Henry Cohen (numismático)
- Para outros artigos de persoas chamadas igual, véxase a páxina de homónimos Henry Cohen
Henry Cohen nado en Ámsterdam en 1806 e finado na comuna francesa de Bry-sur-Marne en 1880, foi un numismático francés, experto na moeda da Antiga Roma e autor dun dos catálogo de moedas de época imperial que se converteu na obra de referencia nese período.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1806 Ámsterdam, Países Baixos |
Morte | 17 de maio de 1880 (74 anos) Bry-sur-Marne, Francia |
Actividade | |
Ocupación | compositor, teórico da música, numismático, profesor de música, bibliologist (en) |
Descrito pola fonte | Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron |
Tamén é coñecido polos seus traballos sobre bibliofilia e pola súa obra musical e musicolóxica.[1][2]
Traxectoria
editarHenry Cohen naceu o 21 de abril de 1806 en Ámsterdam. Desde moi novo, apaixonouse pola música, sobre a que escribiu varias obras en colaboración co barón Jean de Witte, tamén numismático, e dedicouse así mesmo ao coleccionismo de moedas romanas e de libros antigos.[3]
En 1859 entrou a traballar como interino no Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, entidade da que chegou a ser nomeado bibliotecario en 1875. Entre as súas obras en materia numismática é moi de salientar a súa Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain ("Descrición histórica das moedas cuñadas no Imperio Romano"), un catálogo de moedas romanas inventariadas na súa época que abrangue desde Pompeio ata Rómulo Augústulo, referencia dos estudos de numismática imperial romana na fin do século XIX e unha parte do século seguinte, ata a publicación de The Roman Imperial Coinage, xa no século XX.[4]
Moi afeccionado aos gravados e á bibliofilia, tamén é autor dunha obra de referencia sobre o libro ilustrado do século XVIII: Guide de l'amateur de livres à vignettes du XVIIIe siècle ("Guía do afeccionado aos libros con ilustracións do século XVIII"), da que houbo seis reedicións entre 1870 e 1912.[5]
Ademais deses traballos principais, Cohen escribiu tamén varas composicións musicais, unha das cales, a ópera l'Impgnatrice, chegou a ser representada en Nápoles, en París e en Londres cara a 1834. Ademais, publicou diversos traballos sobre teoría musical.[6]
Henry Cohen morreu o 17 de maio de 1880 na comuna francesa de Bry-sur-Marne, no departamento de Val do Marne, na rexión da Illa de Francia, onde está soterrado.[7][8]
Obra
editarEsta é unha selección dos traballos publicados por Henry Cohen.[9][10]
Libros
editar- Traité d’harmonie pratique. París, 1841.
- Description générale des monnaies de la République romaine, communément appelées Médailles consulaires. París, 1857.
- Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain communement appelées médailles impériales. Cez M. Rollin. París. Tomo I: 1859. Tomo II: 1859. Tomo III: 1860. Tomo IV: 1860. Tomo V: 1861. Tomo VI: 1862. Tomo VII: 1868.
- Liste des médaillons et des médailles d’or qui ont été volées en 1831 au Cabinet des médailles et qui n’ont pas encore été remplacées jusqu’à ce jour. París, 1863.
- Inventaire des médailles romaines d’or et d’argent. París, 1874.
- Guide de l’acheteur de médailles romaines et byzantines, ou Tableau du prix des médailles romaines et byzantines dans tous les métaux. París, 1876.
- Inventaire de la collection des monnaies de la République romaine léguée à la Bibliothèque nationale par M. le baron d’Ailly. París, 1877-1879.
- Guide de l'amateur de livres à vignettes du XVIIIe siècle. París, 1870. Seis reedicións ata 1912: 1ª edición: 1870). 2ª edición: 1873. 6ª edición: 1912.
- Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. París, 1892.
Artigos
editar- "Essai sur la véritable prononciation du latin d'après les médailles antiques". En Revue numismatique. 1854. Páxinas 296-304.
- "Notice sur deux médailles consulaires (familles Fabia, Romania et Pompeia)". "n Revue numismatique. 1858. Páxinas 52-57.
- "Une médaille d'or inédite de Jules César". En Revue numismatique. 1858. Páxinas 386-388.
- "Notice sur sept monnaies romaines". En Revue numismatique. 1860. Páxinas 359-363.
- "Des variétés dans la “gens” numismate". En Le Numismate. Xuño de 1863. N° 13. Páxinas 125-127.
- "La Numismatique de Pescennius Niger (suites grecques et romaines)". En Revue numismatique. 1868. Páxinas 432-445.
- "Le Trésor de Tarse". En L'Illustration. 14 de agosto de 1869. Vol. LIV. N° 1.381. Páxinas 108-109.
Óperas
editar- L'Impegnatrice. Nápoles, 1834.
- Aviso ai maritati. Nápoles, 1839.
- Marguerite et Faust. París, 1843.
- Le Moine. Londres, 1851 (estrea dirixida por Héctor Berlioz)
Notas
editar- ↑ "Henry Cohen's Work". En VirtualCohen.com
- ↑ "Cohen, Henry". En CERL Thesaurus.
- ↑ Schubert, H. Cohen, Henry. En Geschichte der Altertumswissenschaften. Biographisches Lexikon. Metzler. Stuttgart/Weimar, 2012. Páxina 239. ISBN 978-3-476-02033-8
- ↑ Babelon, J. "Cohen, Henry". En Dictionnaire de biographie française. París, 1960. Páxinas 135-136.
- ↑ Chabouillet, A. "Henry Cohen (1806-1880) Arquivado 01 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". En www.sacra-moneta.com
- ↑ "Cohen, Henry". En JewishEncyclopedia.com
- ↑ Nota necrolóxica de Henry Cohen Arquivado 26 de agosto de 2017 en Wayback Machine..
- ↑ Allocution prononcée sur la tombe de M. Henri Cohen, à Bry-sur-Marne (Seine), le mercredi 19 mai 1880 ; par M. Chabouillet. Chabouillet, A. Impr. de Dupont, París. 1880
- ↑ Saliot, M. "Cohen, Henry". En Dictionaire critique des historiens de l'art. Institut National d'Histoire de l'Art.
- ↑ "Cohen, Henry 1808-1880 Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". En Digital Library Numis.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henry Cohen |
Outros artigos
editar- Moeda da Antiga Roma
- Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain
- The Roman Imperial Coinage