Abrir o menú principal

Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico

gabinete e museo numismático

O Departamento de Moedas e Medallas (en inglés: Department of Coins and Medals) é un departamento do Museo Británico (British Museum) que se ocupa da investigación e do mantemento e a exposición da colección numismática da institución, a máis importante do Reino Unido, composta por case un millón obxectos numismáticos como moedas, medallas ou fichas comerciais, ademais dunha nutrida biblioteca.[3][4]

Departamento de Moedas e Medallas
Museo Británico
British Museum from NE 2.JPG
Fachada principal do Museo Británico
Coordenadas51°31′10″N 00°07′37″O / 51.51944, -0.12694
PaísFlag of the United Kingdom.svg Reino Unido
CidadeLondres
DirectorPhilip Attwood [1][2]
Sitio WebWeb do Departamento de Moedas e Medallas do BM

A colección abrangue a historia das emisións monetarias desde as súas orixes no século VII a. de C. ata a Idade Contemporánea, tanto da tradición oriental como da occidental.

O Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico celebrou o seu 150 aniversario en 2011.[5]

Entre outras federacións e entidades, o Departamento forma parte da Federación Internacional da Medalla de Arte (FIDEM).[6]

HistoriaEditar

Os fondos numismáticos constituíron unha parte importante do legado que en 1753 deixou Sir Hans Sloane, que supuxo o xerme da colección orixinal do Museo Británico, formada por unns 20.000 obxectos. Esta colección incorporouse en 1807 ao Departamento de Antigüidades, previamente ao establecemento do Departamento de Moedas, xa específico, en 1861.

Do mesmo xeito que o resto dos departamentos do museo, o de moedas e medallas puido ir ampliando a súa colección a través de adquisicións, doazóns e legados. Deste xeito sumou aos seus fondos as coleccións de coleccionistas como Clayton Mordaunt Cracherode, Sarah Banks, Edward Hawkins, Alexander Cunningham e George Bleazby.[7]

Un dos alicerces da colección constitúeno as moedas británicas de todas as épocas. Isto débese en parte aos beneficios lexislativos outorgados antano pola denominada Treasure Trove, que favorecía aos museos a adquisición preferente de achados de moedas de prata e de ouro, ocasionados frecuentemente en tempos de crise ou de conflito armado.[8] Trátase de aproximadamente 9.000 moedas, medallas e billetes, dispersos por diferentes dependencias do Museo Británico, aínda que máis da metade se poden achar na Citi Money Gallery (galería 68).[9][10] As pezas non expostas poden ser consultadas cunha cita previa na "Sala de Estudo" (Study Room) do Museo.[11]

Investigación e formaciónEditar

O departamento desenvolve un intenso labor investigador, no que se basean moitas das súas publicacións. As instalacións están ao dispor dos investigadores, que poden visitar tanto as coleccións como a biblioteca e as salas de estudo. Así mesmo, os conservadores do departamento ofrecen cursos de numismática dirixidos a todos os niveis, desde o ensino primario ao universitraio.[12][13]

Mediante a Escola de Verán de Numismática (Numismatics Summer School), de periodicidade anual, perséguese achegarlles tanto aos estudantes universitarios como aos posgraduados un coñecemento básico da numismática clásica e medieval, a través dun variado programa de conferencias, sesións prácticas e visitas a exposicións e a outras institucións.[14]

Á parte disto, os conservadores do gabinete participan en diversos proxectos de investigación vinculados coas responsabilidades da institución, por exemplo, en tanto que parcicipante no Tesouro de Inglaterra e Gales (Treasure system of England and Wales), e tamén como resultado da colaboración con universidades e outros organismos de investigación.[15]

BibliotecaEditar

A biblioteca do Departmento de Moedas e Medallas é unha das máis recoñecidas do mundo na súa materia. Alberga máis de 20.000 libros, preto de 600 publicacións periódicas e multitude de panfletos e catálogos de vendas e poxas, de xeito que cobre todos os ámbitos da numismática.[16]

Estes fondos poden ser consultados na Sala de Estudo, cunha cita previa, xa que a capacidade de xente é moi limitada, e o seu catáligo está dispoñible en liña.[17]

Exposicións e publicaciónsEditar

A través das publicacións é como, fundamentalmente, o departamento fai partícipe a toda a comunidade numismática dos resultados das súas investigacións. Está en marcha un programa continuo de publicación das coleccións e do material arqueolóxico que pasa polo departamento, así como das investigacións realizadas sobre eles. Ademais, os seus conservadores publican artigos en xornais e publicacións periódicas de diversas asociacións e sociedades numismáticas e académicas de todo o mundo, sobre unha gran diversidade de asountos, desde as medallas do Renacemento italiano ata os achados de moedas romano-británicas.

Entre os seus centos de publicacións (catálogos, monografías, etc.), cabe salientar, polo seu valor na historia da entidade, as catro edicións da guía do departamento, prologadas por eminentes numismáticos da súa época, así como os catálogos das súas coleccións permanentes e as publicacións vinculadas ás exposicións temporais:[18][19][20]

  • A guide to the Department of Coins and Medals in the British Museum. 1ª edición: 1901 (limiar de Barclay V. Head); 2ª edición: 1911; 3ª edición: 1922 (limiar de George F. Hill).

Catálogos das colecciónsEditar

Os catálogos dos fondos permanentes da institucións foron publicados en nove series de volumes, por épocas e rexiones do mundo:

  • Catalogue of the Greek Coins in the British Museum. Dirixida por Reginald Stuart Poole. Autores-editores: Percy Gardner, Barclay Vincent Head, and Warwick Wroth. 28 volumes publicados entre 1873 e 1927.
  • Coins of the Roman Empire in the British Museum. A cargo de Harold Mattingly, R. A. G. Carson e P. V. Hill. 6 volumes publicados entre 1923 e 1950.
  • Catalogue of Oriental Coins in the British Museum. A cargo de Stanley Lane-Poole e de Reginald Stuart Poole. 10 volumes publicados entre 1875 e 1890.
  • Catalogue of Indian coins in the British Museum. A cargo de Stanley Lane Poole, Percy Gardner, E. J. Rapson, John Allan e Reginald Stuart Poole. Sete volumes publicados entre 1884 e 1936.
  • Catalogue of Roman Provincial Coins. Publicacións conxuntas co Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, a cargo de Andrew Burnett, Michel Amandry, Pere Pau Ripolles, Ian Carradice e M. Spoerri Butcher. Tres volumes publicados entre 1992 e 2006.
  • Other catalogues relating to Europe (classical). Serie aberta comezada en 1814.
  • Other catalogues relating to Europe (medieval and modern). Serie aberta comezada en 1826.
  • Other catalogues relating to Asia. Serie aberta comezada en 1887.
  • Other catalogues relating to medals and badges. Serie aberta comezada en 1930.

Exposicións temáticas e publicacións asociadasEditar

  • 1881: A Guide to the English Medals Exhibited in the King’s Library. Dirección: Herbert A. Grueber.
  • 1881: A Guide to the Italian Medals Exhibited in the King’s Library. Dirección: C.E. Keary.
  • 1883: The British Museum [Martin] Luther Exhibition, 1883, in the Grenville Library. Dirección: George Bullen.
  • 1924: Guide to the exhibition of historical medals in the British Museum.
  • 1924: A guide to the exhibition of medals of the Renaissance in the British Museum. Dirección: G.F. Hill.
  • 1975: 2000 years of coins and medals. Dirección: J. P. C. Kent.
  • 1979: Art of the Medal. Dirección: Mark Jones.
  • 1986: Money: from Cowrie shells to credit cards. Dirección: Joe Cribb.
  • 1987: Contemporary British Medals. Dirección: Mark Jones.
  • 1987: As good as gold: 300 years of British banknote design. Dirección: Virginia Hewitt e John Keyworth.
  • 1990: Fake? The art of deception. Dirección: Mark Jones.
  • 1992: FIDEM XXIII: In the Round: Contemporary Art Medals of the World. Dirección: Philip Attwood.
  • 1993: Silk Road coins: the Hirayama Collection. A loan exhibition at the British Museum. Dirección: Katsumi Tanabe.
  • 1993: The Hoxne Treasure: an illustrated handbook. Dirección: Roger Bland e Catherine Johns.
  • 1994: Beauty and the Banknote: images of women on paper money. Dirección: Virginia Hewitt.
  • 1995: The Banker’s Art. Dirección: Virginia Hewitt.
  • 1996: After Marathon: war, society and money in fifth century Greece. Dirección: Ute Wartenberg.
  • 1998: Humphrey Cole: Mint, measurement and maps in Elizabethan England. Dirección: Silke Ackernann.
  • 1998: Convict love tokens: the leaden hearts the convicts left behind. Dirección: Michele Field e Timothy Millet.
  • 1999: Magic coins of Java, Bali and the Malay Peninsula, thirteenth to twentieth centuries. Dirección: Joe Cribb.
  • 1999: Metal Mirror: Coin Photographs. Dirección: Stephen Sack.
  • 1999: Size immaterial: handheld sculpture of the 1990s. Dirección: Luke Syson.
  • 2000: Rebels, pretenders and imposters. Dirección: Clive Cheesman e Jonathan Williams.
  • 2003: Italian Medals c. 1520-1600 in British public collections. Dirección: Philip Attwood.
  • 2004: Badges. Dirección: Philip Attwood.
  • 2008: Chairman Mao badges: symbols and slogans of the Cultural Revolution. Dirección: Helen Wang.
  • 2009: Medals of dishonour. Dirección: Philip Attwood e Felicity Powell.
  • 2010: Money in Africa. Dirección: Catherine Eagleton, Harcourt Fuller e John Perkins.
  • 2011: Eric Gill: Lust for Letter & Line. Dirección: Ruth Cribb e Joe Cribb.
  • 2013: Coins and the Bible. Dirección: Richard Abdy e Amelia Dowler.
  • 2014: Hard at Work: The Diary of Leonard Wyon 1853-1867. Dirección: Philip Attwood.
  • 2015: Hoards: Hidden History. Dirección: Eleanor Ghey.
  • 2016: Defacing the Past. Dirección: Dario Calomino.

Membros do departamentoEditar

Ademais de numismáticos (a súa maioría), ao longo da súa historia integraron tamén o departamento distinguidos lingüistas, historiadores, arqueólogos, historiadores da arte, etc:[21]

  • Richard Abdy
  • Jennifer Adam
  • John Allan
  • Derek Allen
  • Benjamin Alsop
  • Marion Archibald
  • Philip Attwood
  • Edward Besley
  • Roger Bland
  • Maxim Bolt
  • Robert Bracey
  • Cecile Bresc
  • George C. Brooke
  • Andrew Burnett
  • Dario Calomino
  • Ian Carradice
  • Robert Carson
  • Taylor Combe
  • Barrie Cook
  • Joe Cribb
  • Vesta Sarkhosh Curtis
  • Michael Dolley
  • Amelia Dowler
  • Catherine Eagleton
  • Elizabeth Errington
  • Henry Flynn
  • Percy Gardner
  • Leigh Gardner
  • Eleanor Ghey
  • Andrew Gifford
  • Megan Gooch
  • Amanda Gregory
  • Herbert A. Grueber
  • Edward Hawkins
  • Barclay Head
  • Virginia Hewitt
  • George Hill
  • Mary Hinton
  • Richard Hobbs
  • Thomas Hockenhull
  • G. Kenneth Jenkins
  • Mark Jones
  • Francis Keary
  • Richard Kelleher
  • John Kent
  • Paramdip Khera
  • Janet Larkin
  • Kirsten Leighton-Boyce
  • Ian Leins
  • Keith Lowe
  • Nicholas Lowick
  • David MacDowall
  • Alexandra Magub
  • Joan Martin
  • Harold Mattingly
  • Andrew Meadows
  • Sam Moorhead
  • Elvina Noel
  • John Orna-Ornstein
  • Elizabeth Pendleton
  • Laura Phillips
  • Reginald Stuart Poole
  • Stuart Lane Poole
  • Venetia Porter
  • Martin Price
  • Edward Rapson
  • Stanley Robinson
  • Richard Southgate
  • Luke Syson
  • William Vaux
  • John Walker
  • Philippa Walton
  • Helen Wang
  • Ute Wartenberg
  • Jonathan Williams
  • Gareth Williams
  • Warwick Wroth

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. "Coins and Medals Staff". British Museum.
  2. "Philip Attwood". "Numismatic Who's Who". En CoinsWeekly.
  3. "Department of Coins and Medals". The British Museum.
  4. "The British Museum. Department of Coins and Medals". En Money and Medals Network.
  5. Barrie Cook (2011).
  6. "Museum members". International Art Medal Federation
  7. "History of the collection: Coins and Medals". The British Museum.
  8. Hockenhull, T. "The British Museum and the Blitz: Coins and Medals in Wartime". En British Numismatic Journal, 82 (2012), 192-202.
  9. "Money. Room 68. From Prehistory to the present day". The British Museum.
  10. "Citi Money Gallery opens". The British Museum.
  11. "Study room". The British Muesum.
  12. "Education programme". The British Museum.
  13. "Higher education courses". The British Museum.
  14. "Numismatics summer school". The British Museum.
  15. "Reserch". The British Museum.
  16. "Library". The British Museum.
  17. Consulta en liña do catálogo da biblioteca.
  18. Hinton, Mary. "Numismatic Publications of the British Museum". En Barrie Cook (2011). Páxinas 87-90.
  19. "Numismatic publications of the British Museum". The British Museum.
  20. Bowring, Joanna. Chronology of Temporary Exhibitions at the British Museum. British Museum Research Publication 189. 2012. ISBN 978-086159-189-3
  21. "Numismatists at the British Museum". En Cook, B. (2011). Páxina 86.

Véxase taménEditar