Stanley Lane-Poole

orientalista, numismático e arqueólogo inglés

Stanley Edward Lane-Poole, nado en Londres o 18 de decembro de 1854 e finado na mesma cidade o 29 de decembro de 1931, foi un orientalista, arqueólogo e numismático británico, especializado na moeda do mundo islámico. [1][2][3]

Stanley Edward Lane-Poole
Datos persoais
Nacemento18 de decembro de 1854
LugarCoat of Arms of The City of London.svg Londres.
Flag of England.svg Inglaterra.
Falecemento29 de decembro de 1931 (77 anos)
LugarCoat of Arms of The City of London.svg Londres.
Flag of England.svg Inglaterra.
NacionalidadeFlag of the United Kingdom (3-5).svg Británica.
CónxuxeCharlotte Bell Wilson (1879).
Actividade
CampoOrientalismo, arqueoloxía e numismática
Alma máterUniversidade de Oxford
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de numismática islámica.
Premios1900: Medalla da Royal Numismatic Society.
editar datos en Wikidata ]

A súa vida profesional estivo vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[2][3]

TraxectoriaEditar

 
A vila alxeriana de Jijel en 1664, nun gravado de The Story of the Barbary Corsairs (1890), obra de Stanley Lane-Poole.

Stanley Eduard Lane Poole naceu no distrito londiniense de Bayswater, fillo de Edward Stanley Poole e de Roberta Elizabeth Louisa Reddelien. Tratábase dunha familia cunha longa tradición de orientalistas, sinaladamente a súa avoa paterna, Sophia Lane Poole[4], o seu tío, Reginald Stuart Poole[5], e o seu avó, Edward William Lane[6].[2][7] Outro dos seus tíos foi o litógrafo e gravador vitoriano Richard James Lane.[8]

Entre 1874 e 1892 traballou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico. Posteriormente desprazouse a Rusia e tamén a Exipto, en misións de investigación arqueolóxica.[3]

De 1897 a 1904 exerceu como profesor no Trinity College da Universidade de Dublín, onde ocupou a cátedra de Estudos Arábigos.[9]

En 1879 casou con Charlotte Bell Wilson, quen finou en 1905.[3] A parella tivo tres fillos e unha filla.[1][9]

Finou en Londres o 20 de decembro de 1931, aos 77 anos.[3]

RecoñecementosEditar

PublicaciónsEditar

Esta é unha selección dos traballos monográficos máis salientables publicados por Stanley Lane-Poole:[7][11]

Historiografía e arteEditar

 
Portada interior da edición de 1966 de Studies in a Mosque, obra de Stanley Lane-Poole.

NumismáticaEditar

Serie: British Museum Catalogues of CoinsEditar

BiografíasEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Stanley Edward Lane-Poole". Ancestry.ca
  2. 2,0 2,1 2,2 Nordisk familjebok (1911).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Obituaries: Stanley Lane-Poole". En The Art News. Vol. XXX. 15. 9 de xaneiro de 1932. Páxina 12.
  4. Baigent, E. (2004). "Poole, Sophia Lane (1804-1891)".En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press."
  5. "Poole, Reginald Stuart". En Dictionary of National Biography. Vol. 46.
  6. Lane-Poole, S. (1877). Life of Edward William Lane. Williams and Norgate, Londres.
  7. 7,0 7,1 "Stanley Lane-Poole (1854-1931)". BnF Data.
  8. Lane-Poole, Stanley (1892). "Lane, Richard James". En Lee, S. (ed.). Dictionary of National Biography. 31. Smith, Elder & Co., Londres.
  9. 9,0 9,1 Carron, L. T. (1983). "Lane-Poole, Charles Edward (1885-1970)". En Australian Dictionary of Biography. Volume 9.
  10. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  11. "Lane-Poole, Stanley 1854-1931". WorldCat Identities.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar