Abrir o menú principal

Royal Numismatic Society

organización numismática
Para outros artigos de organismos con nome semellante, véxanse as páxinas de homónimos Royal Numismatic Society (homónimos) e Real Sociedade de Numismática
Non confundir coa British Numismatic Society

A Royal Numismatic Society -RNS- (en galego "Real Sociedade Numismática") é unha sociedade erudita e sen ánimo de lucro situada en Londres, Reino Unido, encargada da promoción da investigación en todas as ramas de numismática. A partir de 2014 ten o patrocinio da Raíña Isabel II.[1][2]

The Royal Numismatic Society
(Real Sociedade Numismática)
The Royal Numismatic Society.svg
Logotipo da
Royal Numismatic Society
Presentación
Data fundación1836
LocalizaciónLondres
Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
OrixesNumismatic Society of London
Area servidaReino Unido
MétodoInvestigación, publicacións, biblioteca e organización de eventos.
Páxina webSitio web da entidade
PremiosOutorgados:
- Membro honorario.
- Medalla da RNS.
- Premio Parkes Weber.
- Premio Lhotka.
- Premio Samir Shamma.
- Premio Gilljam.

Índice

AfiliaciónEditar

O Consello da sociedade é quen elixe os seus membros, maioritariamente destacados coleccionistas e investigadores, tanto profesionais como afeccionados, no ámbito da numismática.

HistoriaEditar

A sociedade fundouse en 1836 coa denominación de Numismatic Society of London, e recibiu o título de "Real Sociedade Numismática" de mans do rei Eduardo VII por unha carta rexia (Real Charter) en 1904. A historia da sociedade foi publicada nunha serie anual de artigos por R. A. G. Carson, en Numismatic Chronicle, o órgano de expresión da entidade, entre 1975 e 1978. A quinta e derradeira entrega foi escrita para conmemorar o 150 aniversario da entidade en 1986, e nese mesmo ano publicouse o texto completo como monografía baixo o título de A History of the Royal Numismatic Society, 1936-1986.[3]

PublicaciónsEditar

Ademais do seu periódico anual, The Numismatic Chronicle, A sociedade leva a cabo tamén outras publicacións extraordinarias focalizadas nos máis diversos aspectos da numismática, que inclúen estudos detallados das emisións monetarias de diferentes rexións do mundo.[4][5][6]

Premios da Royal Numismatic SocietyEditar

Membro de HonraEditar

Recoñecemento outorgado aos membros da sociedade que fixeran unha contribución salientable á numismática. É un premio vitalicio e o habitual é que existan arredor de 25 membros con esta consideración. O membro de honra vivo máis antigo no momento de redactar este artigo era o Príncipe Filipe, Duque de Edinburgo, recoñecido en 1967.[7]

Medalla da Royal Numismatic SocietyEditar

Foi instituída en 1883, como galardón anual a persoas que se distingan polos seus servizos á ciencia numismática, por elección do consello da sociedade. A medalla concédese na Xunta Xeral Anual de decembro, durante a cal o galardoado pronuncia un discurso solemne.[8] Os cuños da medalla de prata orixinal son obra de Sir John Evans, en 1883. En 1993 encargóuselle a Ian Rank-Broadley o deseño dunha nova medalla de prata fundida.[9] Entre os posuidores desta medalla están os ingleses Barclay Head (1907), Harold Mattingly (1941), Humphrey V. Sutherland (1954), Robert Carson (1972) e o francés Ernest Babelon (1899), así como o rei Vítor Manuel III de Italia (1904). Só dous españois acadaron a medalla: Leandre Villaronga (1989) e Pere Pau Ripollès (2016).[10][11]

Premio Parkes WeberEditar

Artigo principal: Premio Parkes Weber.

Instituíuse en 1954 grazas á xenerosidade de F. Parkes Weber. Dotado cunha modesta cantidade económica, concédese a traballos orixinais breves (non máis de 5000 palabras) presentados por autores de menos de 31 anos de calquera nacionalidade acerca dalgún asunto de libre elección relativo a moedas, medallas, fichas monetarias ou papel moeda.[12]

Premio LhotkaEditar

Artigo principal: Premio Lhotka.

Foi creado en 1962 polo membro honorario J.F. Lhotka, da Universidade de Oklahoma, en memoria do seu pai (do mesmo nome). Concédeselle ao autor do libro ou do artigo en inglés considerado como máis útil para os estudantes que se inician na numismática, publicado durante os dous anos anteriores á súa concesión.[13]

Premio Samir ShammaEditar

Foi establecido polo membro honorario Samir Shamma en 1992, para recoñecer, con carácter bianual, o libro, artigo ou conxunto de artigos, preferiblemente en inglés, publicados durante os tres anos anteriores á súa concesión, considerados como máis útiles para os estudosos da numismática dos países islámicos. Na edición de 2017 estivo dotado con 2000 libras esterlinas.[14]

Premio GilljamEditar

Establecido polo membro da sociedade H.H. Gilljam, o seu consello recoñece con el bianualmente o libro ou artigo publicado nos tres anos anteriores que supoña a mellor contribución ao estudo da numismática do século III anterior á reforma monetaria de Diocleciano. Outórgase preferentemente a traballos centrados ás emisións na Galia e na Britania.[15]

Presidentes da Royal Numismatic SocietyEditar

Esta é unha lista dos presidentes da Royal Numismatic Society desde a súa fundación en 1836:[16]

NotasEditar

  1. "Royal Numismatic Society". Scholarly Societies Project.
  2. "Associazioni numismatiche: la Royal Numismatic Society Arquivado 24 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". En Hobby.it.
  3. "History of the Society". The Royal Numismatic Society.
  4. "Royal Numismatic Society. Publisher Description". En Jstor.
  5. "Publications". The Royal Numismatic Society.
  6. "Royal Numismatic Society Publications". Ed. Spink, Londres.
  7. "Honorary Fellowship". The Royal Numismatic Society.
  8. Discurso de Jean N. Svoronos, pronunciado no acto de recepción da medalla en 1914.
  9. "Royal Numismatic Society Medal". En Ian Rank-Broadley Sculpture.
  10. "The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society.
  11. "El catedrático Pere Pau Ripollès recibe en Londres la medalla de The Royal Numismatic Society". Universidade de Valencia.
  12. "The Parkes Weber Prize". The Royal Numismatic Society.
  13. "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
  14. "The Samir Shamma Prize for Islamic Numismatics". The Royal Numismatic Society.
  15. "The Gilljam Prize for Third-Century Numismatics". The Royal Numismatic Society.
  16. "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.

Véxase taménEditar