Laurie Asher Lawrence

numismático e médico inglés


Laurie Asher Lawrence, nado en Londres o 23 de outubro de 1857 e finado en Hampstead, Londres, o 5 de xullo de 1949, foi un numismático inglés especializado na moeda medieval de Inglaterra.

Infotaula de personaLaurie Asher Lawrence
(L. A. Lawrence)
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1857.
Morte5 de xullo de 1949.
Londres.
Inglaterra.
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
RelixiónXudía.
EducaciónHospital St Bartholomew, Londres.
Coñecido porEstudos de numismática medieval inglesa.
Actividade
Campo de traballoNumismática e medicina.
Ocupacióncirurxián , numismático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEsther Lawrence (en) Traducir, Gerald Lawrence (pt) Traducir e Reina Lawrence (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
· 1917: Medalla da RNS.
· 1917: Medalla Sanford Saltus (BNS).

WikiTree: Lawrence-19346

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Laurie Asher Lawrence naceu en Londres o 23 de outubro de 1857, o maior dos nove fillos de Emily Asher e de John Moss Lawrence, director dunha compañía e pertencente a unha familia xudía.[1][2]

Cursou a súa educación secundaria na University College School e posteriormente estudou Medicina no Hospital St Bartholomew, de Londres. Posteriormente completou a súa formación médica en Viena.[1]

Carreira médica editar

En 1883 acadou a cualificación como médico da Society of Apothecaries e o 24 de xaneiro de 1884 ingresou no Real Colexio de Cirurxiáns de Gran Btretaña e Irlanda.[1]

Traballou como cirurxián xefe no hospital St Bartholomew entre 1884 e 1885; posteriormente como cirurxián a cargo do departamento de gorxa e oído no hospital Seamen, de Greenwich, e finalmente como cirurxián consultor do Western General Dispensary.[1][3]

Desde o 9 de xuño de 1888 formou parte do Real Colexio de Cirurxiáns de Inglaterra.[1][4] Ese mesmo ano ingresou tamén na Real Sociedade Médica e Cirúrxica de Londres.[5]

Carreira numismática editar

 
Lámina con moedas do rei Aethelbald de Wessex, extraída do artigo "Coinage of Æthebald" (1893), de L. A. Lawrence.

No entanto, o seu recoñecemento vénlle polas súas contribucións no ámbito numismático.

Lawrence ingresou na Royal Numismatic Society o 17 de decembro de 1885,[6] e un lustro máis tarde, en 1890, fixo a súa primeira publicación na revista Numismatic Chronicle (NC), desta Sociedade, co título "A Baronial Coin of Eustace Fitz-John",[7] sobre unha moeda da súa propia colección. A este artigo seguiuno un bo número de contribucións arredor da moeda inglesa medieval.[4]

Tamén foi un dos impulsores da creación da British Numismatic Society desde a súa primeira sesión do 30 de novembro de 1903, e posteriormente foi vicepresidente desta entidade e editor do seu xornal British Numismatic Journal (BNJ).[4]

Lawrence formou parte tamén da Sociedade de Anticuarios de Londres.[1][8]

A súa obra máis representativa foi "Coinage of Edward III from 1351", publicada inicialmente en catro partes en Numismatic Chronicle, entre 1926 e 1933, e posteriormente en forma de libro, cun limiar e un apéndice, en 1937.[4][9]

Lawrence foi un asiduo visitante do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, onde non só investigaba para os seus estudos numismáticos, senón que tamén realizaba vendas e intercambios de moedas e outras antigüidades.[10] Esta colaboración mutua foi recoñecida polo Departamento, que o nomeou conservador axudante honorífico.[8]

As "coleccións Lawrence" editar

Paralelamente ao seu labor como erudito, Lawrence foi conformando desde a década de 1880 unha nutrida colección de moeda inglesa medieval e emisións da Antiga Roma na Britania que foi catalogada en 1903 para a súa venda en Sotheby (24-27 de febreiro).[11] Nesta venda pública concedeulle dereito prioritario ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico para que puidese adquirir as moedas da súa colección xeral que fosen do seu interese.[8] A parte de ouro de Eduardo III tivo ese fin e foi adquirida na súa integridade, mais non así o resto da súa colección, que acabou disperso en diversas vendas públicas.[12]

Mais logo desta primeira colección xurdiron outras que seguiu cultivando ao longo da súa vida. No seu testamento, legou ao Museo Británico a súa colección de moeda falsa de época. [12]

Vida persoal editar

Lawrence casou en xuño de 1886 con Elizabeth Rachel Joseph (finada en 1937), con quen tivo catro fillos e unha filla.[1][13]

Morreu na súa residencia do número 44 de Belsize Square en Hampstead, Londres, o 5 de xullo de 1949 aos 91 anos.[4][1]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Escolma de artigos en Numismatic Chronnicle editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Lawrence, Laurie Asher (1857 - 1949)". Royal College of Surgeons of England.
  2. Pagan, H. (2020). Parte I. Páxinas 2-3.
  3. Pagan, H. (2020). Parte I. Páxina 1.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Blunt, C. E. (1949). Páxina 95.
  5. "Resident Fellows". En Medico-Chirurgical Transactions. Vol. 82. Longmans, Londres. Páxinas xxvi, lxiii.
  6. Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society (1836-1986). Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8. Páxina 65.
  7. Véxase (1890) en "Publicacións".
  8. 8,0 8,1 8,2 "Dr Laurie A Lawrence". The British Museum.
  9. Véxase (1926) en "Publicacións".
  10. Sutherland, C. H. V. (1950).
  11. Pagan, H. (2020). Parte I, páxina 1, e Parte II.
  12. 12,0 12,1 Blunt, C. E. (1949). Páxina 96.
  13. Pagan, H. (2020). Parte I. Páxina4.
  14. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  15. "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar