10. "Proceedings". The Numismatic Chronicle (1966-). 170: 533–554. 2010.
  11. "Proceedings". The Numismatic Chronicle (1966-). 171: 525–546. 2011.
  12. "Proceedings". The Numismatic Chronicle (1966-). 172: 405–424. 2012.
  13. "RNS Lecture on 19 Dec and Annual Christmas Party". Royal Numismatic Society.

Véxase taménEditar