Centre national de la recherche scientifique

(Redirección desde «CNRS»)

O Centre national de la recherche scientifique (Centro Nacional de Investigación Científica), coñecido polo acrónimo da súa sigla CNRS, é o meirande organismo de investigación científica de carácter público de Francia.

Centre national de la recherche scientifique


Tipopublic research institution in France (en) Traducir, instituto de investigación, editor de acceso aberto e organización Editar o valor en Wikidata
Parte deELIXIR France (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicainstituição pública nacional de natureza administrativa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lingua usadalingua francesa Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Fundador/aFrancis Perrin Editar o valor en Wikidata
Autoridade executivaMinisterio de Ensino superior e de Investigación de Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaresearch and development in other physical and natural sciences (en) Traducir e investigación científica Editar o valor en Wikidata
Economía
Orzamento
  • 3693000000 € (2021) Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación19 de outubro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Premios
Localización
Mapa
 48°50′52″N 2°15′50″L / 48.8477, 2.264
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
SedeParís Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBcnrs.fr Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: cnrs.fr Twitter: CNRS Instagram: cnrs LinkedIn: cnrs Youtube: UCRHBpvcASQs852H0t4mt1zA BNE: XX112880 Dialnet: 3616982 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Historia

editar

Fundouse o 19 de outubro de 1939 tras fusionárense a Caisse nationale de la recherche scientifique e a Office national des recherches scientifiques et des inventions.

Funcións

editar

Produce sabedoría e pon este saber ao servizo da sociedade.
A Lei 82-610 do 15 de xullo de 1982[1] de orientación e de programación para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico de Francia, coas súas modificacións posteriores, rexe os obxectivos, funcións e funcionamento da investigación pública en Francia e polo tanto é un dos textos fundamentais do CNRS, sendo este organismo un medio institucional da política de investigación en Francia.

É o artigo 14 do segundo capítulo da lei o que fixa os obxectivos dos organismos públicos encargados da investigación:

  • o desenvolvemento e o progreso da investigación en todos os terreos do coñecemento;
  • a valorización dos resultados da busca;
  • a difusión dos coñecementos científicos;
  • a formación á investigación e pola investigación.

A organicación e o funcionamento do CNRS están nese marco. O CNRS dedícase á investigación fundamental para favorecer o desenvolvemento. Desenvolve colaboracións en Europa e no resto do mundo, coas empresas, co ensino superior, coas colectividades territoriais e outros organismos en capacidade de aproveitar a busca básica, coa finalidade de responder ás necesidades da economía e da sociedade. É un dos editores de publicacións científicas dos máis recoñecidos a nivel internacional. No CNRS formanse científicos de nivel internacional, a maioría dos científicos franceses que recibiron premios Nobel, iniciaron carreira no CNRS ou pasaron unha etapa da carreira científica nel.

Organización

editar

Institutos públicos

editar

No 2010, dez institutos, dos cales tres son nacionais, reagrupan todas as disciplinas maiores:

  1. "texto oficial da Lei Lei 82-610 do 15 de xullo de 1982 consultado o 11 abril 2011". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 11 de abril de 2011. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

Web oficial do CNRS.