Dodrans
O dodrans (voz latina) ou dodrante foi unha moeda da Antiga Roma de bronce emitida con carácter excepcional durante o período da República.[1][2][3]
Historia
editarO dodrans ou dodrante, concibido cun valor de nove onzas e equivalente ás tres cuartas partes dun ás, foi emitido exclusivamente en dúas ocasións: en 127 a. de C, polo cónsul Marco Cecilio Metelo, e en 126 a. de C., polo maxistrado C. Cassio, quen paralelamente emitiu tamén outra denominación á marxe das regulares do sistema monetario: o bes.[4]
O dodrans de Metelo
editarA emisión máis antiga, a de Metello, amosa no seu anverso o busto de Vulcano ollando á dereita, cun sombreiro cónico (píleo) rodeado por unha coroa de loureiro; pinzas no ombreiro e S ••• detrás.
No reverso presenta a característica proa de barco das moedas romanas desta época, arredor M•METELLUS sobre escudo Macedonio, e S ••• abaixo.[5]
Ademais do dodrans, Metelo emitiu tamén un denario, un semis, un triens e un cuadrante.
O escudo macedonio e as grilandas de loureiro aluden á vitoria obtida polo pai do monetario, Quinto Cecilio Metelo Macedónico, en 148 a. de C, en tanto que a Vulcano se lle atribuía ser un devanceiro da familia de Metelo.
O dodrans de Cassio
editarNo seu anverso preséntase a Vulcano ollando á dereita, con píleo e pinzas no ombreiro, e S ••• detrás. No reverso, un arco, C. CASSI arriba e S ••• á fronte.[6]
Este mesmo monetario, ademais do dodrans, emitiu algúns escasos exemplares de bes, de denario e de cuadrante.[7]
Notas
editar- ↑ "Dodrans". En Encyclopedie Methodique. Tomo 2. París. 1788. Páxina 430.
- ↑ "Dodrans". En Roman bronze coins. Submultiples of the as. www.monete-romane.com
- ↑ "Dodrans". En Smith, William et. al. (1890).
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Dodrans".
- ↑ Crawford, M. H. (1974). Páxina 288.
- ↑ Crawford, M. H. (1974). Páxina 290.
- ↑ "Dodrans". Descrición e fotografías do dodrans de Cassio e do de Metelo, en Numismatics.org
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dodrans |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4
- Burnett, Andrew. La Numismatique romaine, de la République au Haut-Empire. Errance, París, 1991. ISBN 9782903442699
- Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores).
- Crawford, M. H. Roman Republican Coinage. I. Cambridge University Press. 1974.
- Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley - Los Angeles. 1985. ISBN 0-520-05506-3
- Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305
- Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003.
- Smith, William et. al. (1890). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. John Murray. Londres.
- Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8
Ligazóns externas
editar- Identificador de moedas da Antiga Roma Arquivado 17 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma) Arquivado 27 de marzo de 2019 en Wayback Machine.
- La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.