Proceedings of the British Academy

serie editorial da Academia Británica

Proceedings of the British Academy é unha serie de publicacións académicas sobre asuntos relativos ás humanidades e ás ciencias sociais, editada baixo os auspicios da Academia Británica. [1]

Proceedings of the British Academy
TipoHumanidades e ciencias sociais.
Fundación1905
Empresa editoraOxford University Press
EditorialAcademia Británica
LinguaLingua inglesa
PeriodicidadeIrregular
ISSN0068-1202
Na rede
http://www.britac.ac.uk/pubs/cat/pba.html e https://www.thebritishacademy.ac.uk/publishing/proceedings-british-academy/
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A serie comezou a publicarse en 1905 e tivo unha periodicidade anual ata 1927.[1]

Ata 1991, os volumes publicados consistían maioritariamente en textos de conferencias pronunciadas dentro das actividades da Academia Británica, así como obituarios e memorias biográficas dos membros da institución que ían falecendo. Mais a partir de 1992 os Proceedings convertéronse nunha serie carente de regularidade, con volumes constituídos por colleitas temáticas de artigos, derivados das conferencias pronunciadas na Academia.

Desde o curso 2011-2012, a publicación destes textos de conferencias trasladouse ao novo Journal of the British Academy, accesible en liña a través de internet, en tanto que a sección de obituarios se transferiu á nova serie independente chamada Biographical Memoirs of Fellows of the British Academy.[2][3] Como resultado desta reconstitución, a serie Proceedings of the British Academy pasou a centrarse desde ese momento na publicación de ensaios temáticos de carácter monográfico.

A serie foi publicada desde os seus inicios por Oxford University Press en nome da Academia Británica.[4] A partir de 2012, o contido dos volumes que a constitúen tamén se inclúe en British Academy Scholarship Online.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar