H. B. Earle Fox

numismático e xornalista inglés


Harry Bertram Earle Fox, nado en Andover, Hampshire, en 1863 e finado en Devizes, Wiltshire, o 21 de marzo de 1920, foi un xornalista e numismático inglés.

Infotaula de personaH. B. Earle Fox
Harry Bertram Earle Fox
Biografía
Nacemento1868.
Andover (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 1920.
Devizes.
Wiltshire.
Inglaterra.
Datos persoais
País de nacionalidade Británica
Coñecido porEstudos de numismática grega e medieval inglesa.
Actividade
Campo de traballoNumismática e xornalismo.
Ocupaciónnumismático , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios
1920: Medalla da RNS.

Earle Fox era irmán do pintor e tamén numismático John Shirley Fox.

Traxectoria editar

Xornalismo editar

A condición de xornalista de Earle Fox levouno a residir en París, onde tamén residía o seu irmán John Shirley. Alí foi o editor do xornal en inglés Galignani's Messenger e da edición parisiense do New York Herald.[1]

Posteriormente, exerceu a súa profesión durante un tempo en Atenas.[1]

Ao seu regreso a Inglaterra asentouse en Londres e entrou no equipo de dirección do xornal Standard.[2]

Numismático editar

Earle Fox compartía co seu irmán John Shirley a súa paixón polo coleccionismo e polo estudo numismático, e durante a súa estadía en Atenas descubriu a moeda da Antiga Grecia e comezou a afondar no seu coñecemento, e publicou os seus primeiros artigos sobre este aspecto. A súa colección persoal de moeda grega, sobre a que baseou os seus estudos, foi doada polo seu desexo ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, á súa morte en 1920.[1][3][4]

Cando volveu a Londres, introduciuse xunto co seu irmán o estudo na numismática medieval inglesa dos Plantagenet e dos Tudor, o que deu lugar a unha serie de artigos sobre este asunto a partir de 1909.[2][5]

Ingresou na Royal Numismatic Society o 19 de novembro 1891 e ao pouco tempo pasou a formar parte do seu consello directivo, como vicepresidente entre 1913 e 1915.[1][6] En 1920 foi honrado postumamente pola máxima distinción desta entidade, xunto co seu irmán.[7]

Tamén formou parte da British Numismatic Society, na que ingresou en 1907[8] e posteriormente ocupou o cargo de secretario. Ademais, durante os seus derradeiros dous anos da súa vida foi o editor da publicación periódica desta entidade, o British Nunmismatic Journal. [1]

Vida persoal editar

Os problemas de saúde de Earle Fox fixeron que abandonase Londres en 1914 e retirouse a unha casa de campo na pequena localidade de Woolhampton, en West Berkshire.[2]

Earle Fox morreu o 21 de marzo de 1920, en Devizes, Wiltshire, aos 57 anos de idade.[1]

Recoñecementos editar

Publicacións editar

Esta é unha escolma dos artigos numismáticos publicados por Earle Fox ao longo da súa traxectoria, inicialmente acerca da moeda da Antiga Grecia e, a partir de 1909, sobre a moeda medieval inglesa:[1][9][10]

Moeda grega editar

Moeda medieval inglesa editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Lawrence, L. A. (1920). Páxina 94.
  2. 2,0 2,1 2,2 Lawrence, L. A. (1920). Páxina 95.
  3. Fox, H. B. E. (1898). "Greek coins in the collection of Mr. Earle Fox". En Numismatic Chronicle. 3ª serie. Vol. 18. Páxinas 286-293.
  4. "Harry Bertram Earle-Fox". The British Museum.
  5. Ver "Publicacións".
  6. Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society (1836-1986). Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8. Páxina 60.
  7. 7,0 7,1 "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  8. "The British Numismatic Society. Proceedings 1907". En The British Numismatic Journal. Vol. 4 (1907). Páxina 366.
  9. "Fox, H. B. Earle". WorldCat Identities.
  10. "Fox, H.-B. Earle Arquivado 25 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar