Philip W. P. Carlyon-Britton
Philip William Poole Carlyon-Britton, nado en Bristol o 13 de outubro de 1863 e finado en Fishbourne, Sussex, o 26 de xuño de 1938, foi un numismático inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de outubro de 1863. |
Morte | 26 de xuño de 1938. Fishbourne. West Sussex. Inglaterra. |
10º Presidente da Sociedade Numismática Británica | |
1 de xaneiro de 1928 – 20 de febreiro de 1928 ← W. J. Freer (en) – Henry Walters Morrieson (en) → | |
3º Presidente da Sociedade Numismática Británica | |
1910 – 1914 ← Walter Jonathan Andrew – Henry Walters Morrieson (en) → | |
1º Presidente da Sociedade Numismática Británica | |
1903 – 1908 – Walter Jonathan Andrew → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e dereito. |
Ocupación | numismático |
Familia | |
Cónxuxe | Agnes Cassandra Carlyon (1886). |
Premios | |
1910: Medalla Sanford Saltus (BNS). |
Traxectoria
editarPhilip Carlyon-Britton naceu en Bristol, Gloucestershire, o 13 de outubro de 1863, fillo máis vello de Hannah Canter Poole e do empregado de banca Henry William Britton.[1][2]
Carlyon-Britton estudou Dereito e exerceu a profesión de avogado.[2]
Foi eilixido membro da Royal Numismatic Society, de Londres, en 1894.[3]
En 1904 formou parte do grupo de numismáticos que fundaron unha nova sociedade, a British Numismatic Society. Foi tamén o primeiro presidente desta institución, ata 1908, e posteriormente no período 1910-1914 e novamente en 1928.[4][5]
Carlyon-Britton foi tamén editor do xornal British Numismatic Journal, órgano de expresión da British numismatic Society, durante os seus dez primeiros números.[6]
Philip Carlyon-Britton foi membro da Sociedade de Anticuarios de Londres.[1][7]
Vida persoal
editarPhilip Carlyon-Britton casou con Agnes Cassandra Carlyon o 8 de setembro de 1886,[1] na igrexa de San Xoán Evanxelista de Clifton, Gloucestershire. A parella tivo catro fillos.[2]
Faleceu aos 74 anos, o 26 de xuño de 1938, en Fishbourne, Sussex.[2]
Recoñecementos
editar- (1910): Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society, de Londres.[8]
A colección Carlyon-Britton
editarComo coleccionista logrou reunir unha importante colección de moedas e outros obxectos de orixe celta, romano-británica e normanda, que foi vendida en poxas públicas entre 1900 e 1918.[6][7] Estes son os catálogos redactados para as devanditas poxas:
- (1900). Catalogue of the important and valuable Collection of English Gold and Silver Coins the property of P. Carlyon-Britton (con Sotheby, Wilkinson & Hodge). Dryden Press, Londres.
- (1916). The Carlyon-Britton Collection of Coins. II: Anglo-Saxon and Norman Coins (con Sotheby, Wilkinson & Hodge). Dryden Press, Londres.
- (1918). The Carlyon-Britton Collection of Coins. III: Anglo-Saxon and Norman Coins (con Sotheby, Wilkinson & Hodge). Dryden Press, Londres.
Publicacións
editarEsta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Carlyon-Britton ao longo da súa historia:[9][10]
Dereito
editar- (1900). The Registers of Bitton Co. Gloucester. The Parish Register Society, Londres.
- (1900). The Registers of Hanham and Oldland, Gloucester. The Parish Register Society.
- (1906). A Treatise on the Law concerning Names and Changes of Name (con A. C. Fox-Davies). E. Stock, Londres.
Numismática
editar- (1902). On the coins of William I and II, and the sequence of types. Separata de Numismatic Chronicle, Londres.
- (1902). William I & II: their mints and moneyers. Spink, Londres.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Worthy, C. (1896). "The Brittons of Britton". Páxina 373.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Philip William Poole (Britton) Carlyon-Britton (1863 - 1938)". WikiTree.com
- ↑ "List of members". En The Numismatic Chronicle. Vol.XIX. 1899. Royal Numismatic Society. Páxina 5.
- ↑ "History: Presidents of the Society". British Numismatic Society.
- ↑ Shirley Fox, J. (1938). "Obituary: Major P. W. P. Carlyon-Britton". En British Numismatic Journal. Vol. 23. 14. Páxinas 169-170.
- ↑ 6,0 6,1 "Carlyon-Britton, Philip William Poole, Major". British Numismatic Society.
- ↑ 7,0 7,1 "Maj Phillip William Poole Carlyon-Britton". The British Museum.
- ↑ "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
- ↑ "Carlyon-Britton, Philip William Poole 1863-1938 Arquivado 21 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Carlyon-Britton, P. W. P. (Philip William Poole) 1863-". WorldCat Identities.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Shirley Fox, J. (1938). "Obituary: Major P. W. P. Carlyon-Britton". En British Numismatic Journal. Vol. 23. 14. Páxinas 169-170.
- Worthy, C. (1896). Devonshire wills: a collection of annotated testamentary abstracts, together with the family history and genealogy of many of the most ancient gentle houses of the west of England. Bemrose & sons, Londres.