Barclay Vincent Head

Numismático inglés

Barclay Vincent Head, nado na localidade inglesa de Ipswich, no condado de Suffolk, o 2 de xaneiro de 1844, e finado en Londres o 12 de xuño de 1914, foi un historiador e un numismático inglés.[1][2]

Modelo:BiografíaBarclay Vincent Head

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xaneiro de 1844 Editar o valor en Wikidata
Ipswich, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xuño de 1914 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Vicepresidente Royal Numismatic Society
1908 – valor descoñecido
Vicedirector Numismatic Chronicle
1869 – 1910 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónIpswich School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnumismático, historiador da arte Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Dictionary of National Biography, third supplement (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Barclay Vincent Head fixo os seus estudos na Escola de Gramática de Ipswich e en 1864, aos 20 anos, e ingresou como auxiliar no Museo Británico.

En 1908 foi elixido vicepresidente da Royal Numismatic Society.

Entre 1869 e 1910 exerceu como adxunto á dirección da redacción da revista Numismatic Chronicle, e nese período casou con mary Harley Corkran.

Xa como conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, de 1893 a 1906, o seu traballo principal está representado polos Catalogues of Greek Coins in the British Museum ("Catálogos de Moedas Gregas no Museo Británico"), aos que contribuíu en 8 dos 10 volumes de que se compón (publicados entre 1873 e 1906). Esta publicación está considerada como o elemento básico para o estudo da moeda da Antiga Grecia.

 
Imaxe dun didracma de Campania (ca. 265-240 a. de C.), procedente da segunda edición de Historia Numorum (1911); páxina 43, figura 21.

En 1887 publica a súa obra Historia Numorum, reeditada aumentada en 1911, considerada como a súa achega máis importante ao terreo da numismática e unha guía fundamental para os arqueólogos e investigadores ata o momento pouco introducidos nesa discipilina.

Aínda que Head se xubilou en 1905, o seu labor foi continuado por George Hill, que chegou a ser director do Museo Británico. Na súa carreira, Head acadou títulos honorarios polas universidades de Oxford, Durham e Heidelberg.[3]

Foi tamén correspondente do Institut de France, da Academia Prusiana das Ciencias e da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres de París; esta última recoñeceuno en dúas ocasións co seu premio Hallier de Hauteroche: en 1875, polo seu estudo sobre a cronoloxía das moedas de Siracusa, e en 1879, pola súa obra sobre a moeda de Lidia e Persia.[4]

En 1907 foi recoñecido coa medalla da Royal Numismatic Society de Londres.[5][6]

En 2001, publicouse unha edición ampliada de Historia Numorum só para a moeda grega de Italia.[7]

Publicacións

editar

Esta é unha listaxe da bibliografía de Head publicada na revista Numismatic Chronicle en 1914.[8]

Libros e catálogos

editar
 
Táboa co alfabeto indogrego da cultura kharosthi, extraído da segunda edición de Historia Numorum

Artigos

editar
  • "Account of the Hoard of Anglo-Saxon Coins found at Chancton Farm, Sussex". En Numismatic Chronicle (1867).
  • "Anglo-Saxon Coins with Runic Legends" (1868).
  • "Notes on Ilion, numismatical and historical" (1868).
  • "On some rare Greek Coins recently acquired by the British Museum" (1871).
  • "Greek autonomous Coins from the Cabinet of the late Mr. Edward Wigan" (1873).
  • "History of the Coinage of Syracuse" (1874).
  • "Metrological Notes on ancient electrum Coins". En Numismatic Chronicle (1875).
  • "Notes on a recent Find of Staters of Cyzicus and Lampsacus". En Numismatic Chronicle (1876, 1877).
  • "Notes on Magistrates’ Names on Autonomous and Imperial Greek Coins". En Numismatic Chronicle (1877).
  • Tradución de Ernst Curtius "On the Religious Character of Greek Coins" (1878).
  • "Himyarite and other Arabian Imitations of Athenian Coins". En Numismatic Chronicle (1878).
  • "On an unpublished archaic Tetradrachm of Olynthus". En Numismatic Chronicle (1878).
  • "Note on a Find of Sicilian Copper Coins struck about the year 344 B.C.". En Numismatic Chronicle (1879).
  • "Origin and Transmission of some of the principal Ancient Systems of Weight". En Journal of the Institute of Bankers (1879).
  • "A Himyaritic Tetradracm and the Trésor de San'â". En Numismatic Chronicle (1880).
  • "History of the Coinage of Ephesus". En Numismatic Chronicle (1880, 1881).
  • "Chronological Sequence of the Coinage of Boeotia". En Numismatic Chronicle (1881).
  • "The Coins of Ancient Spain". En Numismatic Chronicle (1882).
  • "Coinage of Alexander: an explanation". En Numismatic Chronicle (1883).
  • "Remarks on two Unique Coins of Aetna and Zancle". En Numismatic Chronicle (1883).
  • "Greek and Roman Coins". En L. Jewitt’s. English Coins and Tokens (1886).
  • "The Coins found at Naukratis. En W. M. F. Petrie’s Naukratis. Egypt Exploration Fund (1886).
  • "Coins discovered on the site of Naukratis (reprint of the preceding, with introductory remarks)". En Numismatic Chronicle (1886).
  • "Electrum Coins and their Specific Gravity". En Numismatic Chronicle (1887).
  • "Germanicopolis and Philadelphia in Cilicia". En Numismatic Chronicle (1888).
  • "Notanda et Corrigenda. I. Ν or Μ on Athenian Coins. II. Two misread coins of Ephesus. III. Philadelphia Lydiae. IV. Lydian Gold Coinage". En Numismatic Chronicle (1889).
  • "Apollo Hikesios". En Journal of Hellenic Studies (1889).
  • "Archaic Coins probably of Cyrene". En Numismatic Chronicle (1891).
  • "Coins recently attributed to Eretria". En Numismatic Chronicle (1893).
  • "The Initial Coinage of Athens". En Numismatic Chronicle (1893).
  • "The Earliest Graeco-Bactrian and Graeco-Indian Coins". En Numismatic Chronicle (1906).
  • "Ephesian Tesserae". En Numismatic Chronicle (1908).
  • "British Museum: Coins discovered in the British Museum Excavations at Ephesus". The Archaic Artemisia (1908).
  1. "Barclay Vincet Head.: Authority on Numismatics and Author Dies in London". En The Times, 13 de xuño de 1914. Páxina 5.
  2. Reppeteau, L. V. "Have you Checked Head's". En The Asylum, Qarterly Journal of the Numismatic Bibliomania Society. Vol. IX. Nº 4. Fall, 1991.
  3. "Head, Barclay Vincent Arquivado 11 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". En Sorensen, Lee (ed.). Dictionary of Art Historians.
  4. Chatelain, E. "Éloge funèbre de M. Barclay Vincent Head, correspondant étranger de l'Academie". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (1914). 58-4. Páxinas 427-428.
  5. Listaxe de gremiados, na web oficial da Royal Numismatic Society.
  6. "Proceedings of the Royal Numismatic Society". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. Vol 7 (1907) Páxinas 1-48.
  7. Rutter; Burnett; Crawford; Johnston; M. J. Price. Historia Numorum Italia. The British Museum Press. Londres, 2001
  8. "Bibliography of Head’s works". Numismatic Chronicle, 1914.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar