Medalla Sanford Saltus

condecoración numismática
Non confundir co Premio Sanford Saltus de Medalla da American Numismatic Society.

A Medalla John Sanford Saltus é a máxima distinción da Sociedade Británica de Numismática (British Numismatic Society). Concédese cunha periodicidade trianual para recoñecer contribucións académicas destacadas á numismática británica.[1]

Medalla Sanford Saltus

Placa co retrato de
John Sanford Saltus
(Metropolitan Museum of Art)
Outorgada pola British Numismatic Society
Tipo Recoñecemento.
Graos Único.
Elixibilidade Numismáticos académicos de calquera país.
Outorgada por Contribución destacada á numismática británica.
Descrición - Metal: ouro.
- Deseño: Frank Bowcher.
- Peso: 46,49 g.
- Diámetro: 44 mm.
Estadísticas
Establecida 1910
Primeira outorgada 1910 (P. W. P. Carlyon-Britton)
Última outorgada Concesión trianual vixente.
Premiados Ver listaxe no artigo.

Historia editar

Esta medalla estabeleceuse en 1910 a partir da doazón feita á Sociedade polo pintor e escultor estadounidense John Sanford Saltus (1853-1922), quen fora anteriormente o seu presidente.

Malia estar concibida inicialmente para se basear nas publicacións feitas no British Numismatic Journal, as normas foron reformuladas en 2005 para abranguer a totalidade das publicacións dun estudoso en materia de numismática británica.[2]

Características editar

Trátase dunha medalla cuñada en ouro, deseñada polo artista Frank Bowcher. O seu peso é de 46,49 gramos e o seu diámetro de 44 milímetros.[3]

  • Anverso: imaxe de Britannia en pé cos seus habituais atributos do escudo e o tridente, rodeada pola lenda: THE BRITISH NUMISMATIC SOCIETY.
  • Reverso: na parte superior hai unha grilanda coroada e coa data MCMX no seu interior. No campo da medalla lese esta lenda: THE JOHN SANFORD SALTUS MEDAL AWARDED TO [nome do premiado] FOR SCHOLARLY CONTRIBUTIONS TO BRITISH NUMISMATICS [data de concesión. Nalgunhas edicións hai pequenas alteracións desta lenda.[4]

Galardoados coa Medalla Sanford Saltus editar

Notas editar

  1. "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
  2. B. L. B. (1911).
  3. "John Sanford Saltus Gold Medal Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". The Fitzwilliam Museum. Cambridge.
  4. "British numismatic Society, Sanford Saltus Medal". Timothy Millett Limited.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • B. L. B. (1911). "The John Sanford Saltus Gold Medal". En American Journal of Numismatics. Vol. 45. Nº 2. Páxinas 67-68. Abril. American Numismatic Society.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar