Sociedade científica
Unha sociedade científica é unha asociación de profesionais, investigadores, especialistas ou eruditos dunha rama do coñecemento ou das ciencias en xeral, que lles permite reunirse, expoñer os resultados das súas investigacións, confrontalos cos dos seus colegas ou especialistas dos mesmos dominios do coñecemento e difundir os seus traballos a través de publicacións especializadas.
A participación das sociedades científicas nos albores da ciencia moderna é un tema amplamente estudado e debatido. A historia da ciencia foi pródiga en analizar as orixes da Royal Society e das distintas Academias nacionais de ciencias do século XVII, o desenvolvemento das sociedades profesionais de científicos no século XIX ou a creación de asociacións científicas internacionais no marco do proceso de internacionalización da ciencia no século XX.(...)Gibbons et al. caracterizaron o "Modo 2 de produción de coñecemento" como base da diversificación das institucións involucradas no proceso de investigación científica (...) Os estudos sociais da ciencia (...) prestaron maior atención aos colectivos non formalizados na ciencia, como a "república da ciencia" de Poliana, a "comunidade científica" de Hagstrom e Merton, os "colexios invisíbeis" de Crane, as "comunidades epistémicas" de Knorr-Cetina e o "campo científico" de Bourdieu. A literatura sociolóxica en si, onde o tema da participación asociativa é recorrente, abordou pouco o caso particular das asociacións científicas.(...)
Pódese debater (...) se as sociedades científicas seguen tendo razón de existir nun sistema cada vez máis polarizado entre o científico individual, coas súas estratexias e ambicións de carreira, a as instituciones académicas, presionadas a competir entre si por recursos escasos.[1]
Historia
editarAlgunhas das sociedades científicas máis antigas son a Accademia dei Lincei (1603), a Academia francesa (1635), a Academia alemá das ciencias naturais – Leopoldina (1652), a Royal Society de Londres (1660) e a Academia de Ciencias de Francia (1666). No continente americano a máis antiga é a Sociedad Mexicana de Geografía y Estadística (1833).[2]
Características
editarA estrutura, obxectivos e actividades das sociedades científicas réxense de acordo a uns estatutos propios, regulados segundo as leis nacionais e internacionais. Entre as súas actividades adoitan incluírse as de tipo docente (cursos, talleres, seminarios, congresos, etc.) investigacións (teóricas ou aplicadas) e publicacións (libros, revistas, etc.). Como valor engadido conseguen o prestixio, tanto dos seus membros como o da organización que os vertebra. As sociedades científicas denomínanse, xeralmente, en función do territorio que abarcan (internacional, nacional, rexional ou local) e da rama do saber que estudan (medicina, literatura, etc.); as organizacións pequenas adoitan federarse con outras afíns para crear asociacións de rango superior.[3]
As sociedades científicas adoitan asesorar a gobernos e institucións públicas ou privadas sobre os coñecementos que as fundamentan mediante informes técnicos ou exemes periciais.
Notas
editar- ↑ Ana Delicado. ¿Para qué sirven las sociedades científicas?. Revista Iberoamericana de Ciencia, Tecnología y Sociedad. 29/09/2011 (en castelán).
- ↑ Sociedad Mexicana de Geografía y Estadística (en castelán).
- ↑ Jordi Ruscalleda. Misión de las Sociedades Científicas en el futuro del Diagnóstico por la Imagen. Enfoque Neuroradiológico. Arquivado 31 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Comunidade científica
- Revistas científicas
- Royal Society
- Sociedade Linneana de Londres
- Sociedade Max Planck
- Sociedade Galega de Historia Natural
- Sociedade Galega de Otorrinolaringoloxía
- Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Metabolismo e Nutrición
- Sociedade Galega de Contracepción
Ligazóns externas
editar- Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE)
- Índice de sociedades científicas-médicas de Chile (Ministerio de Saúde - Goberno de Chile)
- Índice de sociedades científicas de profesionales sanitarios de España Arquivado 20 de xullo de 2016 en Wayback Machine. (Ministerio de Sanidade - Goberno de España)