Abrir o menú principal

Michael Metcalf

numismático do Reino Unido

David Michael Metcalf, nado en Newcastle o 8 de maio de 1933 e finado o 25 de outubro de 2018, foi un numismático do Reino Unido vinculado á Universidade de Oxford, especializado na moeda medieval, do Imperio Bizantino, dos Estados cruzados e dos Balcáns.[1][2][3]

David Michael Metcalf
Datos persoais
Nacemento8 de maio de 1933
LugarCoat of arms of Newcastle upon Tyne City Council.png Newcastle
Reino Unido Reino Unido
Falecemento25 de outubro de 2018 (85 anos)
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeBritánica
Actividade
CampoNumismática
Alma máter- Universidade de Cambridge
- Universidade de Oxford
Director de tesePhilip Grierson
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos de moeda medieval, bizantina e dos Estados cruzados.
Premios- (1955): Premio Parkes Weber, da RNS.
- (1983) Medalla Sanford Saltus, da BNS.
- (1987) Medalla da Royal Numismatic Society.
- (1991) Medalla Huntington, da ANS.
- (2008) Premio Meshorer.
- (2008) Premio Derek Allen.
- (2009) Medalla Gunnar Holst
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O seu pai, Thomas Metcalf, fora un ministro metodista, e a súa nai, Gladys Moore, exercera como mestra. A familia procedía de Yorkshire, aínda que tiña un carácter moi itinerante por mor da dedicación do seu pai, motivo polo que Michael naceu en Newcastle.[3]

Metcalf estudou Xeografía na Universidade de Cambridge, onde posteriormente obtivo o seu doutoramento baixo a dirección de Philip Grierson, cunha tese acerca da circulación monetaria nos Balcáns de 820 a 1355, que foi publicada en 1965.[1]

Posteriormente, traballou na Sala de Moedas Heberden do Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford, á que chegou da man de Humphrey Sutherland. Alí exerceu inicialmente como conservador axudante, a partir de 1971, e entre 1982 e 1988 chegou a ser o director dese importante gabinete numismático.[1][4]

Paralelamente, foi nomeado profesor de Numismática desa mesma Universidade (Wolfson College) en 1996, posto no que se mantivo ata a súa xubilación en 1998, cando foi nomeado profesor emérito.[3][5]

Entre 1994 e 1999 exerceu a presidencia da Real Sociedade Numismática de Londres, de cuxo órgano de expresión, Numismatic Chronicle, foi director.[6] En 2007 foi nomeado membro de honra desa sociedade científica.[7][8]

RecoñecementosEditar

Escolma de publicaciónsEditar

A obra numismática de Metcalf é moi abundante, tanto en artigos publicados en revistas especializadas como en libros acerca de temas numismáticos. Esta é unha selección das súas obras máis significativas:[17][18]

  • (1961): The Coinage of South Germany in the Thirteenth Century. Spink.
  • (1965): Coinage in the Balkans, 820-1355. Institute for Balkan Studies. Tesalónica.
  • (1968): Studies in the Composition of Early Medieval Coins. Con J. M. Merrick e L. Kaye. Corbitt & Hunter.
  • (1969): The Origins of the Anastasian Currency Reforms. Adolf M. Hakkert.
  • (1976): The Copper Coinage of Thessalonica under Justinian I. Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften.
  • (1979): Coinage in South-Eastern Europe, 820-1396. Royal Numismatic Society. Londres.
  • (1980): Metallurgy in Numismatics. Con W. A. Oddy. Royal Numismatic Society. ISBN 9780901405142
  • (1983): Coinage of the Crusades and the Latin East in the Ashmolean Museum, Oxford. Royal Numismatic Society e Society for the Study of the Crusades and the Latin East. ISBN 9780901405210
  • (1993-1994): Thrymsas and Sceattas in the Ashmolean Museum. 3 vol. Royal Numismatic Society e Ashmolean Museum. ISBN 9781854440471
  • (1996): The Silver Coinage of Cyprus, 1285–1382. Cyprus Research Centre. Nicosia. ISBN 9789963080311
  • (1998): An Atlas of Anglo-Saxon and Norman Coin Finds, 973–1086. Royal Numismatic Society. ISBN 9781854441102
  • (1998): The White Bezants and Deniers of Cyprus, 1192–1285. Cyprus Research Centre. Nicosia. ISBN 9789963080465
  • (2000): The Gros, Sixains, and Cartzias of Cyprus: 1382–1489. Cyprus Research Centre. Nicosia. ISBN 9789963080564
  • (2009): Byzantine Cyprus: 491–1191. Cyprus Research Centre. Nicosia. ISBN 9789963081158

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar