Abrir o menú principal
Áureo do 193 representando a Lucius Septimius Severus.

O áureo (en latín: aureus, plural aurei) era unha moeda da antiga Roma de ouro, equivalente a 25 denarios de prata.

Índice

HistoriaEditar

Foi emitida regularmente dende o século I a. C. até o século IV d.C., cando foi substituído polo sólido (solidus). O áureo tiña aproximadamente as mesmas dimensións do denario, aínda que moito máis pesado debido á densidade do ouro.

A partir da época de Xulio César, o áureo pasou a ser acuñado con máis frecuencia. César tamén fixou o peso da moeda en 1/40 da libra romana (aproximadamente o equivalente a 8 gramos). Durante o reinado de Nerón, o peso do áureo foi reducido a 1/45 de libra. Durante o goberno de Marco Aurelio, a produción declinou, e con Caracalla foi desvalorizado de novo o seu peso: 1/50 de libra. Foi substituído polo solidus no 309 d. C., durante o reinado de Constantino.

EquivalenciasEditar

Entre o 27 a.C. e o 212 d.C. un áureo (1/40 de libra de ouro, desvalorizado a un 1/50 libra en 212), equivalía a:

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar