John Orna-Ornstein
John Daniel Orna-Ornstein, nado en xuño de 1972[1], é un museólogo e numismático británico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Xuño de 1972 |
País de nacionalidade | ![]() |
Educación | University College London. |
Actividade | |
Campo de traballo | Empresa e numismática. |
Premios | |
1995: Premio Parkes Weber (RNS). 1997: Premio Lhotka (RNS). |
Traxectoria
editarOrna-Ornstein estudou Arqueoloxía no University College London entre 1991 e 1994.[2]
A súa carreira profesional comezou en xuño de 1994 no Museo Británico, onde desempeñou diversos labores, entre eles o de conservador no Departamento de Moedas e Medallas,[3] e o de coordinador do traballo nacional do museo e das súas asociacións en Londres.[4]
Logo ingresou no Consello das Artes de Inglaterra,[5] onde en 2013 foi nomeado director nacional de Museos e director rexional de Arte e Cultura no Leste de Inglaterra. Desde estes postos apoiou o desenvolvemento dos musos rexionais.[4]
En xuño de 2017, Orna-Ornstein ingresou na xunta executiva da entidade de conservación do patrimonio National Trust, para ocupar o novo posto de director de Conservación e Experiencia.[4][5][6]
Recoñecementos
editar- (1994): Premio Parkes Weber, da Royal Numismatic Society, de Londres.[7][8]
- (1997): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, de Londres.[9]
Publicacións
editarEstes son os principais traballos monográficos publicados por John Orna-Ornstein:[10]
- (1997). Coin hoards from Roman Britain (con R. Bland). British Museum Press, Londres. ISBN 9780714108872
- (1998). The Story of Money. British Museum Press, Londres. ISBN 9780714108926
- (2001). Development and evaluation of the HSBC Money Gallery at the British Museum. British Museum Press, Londres. ISBN 9780861591305
- (2002): Archaeology: Discovering the Past. Oxford University Press. ISBN 978-0195219098
Notas
editar- ↑ "John Daniel Orna-Ornstein - London - Director of Curation and Experience". Checkcompany.co.uk
- ↑ "John Orna-Ornstein". UK.Likedin.com
- ↑ "John Orna-Ornstein". The British Museum.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Murphy, A. (2017). "National Trust appoints John Orna-Ornstein as Director of Curation and Experience". En Museums + Heritage Advisor. 24 de febreiro.
- ↑ 5,0 5,1 "John Orna-Ornstein to leave Arts Council England | Museums Association". www.museumsassociation.org
- ↑ "Distinguished friends: John Orna-Ornstein". Migrationmuseum.org
- ↑ "The Parkes Weber Prize". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Medals and Prizes of the Society". En The Numismatic Chronicle. Vol. 165. Royal Numismatic Society.Páxina iii.
- ↑ "The Lhotka Memorial Prize". The Royal Numismatic Society.
- ↑ "Orna-Ornstein, John". WorldCat Identities.