George Francis Hill
- Para outros artigos de persoas chamadas George Hill, véxase a páxina de homónimos George Hill
George Francis Hill, nado en Brahmapur, India Británica, o 22 de decembro de 1867, e finado en Londres o 18 de outubro de 1948, foi un numismático e historiador británico, bibliotecario principal e director do Museo Británico (1931-1936). Foi un destacado especialista en moeda da Antiga Grecia e en medallas renacentistas.[1][2][3]
Nome orixinal | (en) George Francis Hill |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de decembro de 1867 Berhampur, India (pt) |
Morte | 18 de outubro de 1948 (80 anos) Londres Inglaterra |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | - Universidade de Londres - Universidade de Oxford |
Q89547790 | - Traballos sobre moeda da Antiga Grecia e sobre medalla renacentista. - Director do Museo Británico. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática, biblioteconomía, museística |
Ocupación | bibliotecario, arqueólogo, profesor universitario, numismático, historiador da arte |
Empregador | Museo Británico |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Mary Paul (1897) |
Premios | |
- 1915: Medalla da RNS. - 1923: Medalla Huntington, da ANS. - 1934: Jeton de Vermeil, da SFN. - 1948: "Serena Medal", da BA. | |
Lista
|
Traxectoria
editarInfancia e formación
editarO seu avó paterno, Micaiah Hill, fora o fundador en Londres da London Missionary Society, unha institución de misioneiros da igrexa congregacional, e o seu pai, Samuel John Hill, establecérase en Brahmapur, onde naceu George Francis Hill.[1][2]
Formouse xa desde rapaz en Inglaterra; primeiro no Blackheath College, ao sueste de Londres, e posteriormente no University College, da Universidade de Londres, e finalmente no Merton College, da Universidade de Oxford, onde foi alumno do numismático e arqueólogo clásico Percy Gardner (1846-1937) e acadou a súa graduación en estudos clásicos.[1][2][4]
Carreira
editarEn 1893 ingresou no Museo Británico, onde se adscribiu ao seu Departamento de Moedas e Medallas, que naquel momento era un importante centro de estudo da moeda da Antiga Grecia. Alí traballou con persoeiros tan salientables como Barclay Head e Reginald Poole, e cinco anos máis tarde publicou o seu primeiro traballo sobre moeda grega.[1][2]
A Hill débeselle a publicación de moitos dos catálogos das coleccións numismáticas do Museo Británico. En 1912 pasou a ser o conservador do Departamento de Moedas e Medallas e en 1931 foi nomeado director e bibliotecario principal do Museo Británico. Baixo a súa dirección compróuselle á Unión Soviética o Codex Sinaiticus e, xunto co Victoria and Albert Museum, a colección de antigüidades orientais de George Eumorfopoulos.[1][2]
Hill foi tamén editor do Journal of Hellenic Studies, da Sociedade de Promoción dos Estudos Helénicos, desde 1898 ata 1912. He was knighted in 1933.[1][2]
Vida persoal
editarEn 1897 casou con Mary Paul (finada en 1924). Hill xubilouse en 1936 e faleceu en Londres en 1948.[1][2][3]
Recoñecementos
editar- 1915: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[5]
- 1923: Medalla Huntington, da American Numismatic Society.[6]
- 1933: Cabaleiro da Orde do Baño.[1][2]
- 1934: Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique.[7]
- 1948: Serena Medal, da Academia Británica.[8]
Escolma de publicacións
editarEstas son as monografías máis salientables publicadas por George Francis Hill:[1][2][9]
- (1897): Catalogue of the Greek Coins of Lycia, Pamphylia, and Pisidia. British Museum. Londres.
- (1899): A Handbook of Greek and Roman Coins. Macmillan. Nova York.
- (1900): Catalogue of the Greek Coins of Lycaonia, Isauria, and Cilicia. British Museum. Londres.
- (1901): A Manual of Greek Historical Inscriptions. Clarendon press. Oxford.
- (1904): Catalogue of the Greek Coins of Cyprus. British Museum. Londres.
- (1905): Pisanello. Duckworth and Co. Londres.
- (1906): Historical Greek Coins. Archibald Constable and Co. Londres.
- (1909): Historical Roman Coins: from the Earliest Times to the Reign of Augustus. Constable & Co. Londres.
- (1910): Catalogue of the Greek Coins of Phoenicia. British Museum. Londres.
- (1914): Catalogue of the Greek Coins of Palestine (Galilee, Samaria, and Judaea). British Museum/Longmans. Londres.
- (1915): Italian Medals of the Renaissance in the British Museum. 2 vols. British Museum. Londres.
- (1917): The Conmemorative Medal in the Service of Germany. Longmans.
- (1924): A Guide to the Exhibition of Historical Medals in the British Museum. British Museum. Londres.
- (1930): A Corpus of Italian Medals of the Renaissance Before Cellini. 2 vols. British Museum. Londres.
- (1940): A History of Cyprus. Cambridge University Press. Cambridge.
- (1960): Renaissance Medals. Volume 1 of Samuel H. Kress Collection of Renaissance Bronzes. Paul A. Stroock. Nova York.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Hill, George Francis, Sir". En Dictionary of Art Historians.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 "Sir George Hill, Deep And Wide Learning". En The Times. 20 de outubro de 1948. Páxina 7.
- ↑ 3,0 3,1 Myres, J. L. (1948). "Sir George Hill, K.C.B.". En Nature. Vol. 162. Nº 4.123. Páxinas 725-726.
- ↑ Levens, R. G. C., ed. (1964). Merton College Register 1900-1964. Basil Blackwell. Oxford. Páxina 213.
- ↑ "The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Serena Medal". The British Academy.
- ↑ "Hill, George Francis 1867-1948 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Francis Hill |