Institut du cerveau et de la moelle épinière

O Institut du cerveau et de la moelle épinière (en galego: Instituto do cerebro e da medula espiñal) de París é unha fundación francesa sen fins de lucro cuxa misión é contribuír á prevención e o tratamento das enfermidades, especialmente as neurolóxicas ou psiquiátricas (alzhéimer, parkinson, distonía, epilepsia, esclerose múltiple, ictus, cancro, demencia, depresión, trastorno obsesivo-compulsivo, autismo, etc.) así como na medula espiñal (paraplexía, cuadriplexía, etc.) e o cerebro.

Fundado o 24 de setembro de 2010, no local do Hospital de la Pitié-Salpêtrière, o centro de investigación reúne a 600 investigadores, enxeñeiros e técnicos.[1]

Membros fundadores editar

O ICM reúne a personalidades de todos os eidos (medicina, deporte, comercio, cine, etc.) e que puxeron as súas diversas áreas de coñecemento ao servizo da Fundación: Gérard Saillant (presidente da ICM), Yves Agid (director científico), Olivier Lyon-Caen, Luc Besson, Louis Camilleri, Jean Glavany, Maurice Lévy, Jean-Pierre Martel, Max Mosley, Lindsay Owen-Jones, Michael Schumacher, Jean Todt, David de Rothschild ou Serge Weinberg.

Os patrocinadores do ICM son Jean Reno e Michelle Yeoh.

Incubadora de iPEPS editar

O ICM acolle unha incubadora de negocios. En decembro de 2019, máis de 27 empresas aloxáronse nesta incubadora.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar