Premio Parkes Weber

condecoración numismática

O Premio Parkes Weber é un dos galardóns que outorga anualmente a Real Sociedade Numismática (Royal Numismatic Society), de Londres, como recoñecemento da investigación orixinal levada a cabo por un numismático menor de 30 anos, de calquera nacionalidade, acerca dalgún asunto relacionado coa numismática.[1][2]

Premio Parkes Weber

Retrato de Frederick Parkes Weber, en cuxa honra se instituíu o
Premio Parkes Weber
Outorgada pola Royal Numismatic Society
Tipo Recoñecemento.
Graos Único.
Elixibilidade Numismático menor de 30 anos.
Outorgada por Investigación curta en inglés sobre numismática.
Descrición Placa de bronce de 47 x 67 mm e 74,99 g.
Estadísticas
Establecida 1954
Primeira outorgada 1954 (D. W. Dykes)
Última outorgada Concesión anual vixente.
Premiados Ver listaxe no artigo.

Historia

editar

O premio tomou o nome do numismático británico Frederick Parkes Weber. A Royal Numismatic Society instituíuno en 1954 e está baixo a administración do seu consello de dirección.[1][2]

Nas súas bases prevese que con el se recoñeza un ensaio orixinal escrito en inglés, de non máis que 5.000 palabras, acerca de calquera aspecto relacionando coas moedas, as medallas, as fichas comerciais ou o papel moeda.[1][2]

O premio ten unha dotación económica de 150 libras (en 2019) e os galardoados reciben tamén unha placa co retrato de Frederick Parkes Weber deseñada por Frank Boucher.[1][2] A placa, fundida en bronce, é rectangular (curvada pola parte superior) e ten unhas medidas de 47 x 67 mm, e un peso de 74,99 gramos.[3]

Galardoados co Premio Parkes Weber

editar

Esta é unha listaxe dos investigadores premiados co Premio Parkes Weber desde o seu establecemento en 1954:[1][2]

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar