Quinario
- Para a moeda de bronce da República Romana de igual valor (5 ases), ver quincussis.
O quinario (en latín: quinarius nummus) foi unha moeda da Antiga Roma de prata, creada no século III a. de C., en tempos da República, co valor de medio denario de prata ou cinco ases de bronce.[1][2][3][4][5]
No inicio do período imperial, utilizouse tamén a denominación de quinario de ouro (quinarius aureus) para se referir á moeda de medio áureo.[6]
Historia
editarQuinario de prata
editarO quinario comezou a ser cuñado no marco da segunda guerra púnica, en 211 a. de C., simultaneamente ao denario e ao sestercio, herdando o seu valor de cinco ases do anterior quincussis de bronce republicano[7]. De feito, a esta equivalencia de cinco ases (ou medio denario) debe tanto a orixe da súa denominación, quinarius nummus derivada de quinque ("cinco"), como a marca de valor que representa o numeral romano V (pola mesma razón, o denarios amosan a marca X).[8][9]
En palabras de Plinio (23-79):[10]
“ | (...) Placuit denarius pro decem libris aeris, quinarium pro quinque (...) | ” |
O mesmo Plinio recolle tamén na súa obra unha cita de Volusius Maecianus:[11]
“ | (...) Denarius primo asses decem valebat, unde et nomen traxit: quinarius dimidium ejus, id est quinque asses, unde et ipse vocatur (...) | ” |
A tipoloxía inicial destas primeiras emisións, tanto dos quinarios como dos denarios, consistía na cabeza con casco da deusa Roma no anverso e os Dióscuros no reverso.[12][13]
Logo da súa oprimera emisión, o quinario foi reintroducido en 101 a. de C. en substitución do vitoriato, pero nese momento coa nova equivalencia de oito ases, por mor do reaxuste do denario, que pasara a valer 16 ases nunha reforma de 118 a. de C.[14] Nos anos seguintes a esta reintrodución, cuñáronse grandes cantidades de quinarios, a maioría deles para a súa posta en circulación na Galia.[15]
A partir de aí, a produción de quinarios foi moi esporádica na fase final da República e durante o Imperio, ata o século III.[16] Na decadencia do Imperio, a partir de Aureliano (270-275), emitíronse quinarios moi desvalorizados de billón e, finalmente, só de cobre, antes da súa desaparición definitiva.[17]
Quinario áureo
editarA posterior denominación de quinarius aureus (quinario áureo ou de ouro), para o valor de medio áureo, que xa aparecera no período republicano, foi integrada no novo sistema monetario instituído por Augusto no ano 19 a. de C.[18][19]
A súa emisión foi esporádica e non circulou en todo o Imperio. Rrealmente non foi unha moeda relevante no sistema. A súa tipoloxía foi común á do áureo.[20]
No ano 64 d. de C., a reforma monetaria de Nerón reduce o peso do áureo a 7,26 gramos e o quinario áureo sufriu unha desvalorización proporcional.
Áureo | Quinario (Au) | Denario | Quinario (Ag) | Sestercio | Dupondio | Ás | Semis | Quadrans | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Áureo | 1 | 2 | 25 | 50 | 100 | 200 | 400 | 800 | 1.600 |
Quinario (Au) | 1/2 | 1 | 12 1/2 | 25 | 50 | 100 | 200 | 400 | 800 |
Denario | 1/25 | 2/25 | 1 | 2 | 4 | 8 | 16 | 32 | 64 |
Quinario (Ag) | 1/50 | 1/25 | 1/2 | 1 | 2 | 4 | 8 | 16 | 32 |
Sestercio | 1/100 | 1/50 | 1/4 | 1/2 | 1 | 2 | 4 | 8 | 16 |
Dupondio | 1/200 | 1/100 | 1/8 | 1/4 | 1/2 | 1 | 2 | 4 | 8 |
Ás | 1/400 | 1/200 | 1/16 | 1/8 | 1/4 | 1/2 | 1 | 2 | 4 |
Semis | 1/800 | 1/400 | 1/32 | 1/16 | 1/8 | 1/4 | 1/2 | 1 | 2 |
Quadrans | 1/1.600 | 1/800 | 1/64 | 1/32 | 1/16 | 1/8 | 1/4 | 1/2 | 1 |
Notas
editar- ↑ "Quinario Arquivado 06 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". En Digalego. Dicionario de galego.
- ↑ Amandry (2001). "Quinaire".
- ↑ Mateu y Llopis, F. (1946). "Quinario".
- ↑ "Quinarius". En Rich, Anthony. Dictionnaire des Antiquités romaines et grecques. 3ª ed. 1883.
- ↑ "Quinarius". En Girod, Joseph. Dictionaire spécial et classique des monnaies, poids, messures, duivisions du temps chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827. Páxina 43.
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. (2009). "Quinario de oro".
- ↑ "Quinarius". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
- ↑ Alfaro Asins, C. et al. "Quinario". En Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- ↑ "Quinarius". En Roman silver coins. Fractions of the denarius. www. monete-romanae.com.
- ↑ Plinio. Naturalis Historiae. Libro 33.C.2.3.S.11-13
- ↑ Plinio. Naturalis Historia. Libro XXXIII.
- ↑ Depeyrot (2006). Páxina 13.
- ↑ "Quinarius". En Forum Ancient Coins.
- ↑ "Quinaire". En Encyclopedie Methodique. Tomo 5º. París. 1793. Páxina 198.
- ↑ Vagi, D. (2001). "The Early Empire. Silver & billon. Quinarius (pl. Quinarii)".
- ↑ Melville Jones (1990). "Quinarius".
- ↑ "Quinario". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com.
- ↑ Depeyrot (2006). Páxina 33.
- ↑ Mateu y Llopis, F. (1946). "Quinario de oro".
- ↑ Vagi, D. (2001). "The early Empire. Gold. Quinarius (pl. Quinarii)".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quinario |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7
- Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6
- Burnett, Andrew. Coinage in the Roman World. Seaby. Londres, 1987. ISBN 978-0-900652-84-4
- Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores).
- Depeyrot, Georges. La monnaie romaine : 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Éditions Errance. 2006. ISBN 2877723305
- Mateu y Llopis, F. Glosario hispánico de Numismática. Barcelona, 1946.
- Melville Jones, John R. A Dictionary of Ancient Roman Coins. Spink. Londres, 2003.
- Sutherland, C. H. V. Roman Coins. Barrie and Jenkins. Londres, 1974. ISBN 0-214-66808-8
- Vagi, D. L. Coinage and History of the Roman Empire. Vol I-II: coinage. Taylor & Francis Group. 2001. ISBN 978-1579583163
Ligazóns externas
editar- "Quinarius". Descricións e fotografías en Coin Archives.
- "Quinarius". Descricións e fotografías en Online Coins of the Roman Empire.
- Identificador de moedas da Antiga Roma
- Digital Library Numis (bibliografía sobre numismática da Antiga Roma)
- La Bible des monnaies romaines de 313 à 476 ap. J.-C.