Edward Allen Sydenham
Edward Allen Sydenham, nado en Reading o 19 de abril de 1873 e finado en Cowes en 1948, foi un relixioso e numismático británico especializado na moeda da Antiga Roma.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de abril de 1873 Reading, Reino Unido |
Morte | 19 de abril de 1948 Cowes. Illa de Wight Inglaterra |
17º Presidente da Real Sociedade Numismática | |
1937 – 1942 ← Percy H. Webb – Harold Mattingly → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Merton College. Universidade de Oxford. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e relixión. |
Ocupación | numismático |
Familia | |
Cónxuxe | Ada Lilian Stone (1911). Althea Josephine (Jo) Walker (1919). |
Premios | |
1930: Medalla da RNS. |
Traxectoria
editarPrimeiros anos e formación
editarSydenham naceu o 19 de abril de 1873 na cidade de Reading, no condado inglés de Berkshire, primeiro fillo de Joseph Sydenham e da súa muller, Alice.[2]
Recibiu a súa primeira educación da man do reverendo Edward Ebenezer Crake nunha modesta escola de só cinco alumnos na pequena vila de Jevington, en Sussex, ao norte de Eastbourne.[2]
Posteriormente realizou os seus estudos superiores no Merton College, da Universidade de Oxford, que completou con formación posterior en Teoloxía en 1896, no Colexio Teolóxico de Wells.
Carreira relixiosa
editarLogo da súa formación relixiosa foi nomeado coadxutor na igrexa de St. Mary, en Oldham. Finalmente, o 19 de decembro de 1897 foi ordenado diácono na catedral de Manchester.[2]
Permaneceu na súa parroquia de Oldham ata 1905, cando pasou a estar adscrito á nova igrexa de San Mateu de Northampton, construída trinta anos antes, e en 1907 trasladouse á Christ Church, en Ealing. Non foi ata 1909, xa con 35 anos, cando tivo a súa propia parroquia, como vicario de Wolvercorte, en Oxford.[2]
Erudito numismático
editarAdemais do seu ministerio relixioso, a outra paixón cultivada por Sydenham foi a numismática, fundamentalmente a referida ás emisións monetarias da época da República e as imperiais emitida durante o reinado de Nerón. Tamén foi do seu interse o simbolismo das primeiras cuñaxes británicas.[3]
A carreira numismática de Sydenham estivo moi vinculada á Royal Numismatic Society, na que ingresou en 1914. Nesta institución ocupou a súa presidencia entre 1937 e 1942, e posteriormente a vicepresidencia, ata o seu falecemento.[2][3][4]
A súa obra numismática, escrita en ocasións da man doutros especialistas, sinaladamente Harold Mattingly, segue a estar vixente nas investigacións do século XXI.[2]
Logo da súa xubilación, continuou cos seus estudos históricos traballando como conservador adxunto do Museo do Castelo de Carisbrooke, na illa de Wight.[2]
Outros intereses
editarSydenham tamén se interesou por actividades como o debuxo e a pintura, e realizou un bo número de estudos e obras á acuarela e ao óleo, sinaladamente paisaxes das Illas da Canle. Dáse como probable que algunhas destas paisaxes fosen expostas na Royal Society.[2]
Paralelamente, cultivou tamén a composición musical. É autor de numerosos himnos relixiosos, un dos cales foi publicado.[2]
Outras áreas do coñecemento do seu interese foron a enxeñaría e o modelismo ferroviario e a escritura en verso. É autor de varias comedias das que a penas se conserva unha obra nun acto.[2]
Vida persoal
editarO 27 de novembro de 1911 casou con Ada Lilian Stone cando esta tiña 17 anos, coa que tivo un fillo, aínda que só tres anos despois a súa esposa faleceu por peritonite. En 1919 casou en segundas nupcias con Althea Josephine Walker, con quen tivo un novo fillo o anos seguinte.[2]
Logo da súa xubilación en 1942 adquiriu unha casa en Cowes, na Illa de Wight, onde se instalou xunto coa súa muller para pasar os seus derradeiros anos. Alí faleceu en 1948 e no cemiterio local repousan os seus restos.[2]
Recoñecementos
editarPublicacións
editarEstes son os traballos monográficos publicados por Edward Allen Sydenham ao longo da súa carreira:[6][7]
- (1917). Historical references on coins of the Roman Empire from Augustus to Gallienus. Spink & Son, Londres.
- (1920). The Coinage of Nero. Spink & Son, Londres.
- (1926).The Aes Grave: A Study of the Cast Coinages of Rome and Central Italy. Spink & Son, Londres.
- (1926-1949). Roman Imperial Coinage. Spink & Son, Londres.
- (1926). Vol. II: Vespasian to Hadrian (con H. Mattingly).
- (1930). Vol. III: Antoninus Pius to Commodus (con H. Mattingly).
- (1936). Vol. IV-I: Pertinax to Geta (con H. Mattingly).
- (1930). Vol. IV-II: Macrinus to Pupienus (con H. Mattingly).
- (1949). Vol. IV-III: Gordian III - Uranius Antoninus (con H. Mattingly e H. Sutherland).
Notas
editar- ↑ "Rev E A Sydenham". The British Museum.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Millward, E. (2008).
- ↑ 3,0 3,1 "Proceedings of the RNS". En The Numismatic Chronicle. Vol. 8. Nº 3/4. Páxina 16.
- ↑ "Presidents of the Society". Royal Numismatic Society.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Sydenham, Edward Allen 1873-1948 Arquivado 07 de novembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Sydenham, Edward Allen 1873-1948". WorldCat Identities.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Millward, E. (2008). "Our Grandfather - Edward Allen Sydenham". Forumancientcoins.com.
Ligazóns externas
editar
Predecesor: Percy H. Webb |
Presidente da Royal Numismatic Society 1937 - 1942 |
Sucesor: Harold Mattingly |