Ian Stewart, Barón Stewartby

político e numismático británico
Para outras persoas tamén chamadas Ian Stewart, véxase a páxina de homónimos Ian Stewart


Bernard Harold Ian Halley Stewart, Baron Stewartby, coñecido tamén como Lord Stewartby, nado o 10 de agosto de 1935 e finado o 3 de marzo de 2018, foi un político membro do Partido Conservador e un numismático británico. Foi membro do Parlamento desde 1974 a 1992, e da Cámara dos Lords entre 1992 e 2015.[1][2][3][4]

Infotaula de personaIan Stewart
Lord Stewarty
Barón Stewarty
Nome orixinal(en) Ian Stewart, Baron Stewartby Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1935 Editar o valor em Wikidata
Morte3 de marzo de 2018 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Cargos

Ministro de Estado para Irlanda do Norte
Período25 de xullo de 1988
25 de xullo de 1989
SucesorJohn Cope
Ministro de Estado das Forzas Armadas
Período13 de xuño de 1987
25 de xullo de 1988
SucesorArchie Hamilton
Secretario Económico do Tesouro
Período19 de outubro de 1983
11 de xuño de 1987
SucesorPeter Lilley
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónJesus College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico
Partido políticoPartido Conservador
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDeborah Charlotte Buchan (en) Traducir (1966–) Editar o valor em Wikidata
FillosLydia Barbara Rose Stewart (en) Traducir, Dorothy Louisa Charlotte Amabel Stewart (en) Traducir, Henry Ernest Alexander Halley Stewart (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHarold Charles Stewart (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Dorothy Irene Lowen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Stewart era fillo do profesor Harold Charles Stewart FRSE e de Dorothy Irene Lowen, e tomou o seu primeiro nome do seu avó, Bernard Halley Stewart. [1]

Cursou o ensino secundario no Haileybury College e posteriormente graduouse no Jesus College, da Universidade de Cambridge, onde se graduou en estudos clásicos e despois fixo un mestrado de artes. En 1994 acadou o recoñecemento como membro honorario dese colexio universitario.[1][5]

Carreira política editar

Stewart foi membro do Parlamento polo distrito electoral de Hitchin desde febreiro de 1974 ata 1983, e polo de North Hertfordshire desde 1983 ata que abandonou esta cámara en 1992. Nese período exerceu os cargos como viceministro de Defensa, secretario económico do Tesouro e Ministro das Forzas Armadas.[1]

Logo de abandonar a Cámara dos Comúns, ingresou na Cámara dos Lords, tomando o título de Barón Stewartby, de Portmoak, no distrito de Perth e Kinross, o día 20 de xullo de 1992.[6] Permaneceu na Cámara dos Lords ata o seu retiro o 12 de novembro de 2015.[1][7]

Relevancia na numismática editar

O interese de Stewartby na moeda escocesa comezou xa na súa etapa escolar. Comezou a confeccionar unha colección de moeda escocesa mais, consciente da ausencia dunha obra completa de referencia acerca deste tema (exceptuando a xa desfasada Coinage of Scotland, publicada por Edward Burns en 1887), decidiuse a elaborala el mesmo. O resultado foi The Scottish Coinage, publicada pola editora Spink and Son en 1955.[2]

Ese interese pola numismática foi o que levou a Academia Británica a elixilo como un dos seus membros en 1981, recoñecendo as súas contribucións á numismática británica. As súas áreas de interese, ademais da moeda escocesa, foron a moeda anglosaxoa e as emisións baixomedievais inglesas. As súas publicacións acerca destes temas convertéronse de camiño en obras de referencia, aínda que Stewar non chegou a ocupar, ao longo da súa carreira, ningún posto académico.[2]

En xullo de 2007, Stewartby sufriu o roubo da súa colección de moedas escocesas, con exemplares que databan desde o século XII e que tiñan un valor estimado de 500.000 libras. Malia ofrecerse unha recompensa de 50.000 libras, as moedas non foron recuperadas.[2][8][9][10]

Vida familiar editar

Casou con Debora Charlotte Buchan o 8 de outubro de 1966, e xuntos tiveron dúas fillas e un fillo.[1]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Bernard Harold Ian Halley Stewart, Baron Stewartby". The Peerage.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Bateson, D. (2019). "Ian Stewart". En Biographical Memoirs of Fellows of the British Academy. The British Academy. Páxinas 217-240.
  3. "Ian Stewart, Baron Stewartby (1935-2018)". En Coins Weekly. 14 de marzo de 2018.
  4. Steven, A. (2018). "Obituary - Lord Stewartby, pre-eminent expert on Scottish coins who donated his collection to the Hunterian". En The Herald. 8 de marzo.
  5. "Stewartby". Who's Who 2020.
  6. "Issue: 52998. Page: 12418". The Gazette. 23 de xullo de 1992.
  7. "Lord Stewartby. Parliamentary career". UK Parliament.
  8. "Rare coins worth £500,000 stolen". En BBC News. 9 de xullo de 2007.
  9. "£50,000 reward in coin theft hunt". En BBC News. 3 de novembro de 2008.
  10. "New evidence in 'Lord Stewartby Collection case'". En Coins Weekly. 16 de febreiro de 2012.
  11. "The Parkes Weber Prize". The Royal Numismatic Society.
  12. "Ian Howard Stewart Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Society of Antiquaires of London.
  13. "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
  14. "The Rt Hon Lord Bernard Harold Ian Halley Stewartby RD FBA FRSE". Royal Society of Edinbourgh
  15. "Issue: 52563. Page: 2". The Gazette. 14 de xuño de 1991.
  16. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar