Harold Mattingly

Numismático e erudito inglés
Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Mattingly
Para outros artigos de persoas chamadas igual, véxase a páxina de homónimos Harold Mattingly (homónimos)

Harold Mattingly, nado o 24 de decembro de 1884 en Sudbury, no condado inglés de Suffolk, e finado o 26 de xaneiro de 1964 en Chesham, Buckinghamshire, foi un historiador da arte e numismático británico, especializado na Antiga Roma, especialmente na circulación monetaria romana e etrusca.[1][2][3]
O seu fillo, Harold B. (Braithwaite) Mattingly (1923-2015) foi tamén un recoñecido numismático, presidente da Royal Numismatic Society entre 1999 e 2004.[4]

Modelo:BiografíaHarold Mattingly
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1884
Sudbury, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1964 (79 anos)
Chesham, Buckinghamshire
Inglaterra
18º Presidente da Real Sociedade Numismática
1942 – 1948
← Edward Allen SydenhamHumphrey Sutherland → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
EducaciónUniversidade de Oxford
Museo Británico
Actividade
Campo de traballoNumismática, historiografía
Ocupaciónnumismático, erudito clásico, tradutor, profesor universitario, historiador da arte Editar o valor en Wikidata
EmpregadorMuseo Británico Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresEduard Meyer e Ernst Fabricius Editar o valor en Wikidata
Influencias en
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosHarold B. Mattingly Editar o valor en Wikidata
Premios
- Medalla Huntington da American Numismatic Society (1938)
- Medalla da Royal Numismatic Society (1941)
- Médaille de vermeil da Société Française de Numismatique (1939).

BNE: XX1179772

Traxectoria

editar

Logo da súa formación superior no Gonville and Caius College, da Universidade de Cambridge, aos seus 26 anos, en 1910, incorporouse ao Departamento de Libros Impresos do Museo Británico.

Entre 1909 e 1914 empezoua a amosar o seu interese pola historia da Antiga Roma e publicou os seus dous primeiros libros sobre o asunto.

Durante a primeira guerra mundial, traballou nos servizos de censura postal e, á fin da guerra, retomou a súa actividade no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, centrando a súa dedicación no estudo de moedas antigas.[5]

De feito, xa desde 1912, Harold Mattingly entrara a formar parte da Royal Numismatic Society, entidade que lle chegou a entregar en 1941 coa súa presixiosa medalla en recoñecemento á súa completa revisión da cronoloxía utilizada ata a época para o estudo do denario, cuxa aparición datou en 187 a. de C., e non en 269 a. de C., como se consideraba habitualmente, con base na tradición escrita de Plinio o Vello.[6][7] Porén, a descuberta en 1955 dos achados de denarios e quinarios practicamente novos en Morgantina, en Sicilia, supuxo a proba arqueolóxica definitiva da aparición do denario cara a 211 a. de C., o que tirou por terra a hipótese de Mattingly.[8]

En 1939 foi galardoado coa "médaille de vermeil", o maior recoñecemento outorgado pola Société Française de Numismatique.[9]

Publicacións

editar
 
Imaxe dun quinario, extraída da obra de Harold Mattingli Roman coins from the earliest times to the Fall of the Western Empire (1927). Apéndice IX

Obra historiográfica

editar
  • (1910): The Imperial Civil Service of Rome. Cambridge University Press. Cambridge. [Texto en liña]
  • (1914): Outlines of the Ancient History from the Earliest Times to the Fall of the Roman Empire in the West, A.D. 476. Cambridge University Press. [Texto en liña]
  • (1956): Essays in Roman Coinage. Oxford University Press. Oxford. [Texto en liña]
  • (1957): Roman Imperial Civilization. Eduard Aenold Publishers. Londres. [Texto en liña]
  • (1966): The Man in the Roman Street. W. W. Norton. Nova York. [Texto en liña]
  • (1967): Christianity in the Roman Empire. W. W. Norton. Nova York. [Texto en liña]

Obra numismática

editar
Artigo principal: The Roman Imperial Coinage.

A el débeselle a iniciativa, en 1923, da redacción de Roman Imperial Coinage, catálogo monumental cronolóxico das emisións monetarias romanas, que supuxo unha superación da metodoloxía utilizada por Henry Cohen na súa obra Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain, que se viña utilizando desde o século XIX. Matingly ocupouse inicialmente dos volumes II, III, IVa, IVb e IVc do novo proxecto e, logo da súa morte en 1964, Humphrey Sutherland e R. A. G. Carson asumiron a dirección do catálogo monumental.[10][11]

Traducións

editar

Paralelamente á súa dedicación á numismática, Mattingly tamén foi o autor das traducións de dúas obras de Tácito, Agrícola e Xermania, publicadas en inglés en 1948. Esta tradución está considerada como unha das mellores e aínda se segue a usar e a reeditar na acualidade.[12][13]

Así mesmo, foi tradutor ao inglés de diversos traballos historiográficos.[14]

  1. Carson, R. A. G. "Harold Mattingly 1884-1964". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. Serie 7ª. Vol. 5 (1965). Páxinas 239-254.
  2. Obituario: "Dr Harold Mattingly, Distinguished Numismatist". En The Times, 1 de febreiro de 1964. Páxina 10.
  3. Giard, Jean-Baptiste. "In memoriam : Harold Mattingly". En Revue Numismatique. 1964. 6. Páxinas 217-218.
  4. Mattingly, David. "Harold Mattingly obituary". En The Guardian, 28 de setembro de 2015.
  5. "Mattigly, Harold Arquivado 19 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". En Sorensen, Lee (ed.). Dictionary of Art Historians.
  6. The numismatic chronicle and journal of the Royal Numismatic Society. Serie IV. Vol XII. Londres, 1912. Páxina 20: "Mr. Harold Mattingly was elected a Fellow of the Society". Ver texto en liña
  7. "The Society's Medal". The Royal Numismatic Society.
  8. Giard, Jean-Baptiste. "Rudi Thomsen, Early Roman coinage. A study of the chronology. Vol. II et III. Synthesis. [compte-rendu]". En Revue numismatique. 1962. 6. Nº 4. Páxinas 321-322.
  9. "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique.
  10. Zehnacker, H (1985). "С. H. V. Sutherland, The Roman Imperial Coinage, Volume I, Revised edition, From 31 ВС to AD 69". En Revue numismatique. Vol. 6. Nº 27. Páxinas 229-231.
  11. Zehnacker, H. (1986) "Où en est le Roman Imperial Coinage ?". En Bulletin de l'Association Guillaume Budé (2): 202–205.
  12. Mattingly, H.; Cornelius Tacitus. Tacitus on Britain and Germany. Penguin Books. 1948
  13. "4.1 Revisions of a classical text - Agricola and Germania". En Munday, J. Evaluation in Translation. Critical poins of translator decision-making. Routledge, 2012. Páxina 105. ISBN 978-0-415-57769-4
  14. Altheim, Franz. A History of Roman Religion. Mathuen & Co. Londres. 1933. Traducida ao inglés por Mattingly.

Predecesor:
Edward Allen Sydenham
 
Presidente da Royal Numismatic Society

1942 - 1948
Sucesor:
Humphrey Sutherland