Percy Gardner
Percy Gardner, nado o 24 de novembro de 1846 en Londres e finado o 17 de xullo de 1937 en Oxford, foi un arqueólogo clásico e numismático inglés, profesor das universidades de Cambridge e de Oxford.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1846 Londres, Reino Unido |
Morte | 17 de xullo de 1937 (90 anos) Oxford. Inglaterra |
Disney Professor of Archaeology (en) | |
1879 – 1887 ← Churchill Babington (pt) – Forrest Browne (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | Christ's College . Universidade de Cambridge |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arqueoloxía. |
Ocupación | Corredor de bolsa, profesor universitario, numismático, arqueólogo clásico, antropólogo, historiador da arte, erudito clásico |
Empregador | Universidade de Oxford Universidade de Cambridge Museo Británico |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Agnes Reid. |
Irmáns | Ernest Arthur Gardner |
Premios | |
(1889): Medalla da RNS. | |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarInfancia e formación
editarGardner naceu no distrito londiniense de Hackney o 24 de novembro de 1846, terceiro fillo do corredor de bolsa Thomas Gardner e a súa muller Ann Pearse.[2] Estudou na City of London School ata os 15 anos, cando se uniu ao seu pai nos negocios bolsísticos.[3]
En 1865 matriculouse no Christ's College, da Universidade de Cambridge, onde se graduou en 1869 en Estudos Clásicos e Ciencias Morais.[3] En 1870 foi beneficiario da bolsa Whewell, da mesma universidade, en dereito internacional.[2]
Carreira académica
editarEn 1871 ingresou como axudante no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, posto que ocupou ata 1887. Nese período colaborou na redacción dos primeiros catálogos das coleccións de moeda grega do museo, xunto con R. S. Poole e Barclay V. Head, e tamén se ocupou da dirección editorial da revista The Journal of Hellenic Studies (1879-1895).[3]
En 1872 comezou a docencia no Christ's College, de Cambridge.[2] Alí accedeu ao posto de profesor titular de Arqueoloxía en 1879, que abandonou en 1886 para se trasladar á Universidade de Oxford, como profesor titular de arqueoloxía Clásica, entre 1897 e o seu retiro en 1925.[3] Ao longo de todo o seu período académico dedicouse moi intensamente ao estudo da arte antiga, sinaladamente a grega.[4]
Nesta última etapa, tamén se converteu nun estudoso relevante da temática bíblica, sobre a que deixou numerosas publicacións.[4]
Entre outras entidades de carácter académico, Gardner foi elixido membro da Academia Británica en 1903[5] e membro honorífico estranxeiro do Archaeological Institute of America.[6] En 1905, Gardner foi o representante británico no Congreso Arqueolóxico de Atenas e, ata 1911, foi o presidente da Sociedade para a Promoción dos Estudos Helénicos, de Londres. En 1914 foi nomeado membro correspondente da Académie des inscriptions et belles-lettres, de París.[7]
Vida familiar
editarGardner estivo casado con Agnes Reid ata a ruptura do seu matrimonio en 1874.[3]
A súa irmá, Alice Gardner, foi historiadora e o seu irmán, Ernest Arthur Gardner, dedicouse coma el á arqueoloxía.[4][8]
Percy Gardner faleceu en Oxford o 17 de xullo de 1937.[3]
Recoñecementos
editar- (1889). Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[9]
Publicacións
editarSobre numismática
editar- (1876). Catalogue of Greek Coins. Sicile (con R. Stuart Poole e B. V. Head). British Museum.
- (1877). Catalogue of Greek Coins. The Tauric Chersonese [...] (con R. Stuart Poole e B. V. Head). British Museum.
- (1877). The Parthian Coinage [serie International Numismata Orientalia, parte 5]. Trübner, Londres.
- (1882). Samos and Samian Coins. Macmillan, Londres.
- (1883). Types of Greek Coins. Cambridge University Press.[10]
- (1886). The Coins of the Greek and Scythic Kings of Bactria and India in the British Museum (con R. Stuart Poole). British Museum, Londres
- (1887). A Numismatic Commentary on Pausanias (con Friedrich Imhoof-Blumer). Clay and Sons, Londres.
- (1908). The Gold Coinage of Asia before Alexander the Great. British Academy, Londres.
- (1910). The earliest coins of Greece Proper. British Academy, Londres.
- (1918). A History of Ancient Coinage. 700-300 B.C. Clarendon Press, Oxford.
Sobre arte e historia antigas
editar- (1892). New Chapters in Greek History: Historical Results of Recent Excavations in Greece and Asia Minor. Murray, Londres.
- (1893). Catalogue of the Greek vases in the Ashmolean Museum. Clarendon Press, Oxford.
- (1895). Manual of Greek Antiquities (con F. B. Jevons). Scribner, Nova York.
- (1896). Sculptured Tombs of Hellas. Macmillan, Nova York.
- (1905). A Grammar of Greek Art. Macmillan, Londres.
- (1914). The principles of Greek Art. Macmillan, Nova York.
- (1920). Hellenistic sculpture. Clarendon, Press, Oxford.
Sobre relixión
editar- (1899). Exploratio Evangelica: A Brief Examination of the Basis and Origin of Christian Belief. Putman, Nova York.
- (1901). A Historic View of the New Testament. Black, Londres.
- (1903). Oxford at the cross roads : a criticism of the course of litterae Humaniores in the University. Black, Londres.
- (1907). The Growth of Christianity: London Lectures. Black, Londres.
- (1909). Modernity and the Churches. Putman, Nova York.
- (1913). The Religious Experience of Saint Paul. Williams & Norgate, Londres.
- (1915). The Ephesian Gospel. Putman, Nova York.
- (1918). Evolution in Christian Doctrine. Williams and Norgate, Londres.
- (1918). Evolution in Christian Ethics. William and Norgate, Londres.
- (1923). The Practical Basis of Christian Belief. An Essay in Reconstruction. Scribner, Nova York.
- (1928). The Principles of Christian Art. Scribner, Nova York.
- (1938). The Web of the Universe. The Theosophical Publishing House, Londres.
Notas
editar- ↑ Venn, J. A. (1947).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Toynbee, J. M. C.; Major, H. D. A. (2004).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Gardner, Percy". Dictionary of Art Historians.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Chisholm, H. (1911).
- ↑ "GARDNER, Professor". British Academy Fellows.
- ↑ "Foreign Honorary Members, Archaeological Institute of American". American Journal of Archaeology. 7: 50-162. 1903.
- ↑ Picard, C. (1939). Páxina 291.
- ↑ Sutherland, G. (2004). "Gardner, Alice (1854-1927)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ Oman, C. W. C. (1883). "Review of Types of Greek Coins by Percy Gardner". The Academy. 23 (577): 371–372.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Chisholm, H. (1911). "Gardner, Percy". En Encyclopædia Britannica. Vol. 11. Cambridge University Press. Páxina 462.
- Hill, G. F. (1937). "Percy Gardner, 1846-1937". En Publications of the British Academy, Vol. 23. Páxinas 459-469.
- Picard, C. (1939). "Éloge funèbre de Sir Percy Gardner". En Comptes-rendus de l’Académie des inscriptions et belles-lettres. Páxinas 290-293.
- Toynbee, J. M. C.; Major, H. D. A. (2004). "Gardner, Percy (1846-1937)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- Venn, J. A. (1947). "Percy Gardner, 1846–1937". En Alumni Cantabrigienses. A Biographical List of All Known Students, Graduates and Holders of Office at the University of Cambridge, from the Earliest Times to 1900. 2-3. Cambridge University Press, Cambridge. Páxina 13.