E. Stanley G. Robinson
- Para outros artigos referidos a persoas con nome e apelidos semellantes véxanse as páxinas de homónimos Stanley Robinson (homónimos) e Edward G. Robinson
Edward Stanley Gotch Robinson, nado o 4 de xullo de 1887 en Bristol, e finado en 1976 en Dorset, Inglaterra, foi un numismático británico especializado en moeda da Antiga Roma e da Antiga Grecia, vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 Bristol, Reino Unido |
Morte | 1976 (89 anos) Dorset |
Lugar de sepultura | St Mary's churchyard (en) |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Christ's Curch. Universidade de Oxford. |
Q89547790 | Estudos de numismática grega e romana. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, conservador, historiador da arte |
Empregador | Museo Británico |
Familia | |
Cónxuxe | Pamela Horsley. |
Premios | |
- (1935): Medalla Huntington (ANS). - (1942): Medalla da RNS. | |
Descrito pola fonte | Edward Stanley Gotch Robinson 1887–1976 (en) Stanley Robinson † (en) |
Traxectoria
editarStanley Robinson naceu no distrito de Clifton, en Bristol, sexto dos sete fillos do comerciante de papel Edward Robinson e da súa esposa, Katherine Frances.[1][2]
Cursou a súa educación secundaria no Clifton College, de Bristol, e os seus estudos superiores no colexio Christ Church, da Universidade de Oxford.[2]
Ingresou na Escola Británica de Atenas no curso 1910-1911, e no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1912.[2][4]
En 1914 alistouse ao exército británico e resultou ferido en combate Francia no transcurso da primeira guerra mundial. Á súa volta ao Reino Unido, logo dun período traballando no Ministerio do Interior, regresou ao Museo Británico, onde foi nomeado conservador auxiliar en 1935 e, finalmente, sucedeu a George Francis Hill como conservador xefe do Departamento de Moedas e Medallas entre 1949 e 1952.[2][4]
Paralelamente, en 1938 comezou a exercer a docencia da materia de Numismática na Universidade de Oxford e foi asesor do coleccionista de arte Calouste Gulbenkian na súa colección de moedas.[2]
Robinson xubilouse en 1955, aínda que continuou a exercer como asesor do gabinete numismático do Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford, ao que en 1964 lle doou a súa colección particular.[2]
No aspecto familiar, Robinsoun casou en 1917 con Pamela Horsley.[2]
Recoñecementos
editar- (1910): Premio Barclay Head, do Museo Británico.[2]
- (1935): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York.[5]
- (1942): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[6]
- (1955): Doutoramento honorífico pola Universidade de Oxford.[2]
Publicacións
editarRobinson publicou abundantes artigos numismáticos nas principais revistas do sector da súa época, sinaladamente en Journal of Hellenic Studies, en Numismatic Chronicle e en Revue numismatique. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:[7][8][9]
- (1923). Catalogue of ancient Greek coins (con G. L. Lampson). Humphreys, Londres.
- (1927). Catalogue of the Greek coins of Cyrenaica. British Museum, Londres.
- (1931). The Collection of Capt. E.G. Spencer-Churchill, M.C., of Northwick Park / The Salting Collection in the Victoria and Albert Museum. Oxford University Press.
- (1933) The Date of the Roman Denarius and Other Landmarks in Early Roman Coinage (con H. Mattingly). H. Milford, Londres.
- (1933). The Lloyd Collection [Sylloge nummorum Graecorum]. Oxford University Press.
- (1936). The Newnham Davis Coins in the Wilson Collection of Classical and Eastern Antiquities, Marischal College, Aberdeen (con H. N. Davis). Oxford University Press.
- (1952). A guide to the exhibition of Roman coins in the British Museum (con H. Mattingly). British Museum, Londres.
- (1971-1978). A catalogue of the Calouste Gulbenkian collection of Greek coins. Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Mayhew, N. (2011).
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 "Robinson, Edward Stanley Gotch, Sir". Dictionary of Art Historians.
- ↑ "Sir Edward Robinson Authority on Greek Coins". En The Times. 15 de xuño de 1976. Páxina 16.
- ↑ 4,0 4,1 "Sir Edward Stanley Gotch Robinson". The British Museum.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ Bibliografía completa en Kraay, C. M.; Jenkins, K. (1968).
- ↑ "Robinson, E. S. G. (Edward Stanley Gotch)". WorldCat Identities.
- ↑ "Robinson, Edward Stanley Gotch 1887-1976 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Kraay, C. M.; Jenkins, K. (1968). "Bibliography of Stanley Robinson's works 1914-1966". En Essays in Greek Coinage Presented to Stanley Robinson. Clarendon Press, Oxford. Páxinas 259-263.
- Mayhew, N. (2011). "Robinson, Sir (Edward) Stanley Gotch (1887-1976), numismatist". En Oxford Dictionary of National Biography.
- Sutherland, H. (1977): Edward Stanley Gotch Robinson: 1887-1976. Oxford University Press. ISBN 9780856721670