Harold B. Mattingly
- Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Mattingly
- Para outros artigos de persoas chamadas igual, véxase a páxina de homónimos Harold Mattingly (homónimos)
Harold Braithwaite Mattingly (nado en 1923 en Finchley, Barnet, Gran Londres, e finado o 23 de agosto de 2015, foi un historiador da civilización da Antiga Roma, epigrafista e numismático británico. Era fillo do recoñecido numismático Harold Mattingly.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1923 Finchley, Reino Unido (pt) |
Morte | 23 de agosto de 2015 (92 anos) Truro, Reino Unido |
30º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1999 – 2004 ← David Michael Metcalf – Joe Cribb → | |
Catedrático Universidade de Leeds | |
1970 – 1987 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Cambridge |
Q89547790 | Estudos de historia e numismática romanas. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e epigrafía. |
Ocupación | profesor universitario , numismático , erudito clásico |
Empregador | Universidade de Leeds |
Membro de | |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa, lingua latina e Grego antigo |
Familia | |
Cónxuxe | Erica Stuart (despois Mattingly). |
Pai | Harold Mattingly |
Carreira
editarMattingly cursou o ensino primario na escola de Saffron Walden e a educación secundaria na Leys School, de Cambridge. Xa despois da II guerra mundial, acadou unha diplomatura en Estudos Clásicos no Gonville and Caius College, da Universidade de Cambridge (1946-1948). Logo de lograr unha bolsa de investigación, redactou unha tese sobre o Senado Imperial Romano e, finalmente, alcanzou o grao de Mestrado en 1952.[1][2][3]
Entre 1950 e 1969 foi profesor de Historia Antiga na Universidade de Nottingham, e en 1970 incorporouse á Universidade de Leeds. As súas investigacións centráronse, ao longo de toda a súa traxectoria, na epigrafía e a numismática da Antiga Grecia e da República Romana. A partir destas investigacións publicou arredor de 160 artigos científicos, a maior parte deles compilados posteriormente en tres volumes. Logo da súa xubilación como profesor en Leeds, continuou co status de profesor emérito desa universidade ata a fin da súa vida.[1][2][3]
Entre 1999 e 2004, Harold B. Mattingly chegou a presidir a Royal Numismatic Society, de Londres.[1][2][4]
No ámbito familiar, casou en 1960 con Erica Stuart, unha artista da olaría, con quen foi pai de tres fillos.[1][2] Deles, a súa filla Joana é unha especialista na arte medieval de Cornualla e o seu fillo David é profesor de Arqueoloxía de Roma na Universidade de Leicester.[3]
Harold B. Mattingly faleceu o 23 de agosto de 2015 na súa residencia familiar en Truro, Cornualla, logo dunha breve doenza.[3]
Escolma de publicacións
editarEstas son as monografías máis significativas publicadas por Harold B. Mattingly ao longo da súa carreira académica: [5]
- 1963: Various numismatic notes. Proceedings of the British Academy. Londres.
- 1996: The Athenian empire restored : epigraphic and historical studies. The University of Michigan Press. ISBN 9780472106561
- 2007: From coins to history : selected numismatic studies. University of Michigan Press. ISBN 9780472113316
- 2012: Coins and travels in Greece : an introduction to the coins of ancient Greece with reminiscences of visits by numismatist Harold Mattingly (con Joanna Mattingly e Stephen Tyrrell). Falmouth. Pasticcio. ISBN 9780957031111
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Obituary: Emeritus Professor Harold B Mattingly". University of Leeds.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Mattingly, D. (2015). "Harold Mattingly obituary". En The Guardian. 28 de setembro de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Kampmann, U. (2015). "Harold B. Mattingly (1923-2015)". En Coins Weehly. 2 de setembro de 2015.
- ↑ "Presidents of the Society". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Harold B. Mattingly". WorldCat.org
Predecesor: Michael Metcalf |
Presidente da Royal Numismatic Society 1999 - 2004 |
Sucesor: Joe Cribb |