Georges Depeyrot
Georges Depeyrot, nado o 25 de maio de 1953, é un historiador e numismático francés, director de investigación do Centro Nacional de Investigación Científica de París.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1953 Francia |
Director de investigación do CNRS | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francesa |
Educación | Universidade de Tolosa |
Q89547790 | - Publicación de achados monetarios. - Estudos de economía monetaria da Antigüidade. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e historiografía |
Ocupación | historiador, numismático |
Empregador | Universidade de Toulouse (pt) |
Premios | |
(2002): Diploma de honra. Academia Nacional de Ciencias da República de Armenia. |
Traxectoria
editarCarreira académica e investigadora
editarLogo de cursar o ensino secundario no Liceo Gambetta en Cahors e xa cos seus primeiros traballos publicados (1968), estudou Historia na Universidade de Tolosa (Toulouse II Jean-Jaurès), onde se graduou en 1974 e acadou o grao de doutor o 27 de xuño de 1977, coa defensa dunha tese titulada Recherches sur les émissions de «nummi» de Londres, Trèves, Lyon et Arles de 294 à 346, étude quantitative, baixo a dirección de Michel Labrousse. Nesa mesma universidade exerceu como profesor de Numismática Antiga a partir do ano 1982.[1][4]
Traballou no Centro Ernest babelon de Orleáns entre 1982 e 1985, cando pasou a integrarse no equipo de Economía Medieval, en Lille (Économie médiévale, l'espace européen). De 1989 a 2010 traballou no Centro de Investigación Histórica da Escola de Altos Estudos en Ciencias Sociais de París, e nese último ano ingresou no laboratorio de Arqueoloxía e Filoloxía de Oriente e de Occidente, da Escola Normal Superior de París, onde exerceu tamén como profesor adxunto.[1][5]
A partir de 2010, estivo traballando no Foro Académico Internacional (IAFOR) e foi nomeado director da iniciativa IAFOR Silk Road, así como membro do Consello Asesor Académico Internacional e da Escola de Política Pública Internacional, en Osaka.[6][7][8]
Desde 2012, Depeyrot ocupa o cargo de director de investigación do Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS) de Francia.[1]
En 2015 ingresou como investigador no Instituto Louis Bachelier, inicialmente nun proxecto para estudar descubertas monetarias, aínda que finalmente a temática diversificouse axiña.[1]
Dedicouse primeiro á publicación das moedas aparecidas en escavacións e tesouros descubertos en Francia (principalmente do Imperio Romano), e máis tarde foi reclamado para estudar descubertas en España e en Marrocos.[9][10]
Paralelamente, seguiu a desenvolver corpus de emisións monetarias, analizando as moedas como testemuños das relacións económicas e sociais, o que o levou a ampliar constantemente a súa área de traballo, ata abranguer Europa Occidental e logo a Oriental, ata os Urais, en paralelo aos corpus de moedas galas, merovinxias e carolinxias, principalmente no marco da Colección Moneta, da que el é o responsable científico.[11]
No ámbito da colaboración internacional, Depeyrot participou en programas con Armenia, con Romanía (2004-2006); con Polonia, Romanía, Moldova e Eslovenia (2007-2010); e con Romanía e Xeorxia (2009-2010).[12][13][14] Participou tamén nun programa ANR DAMIN sobre "A depreciación monetaria e as relacións internacionais", composto pola Unión Europea, Xapón e os EEUU.[1][15]
Recoñecementos académicos
editarGeorges Depeyrot é membro correspondente da Sociedade Americana de Numismática, onde actouo como provesor visitante en 1990, e membro honorario da Sociedade Numismática Romanesa e do Instituto de Arqueoloxía Vasile Parvan, de Bucarest. En 2002 recibiu un diploma de honra do Instituto de Historia da Academia Nacional de Ciencias da República de Armenia.[16]
Responsabilidades institucionais
editarNa década de 1990 ocupou diversos órganos na Administración francesa relacionados coa investigación: membro do Consello Superior de Investigación e Tecnoloxía (1991-1993), do grupo de preparación do XI Plan de Investigación, Tecnoloxía e Competitividade (1992-1993) e da Comisión Consultiva de Bolsas de Investigación (1993-1999).[17][18][19]
Formou parte do consello de administración do Centro Nacional de Investigación Científica (CNRS), organismo no que participou ademais en diversas instancias, tanto administrativas como científicas.[20][21]
No terreo sindical, entre 1983 e 1991 foi membro da dirección nacional do Sindicato Nacional dos Investigadores Científicos (SNCS). De 1991 a 1995 foi membro do consello e da dirección federal nacional da Federación de Educación Nacional, posto desde o que terminou redactou a redacción do Estatuto do Funcionariado.
Labor editorial
editarEn 1995 comezou a dirección da Colección Moneta, que el mesmo creou para facilitar a publicación de achados numismáticos, de obras de economía monetaria e de historia. Estes libros (máis de 200) están publicados en diversos idiomas e abranguen moi diferentes países de todos os continentes.[1][11]
Entre 1994 e 2000 dirixiu a sección numismática (Collections numismatiques) da editorial Errance-Actes Sud.[1][22]
Depeyrot foi, ademais, membro de varios comités editoriais e consellos científicos, entre eles os do Centre national de recherche sur les jetons et les méreaux du Moyen Âge, e de revistas como Histoire & Mesure (desde 1986), Annotazioni Numismatiche (1991-2006), Acta Archaeologica Carpathica (desde 2009), Studii si Cercetari de Numismatica (desde 2010), Notae Numismaticae-Zapiski Numizmatyczne (desde 2011) ou OMNI (desde 2012).[23][24][25][26]
Principais publicacións
editarOs catálogos da Biblioteca Nacional de Francia e do Système universitaire de documentation (SUDOC) recollen case 200 referencias de monografías ou capítulos de obras da autoría de Depeyrot.[27][28] Tamén resulta útil a consulta da base de datos de bibliografía numismática Digital Library Numis.[29]
A súa bibliografía máis completa está na Academia, onde se inclúen traballos publicados fóra de Francia ou traducidos, así como artigos científicos (case 500).[2]
A todos estes traballos cómpre engadir os publicados pola súa iniciativa ou baixo a súa dirección na Collection Moneta.[11]
Escolma de monografías
editar- (1987): Le Bas Empire romain. Économie et numismatique (284-491). Ed. Errance. París. ISBN 978-2903442408
- (1988): La République romaine. Con S. Bourgey. Ed. Errance. París. ISBN 978-2903442842
- (1991): La numismatique romaine. De la République au Haut-Empire. Con A. Burnett. Ed. Errance. París. ISBN 978-2903442699
- (1991): Crises et inflation entre Antiquité et Moyen âge. Armand Colin. ISBN 978-2200312893
- (1993): L'argent monnayé d'Alexandre le Grand à Auguste. Con Callataÿ, F. e Villaronga i Garriga, L. Cercle d'études numismatiques. Bruxelas.
- (1994): Richesse et société chez les Mérovingiens et Carolingiens. Ed. Errance. París. ISBN 978-2877720847
- (1994): L'Empire Romain. Con S. Bourgey. Ed. Errance. París.
- Tome I: (31 av. JC – 96 ap. JC). ISBN 978-2877720700
- Tome II: (96 – 235 ap. JC). ISBN 978-2877720717
- (2002): Numismatique antique et médiévale en Occident. Ed. Errance. París. ISBN 978-2877722384
- (2006): La monnaie romaine: 211 av. J.-C. - 476 apr. J.-C. Ed. Errance. París. ISBN 978-2-87772-330-5
- (2008): Légions romaines en campagne, la colonne Trajane. Ed. Errance. París. ISBN 978-2877723787
- (2013): La monnaie gauloise. Ed. Archéologie Nouvelle. ISBN 979-1091458016
- (2014): Monnaies romaines : histoire et vie d'un empire. Ed. Archéologie Nouvelle. ISBN 979-1091458160
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "George Depeyrot". En Numismatic Who's Who. Coins Weekly.
- ↑ 2,0 2,1 "Georges Depeyrot Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.". En Academia.
- ↑ "Georges Depeyrot". En Babelio.
- ↑ Ficha da tese de doutoramento en SUDOC.
- ↑ "Depeyrot Georges. Directeur de recherche, CNRS". AOrOc - Archéologie & Philologie d’Orient et d’Occident.
- ↑ "Georges Depeyrot named Director of the IAFOR Silk Road Initiative". En Iafor.org.
- ↑ "International Academic Advisory Board > Arts & Humanities: Professor Georges Depeyrot". En Iafor.org.
- ↑ "The People Behind the IAFOR Reseach Centre. Senior Fellows. Professor Georges Depeyrot ". OSIPP - IAFOR Research Centre, Osaka University.
- ↑ "Bost, J-P.; Depeyroy, G. et al. (1987). Belo IV: Les Monnaies. Casa de Velázquez. Madrid. ISBN 9788440407658
- ↑ Depeyrot, G. (1999). Zilil I. Étude du numéraire. Publications de l'École Française de Rome. ISBN 2-7283-0566-8
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Sitio web da Colección Moneta. www.moneta.be.
- ↑ Depeyrot, G.; Kéram K.; Mouradian, C. (2000). "Groupe de recherches d'histoire arménienne "monmnaies, résaux, politique"". En Les Cahiers du Centre de recherches historiques. No 24. 20 de abril.
- ↑ "Georges Depeyrot". Association Culturelle Arménienne de Marne-la-Vallée.
- ↑ "Colaborarea franco-română în istoria monetară. Georges Depeyrot".
- ↑ "La Dépréciation de l'Argent Monétaire et les relations Internationales Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine.". Agence nationale de la recherche: "Coordinateur du project; Monsieur Georges Depeyrot".
- ↑ "Visiting Scholars in Residence Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine.". American Numismatic Society.
- ↑ Journal officiel de la République française. 19 de novembro de 1991.
- ↑ Journal officiel de la République française. 21 de outubro de 1992.
- ↑ Journal officiel de la République française. 27 de marzo de 1993.
- ↑ Journal officiel de la République française. 26 de novembro de 1992.
- ↑ Journal officiel de la République française. 8 de marzo de 1996.
- ↑ "Georges Depeyrot Arquivado 01 de abril de 2019 en Wayback Machine.". En Actes Sud.
- ↑ "Comité scientifique de soutien au Centre". Centre national de recherche sur les jetons et les méreaux du Moyen Âge.
- ↑ "Colegiu de redacţie Arquivado 11 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Studii si Cercetari de Numismatica.
- ↑ "Scientific Commitee". Notae Numismaticae-Zapiski Numizmatyczne.
- ↑ "Comité científico". Revista numismática OMNI.
- ↑ Publicacións de Depeyrot. Catálogo da BNF.
- ↑ Publicacións de Depeyrot. Procura en SUDOC.
- ↑ "Depeyrot, Georges 1953- Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.