Société française de numismatique
A Société française de numismatique (en galego: "Sociedade Francesa de Numismática") é unha entidade asociativa francesa centrada no ámbito da numismática, establecida en París en 1865.[1]
Société française de numismatique | |
---|---|
Tipo | organización e sociedade científica |
Campo de traballo | numismática |
Data de fundación | 18 de decembro de 1865 e 1897 |
Fundador(es) | Gustave de Ponton d'Amécourt |
Presidente/a | Sylvia Nieto-Pelletier (pt) (2021-) |
Sede | París |
País | Francia |
Na rede | |
http://www.sfnumismatique.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 2018 foi elixida presidenta da sociedade a investigadora numismática e profesora universitaria Catherine Grandjean, directora da revista Revue Numismatique desde 2014.[2]
Historia
editarAntecedentes
editarDesde os inicios do Renacemento, os príncipes e os humanistas amosaron interese pola numismática antiga e conformaron coleccións monetarias dentro dos seus gabinetes de antigüidades. No gabinete de Lois XIV, instalado inicialmente en Versalles e posteriormente en París, está a orixe do actual Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia. A partir do século XIX, ese interese esténdese ás moedas nacionais e aparece unha comunidade de afeccionados, ansiosos por poderen debater e comunicar as súas descubesrtas.[3]
Neste contexto, en 1836 créase a Revue de la numismatique française, da man dalgúns membros da Sociedade Real dos Anticuarios de Francia e doutras sociedades arqueolóxicas tanto francesas como doutros países. Esa revista, coa denominación posterior de Revue Numismatique, depende agora da Sociedade Francesa de Numismática, polo que se pode dicir que a súa aparición foi o primeiro acto da (pre)historia desta institución.[4]
Société française de numismatique et d’archéologie
editarDesde o primeiro número da revista xa se formulara o proxecto dunha sociedade académica cuxo único interese fose a numismática, obxectivo que se alcanzou en 1865, baixo o nome de Société française de numismatique et d’archéologie, con Gustave Ponton d'Amécourt como primeiro presidente da entidade. A sociedade funcionaba inicialmente como un club que se reunía catro veces cada mes nas súas instalacións (preto do Boulevard Saint-Germain, en París), onde os socios dispuñan dunha biblioteca e se empezaba a conformar unha pequena colección de moedas. O número de membros foi medrando axiña, chegando a 650 en 1869, antes de vivir, entre 1860 e 1880, un período de crise marcado por un descenso da afiliación e as dificultades financeiras.[5][6][7]
A partir de mediados da década de 1880, o achegamento ao Gabinete de Medallas e un aumento no número de publicacións (coa terceira serie da Revue Numismatique) puxeron fin ao período de dificultades.
Entre 1866 e 1888, a entidade editou anualmente a publicación periódica Annuaire de la Société française de numismatique et d 'archéologie.[8] Entre 1889 e 1896, o anuario seguiu publicándose como Annuaire de la Société française de numismatique, adiantándose ao novo nome que tomará a entidade na etapa posterior.[9]
Société française de numismatique
editarEn 1897, a Sociedade aprobou uns novos estatutos e adquiriu a denominación actual de Société française de numismatique. A partir deste momento estreitou os lazos con entidades estranxeiras similares e tamén con outras como a Universidade A Sorbona e a Monnaie de Paris. En 1924 foi recoñecida como establecemento de utilidade pública.[10][11]
Malia unha interrupción das súas actividades durante a II guerra mundial, en 1941 reconstruíuse unha nova sede provisoria, ata que a Sociedade pasou a se establecer definitivamente, en 1945, nas instalacións do Departamento de Moedas, Medallas e Antigüidades (ou Gabinete de Medallas) da Biblioteca Nacional de Francia, no número 58 da rúa de Richelieu. En 1948 comezou a publicación do Bulletin de la Société française de numismatique, que dá conta do traballo realizado e de noticias diversas.[12] En 1958, a Sociedade pasou a ser titular de Revue Numismatique, e en 1982 comezou a publicación da serie Trésors antiques de la France -TAF- ("Tesouros antigos de Francia").[13][14]
No 150 aniversario da súa fundación, en 2015, a Sociedade contaba con algo máis de 500 membros, entre particulares e institucións.[15]
Xornadas Numismáticas
editarA partir de 1956, a Société française de numismatique organiza as súas Journées Numismatiques ("Xornadas Numismáticas") en diferentes provincias, a primeira fin de semana de xuño, dirixidas a todas as persoas e institucións, profesionais e afeccionadas, relacionadas con algún dos diversos ámbitos que xiran arredor da numismática.[16]
No seu transcurso prodúcense encontros, charlas, conferencias e debates nos que se abordan diferentes cuestións relativas a esta disciplina. Habitualmente, en paralelo a estas actividades teñen lugar exposicións das coleccións numismáticas locais, das que se publica o seu correspondente catálogo.[17]
Premios da Sociedade Francesa de Numismática
editarJeton de vermeil
editar- Artigo principal: Jeton de Vermeil.
Coñecido nos seus inicios (entre 1934 e 1939) como "medalla da SFN", con el recoñécese anualmente o labor dun investigador numsimático estranxeiro. Así mesmo, con carácter trianual, outórgaselle tamén ao presidente saínte da Sociedade cando conclúe o seu período de tres anos á fronte da entidade. Entre os seus receptores están varios dos máis eminentes numismáticos europeos do século XX, como os británicos H. Mattingly (1939), R. A. G. Carson (1971), e entre eles están figuran os españois Leandre Villaronga (1977) e Pere Pau Ripollés (1998).[18]
O deseño da medalla elaborouno en 1932 Lucien Bazor, naquel momento gravador xeral das moedas francesas na Monnaie de Paris.
A creación deste premio foi posible grazas á importante doazón efectuada en 1926 por Pierre Babut, que fora o seu presidente en dúas ocasións.[19]
Premio Babut
editarConcédese anualmente, desde 1936, para recoñecer un membro da Sociedade que publicara un traballo sobre numismática francesa, desde a antigüidade ao mundo contemporáneo, durante os dous anos anteriores. A súa concepción remóntase a tres anos antes, en 1933, cando a viúva de Pierre Babut decidiu honrar a memoria deste a través da súa fundación, que doou unha importante cantidade de diñeiro para o sufragar.[20]
Tras varios anos de interrupción, a Sociedade Francesa de Numismática retomou este premio en 2016.[21]
Publicacións da SFN
editarRevue Numismatique
editar- Artigo principal: Revue Numismatique.
Cada ano, a Sociedade publica un novo número da revista Revue Numismatique, e cada dez anos uns índices temáticos dos seus artigos, escritos polos máis prestixiosos investigadores tanto franceses como estranxeiros. As linguas admitidas nas colaboracións son, ademais do francés, o alemán, o inglés, o castelán e o italiano. Na súa publicación, a Société française de numismatique conta coa colaboración do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS).[22]
A aparición da revista foi previa á da propia Sociedade, xa que o seu nacemento se remonta a 1836, e, logo de máis dun século de existencia paralela, con maiores ou menores conexións, non foi ata 1958 cando a revista pasou a depender organicamente da SFN, en condición de editora.[23][24]
Monografías das Xornadas Numismáticas
editarCoincidindo coa celebración das Xornadas Numismáticas anuais organizadas pola Sociedade, é habitual a publication de catálogos que recollen a clasificación das pezas das coleccións numismáticas da contorna da vila sede de cada Xornada e sobre as exposicións de moedas que se celebran na localidade no seu transcurso:[25]
- (1973) Nantes: Musée Thomas Dobrée, Monnaies nantaises et monnaies d’or.
- (1974) Montpellier: Société archéologique de Montpellier, Monnaies d’or, monnaies d’argent.
- (1976) Grenoble: Bibliothèque municipale de Grenoble, Monnaies d’or…, monnaies d’argent…, monnaies frappées en Dauphiné.
- (1979) Perpiñán: Monnaies de Catalogne et du Roussillon.
- (1982) Angers: Monnaies & jetons, Musées d’Angers.
- (1986) Châteaudun: Monnaies et trésors en pays Dunois.
- (1987) Bordeos: Catalogue abrégé des monnaies d’or du médaillier municipal de Bordeaux.
- (1988) Troyes: Musées de Troyes, Catalogue des monnaies d’or.
- (1991) Chantilly: Le Musée Condé.
- (1992) Reims: Musée Saint-Remi, journées numismatiques 1992.
- (1997) Tours: Tours. Etudes numismatiques.
- (2002) Blois: Monnaies d’or et jetons blésois du Musée des Beaux-Arts et d’Archéologie, Château de Blois
- (2004) Arles: Le monnayage d’Arles à travers les siècles
- (2005) Arras: Arras ville antique par Alain JACQUES (Service archéologique d’Arras).
- (2006) Nantes: La nouvelle monnaie de Nantes (numéro hors série de la Revue numismatique armoricaine).
- (2007) Marsella: Cinquante ans de Journées Numismatiques.
- (2008) St. Germain-en-Laye. Leroy, B. Les monnayages mérovingiens armoricains.
Escolma doutras monografías
editar- (1871): Mémoire sur les monnaies datées des Seleucides. De Saulcy, F. París. [Texto en liña]
- (1965): Centenaire de la Société française de numismatique, 1865-1965. París.
- (1976): Monnaies de nécessité. Emissions locales Françaises, 1870-1872, 1914-1918, 1924, 1940. Habrekorn, R. París.
- (1980): Mélanges de numismatique, d'archéologie et d'histoire : offerts à Jean Lafaurie. Lafaurie, J.; Bastien, P. París. ISBN 9782903280017
- (1982-1994): Corpus des trésors monétaires antiques de la France. Diversos autores. Nove volumes: Vol. I: 1982. Vol. II: 1983. Vol. III: 1984. Vol. IV: 1985. Vol. V-1: 1987. Vol. V-2: 1988. Vol. VI: 1990. Vol. VII: 1991. Vol. VIII-1: 1993. Vol. VIII-2: 1997. Vol. IX: 1994. París.
- (1998): Les billets de confiance et les billets de caisse patriotique émis à Laon en 1791 et 1792. Popoff, M. París.
- (2007): Les monnaies gauloises et romaines du site de Bibracte, Glux-en-Glenne. Gruel, K.; Popovitch, L. Glux-en-Glenne.
Listaxe de presidentes da Sociedade
editarPreséntase unha relación cronolóxica dos presidentes da Sociedade desde a súa fundación.[26][27][28]
- 1865-1888; G. Ponton d’Amécourt.
- 1889-1890: J. de Rougé.
- 1890-1892: A. de Belfort.
- 1892-1893: E. Caron.
- 1893-1894: M. de Marchéville.
- 1894-1895: E. Caron.
- 1895-1896: M. de Marchéville.
- 1896-1898: P. Bordeaux.
- 1898-1900: H. de Castellane.
- 1900-1902: M. de Marchéville.
- 1902-1903: H. de Castellane.
- 1903-1905: A. Blanchet.
- 1905-1907: P. Bordeaux.
- 1907-1909: A. Babut.
- 1909-1911: L. Sudre.
- 1911-1912: A. Blanchet.
- 1912-1914: A. Babut.
- 1914-1916: F. Allotte de la Fuÿe.
- 1916-1918: A. Dieudonné.
- 1918-1920: H. de Castellane.
- 1920-1922: F. Allotte de la Fuÿe.
- 1922-1924: A. Bouclier.
- 1924-1926: J. Bailhache.
- 1926-1928: R. Richebé.
- 1928-1929: Ph. Moricand.
- 1929-1931: E. Cazalas.
- 1931-1932: Ch. Prieur.
- 1932-1933: J. Bailhache.
- 1933-1935: J. Coudurier de Chasseigne.
- 1935-1937: E. H. Albert de Bary.
- 1937-1939: E. Cazalas.
- 1939-1941: H. Rolland.
- 1941-1942: A. Dieudonné / A. Blanchet.
- 1942-1944: Jean Babelon.
- 1944-1946: P. Le Gentilhomme.
- 1946-1947: H. Longuet.
- 1947-1948: M. Baille.
- 1948-1949: H. Longuet.
- 1949-1951: P. Prieur.
- 1951-1953: H. Longuet.
- 1953-1955: J. Mazard.
- 1955-1957: M. Dayet.
- 1957-1959: J. Tricou.
- 1959-1961: J. Lafaurie.
- 1961-1963: J. Heurgon.
- 1963-1965: J. Parent.
- 1965-1967: P. Bastien.
- 1967-1969: J. Yvon.
- 1969-1971: H-G. Pflaum.
- 1971-1973: J. Guey.
- 1973-1975: L. Chaurand.
- 1975-1977: F. Dumas.
- 1977-1979: A. Chastagnol.
- 1979-1981: D. Nony.
- 1981-1983: H. Huvelin.
- 1983-1985: M. Christol.
- 1985-1987: C. Brenot.
- 1987-1989: X. Loriot.
- 1989-1991: R. Étienne.
- 1991-1993: M. Dhénin.
- 1993-1995: S. de Turckheim-Pey.
- 1995-1997: O. Picard.
- 1997-1999: J. Hiernard.
- 1999-2001: Ch. Augé.
- 2001-2003: H. Zehnacker.
- 2003-2006: M. Bompaire.
- 2006-2009: G. Gautier.
- 2009-2012: J-P. Garnier.
- 2012-2015: A. Bourgeois.
- 2015-2018: M. Amandry.
- 2018-____: C. Grandjean.
Notas
editar- ↑ Ficha da Société française de numismatique. Comité des travaux historiques et scientifiques.
- ↑ "Assemblée générale. 3 mars 2018 : Renouvellement du Conseil d’Administration de la SFN". Société française de numismatique.
- ↑ "Collectionneurs et numismates avant la Société". Société française de numismatique.
- ↑ Wojan, F. (2014)
- ↑ Jabu, J. (2015).
- ↑ "La naissance de la Société française de numismatique". Société française de numismatique.
- ↑ "Crise et consolidation". Société française de numismatique
- ↑ Annuaire de la Société française de numismatique et d 'archéologie. Société française de numismatique. París, 1866-1888.
- ↑ Annuaire de la Société française de numismatique. Société française de numismatique. París, 1889-1896.
- ↑ Décret du 4 janvier 1924 qui a reconnu comme établissement d’utilité publique l’association dite "Société française de numismatique " dont le siège est à Paris (2e), 58 rue de Richelieu.
- ↑ "La période de maturité". Société française de numismatique.
- ↑ Bulletin de la Société française de numismatique. Société française de numismatique. París. Desde 1948.
- ↑ Le Rider. (1965)
- ↑ "Le dernier demi-siècle". Société française de numismatique.
- ↑ "150e anniversaire de la Société française de Numismatique Arquivado 09 de novembro de 2018 en Wayback Machine.". Académie des Inscriptions et Belles-Letres.
- ↑ Un demi-siècle de Journées numismatiques (1956-2006). Société française de Numismatique. París, 2007.
- ↑ "Journées Numismatiques. Société Française de Numismatique.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société française de numismatique.
- ↑ "Jeton de vermeil de la SFN". Société française de numismatique
- ↑ "Prix Babut". Société française de numismatique.
- ↑ "Prix Babut 2016 – M. Stéphane Martin". Société française de numismatique.
- ↑ "Revue Numismatique". Société française de numismatique.
- ↑ Lafaurie, J. (1986)
- ↑ Revue Numismatique (acceso aos números editados a partir de 1958).
- ↑ "Publications liées aux Journées numismatiques". Société française de numismatique.
- ↑ Le Rider, G. (1965). Páxina 24.
- ↑ "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
- ↑ "Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Bibliothèque nationale de France
- Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia
- Lista de asociacións numismáticas
Bibliografía
editar- Bastien, P. "Discours inaugural des cérémonies du centenaire de la Société française de numismatique le jeudi 3 février 1965". En Revue numismatique. 1965. Páxinas 7-15.
- Calmels, L. "La Société française de numismatique a 150 ans : approche statistique". Bulletin de la Société française de numismatique. Marzo de 2015. Páxinas 58-61.
- Jabu, J. "La Société française de numismatique : des collectionneurs antiquaires aux chercheurs érudits". En Comptes rendus de l’Académie des Inscriptions & Belles-Lettres. Abril-xuño de 2015. Páxinas 849-866.
- Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans"". En Revue Numismatique. 1986. Páxinas 7-50.
- Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 15-29.
- Wojan, F. "Le cent cinquantième anniversaire de la Société française de Numismatique et les LVIII Journées numismatiques". En Bulletin de la Société française de numismatique. Nº 10. Decembro de 2014. Páxinas 311-314.