Antonino Pío
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Antonino Pío (138-161) foi un emperador romano, pertencente á dinastía dos cinco bos emperadores. Sucedeu a Adriano, que o adoptara como fillo.
Antonino Pío | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Titus Aurelius Fulvus |
Nacemento | 19 de setembro de 86 |
Lugar de nacemento | Lanuvium |
Falecemento | 7 de marzo de 161 |
Lugar de falecemento | Lorium |
Causa | peste |
Soterrado | Castelo de Sant'Angelo |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Relixión | relixión na Roma antiga |
Ocupación | político |
Pai | Tito Aurélio Fulvo, o Jovem e Hadriano |
Nai | Arria Fadilla |
Cónxuxe | Faustina a Maior |
Fillos | Marco Aurelio, Lúcio Vero, Faustina, Marcus Galerius Aurelius Antoninus, Aurelia Fadilla e Marcus Aurelius Fulvus Antoninus |
Irmáns | Julia Fadilla e Arria Lupula |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Con Antonino Pío, itálico de ascendencia gala, a Pax Romana e a estabilidade política chegaron ao seu cumio. Antonino contaba máis de 50 anos cando accedeu á maxistratura suprema e tiña unha ampla experiencia tras unha vida dedicada ao servizo do Estado, ao longo da cal fora cuestor, pretor, cónsul e gobernador en Italia e Asia. Como membro do Consilium principis estivera a carón de Adriano.
Dentro das fronteiras do Imperio reinou a paz, pero non así nas fronteiras mesmas. Nun primeiro momento houbo de asulagar unha rebelión das tribos mauritanas, ás que puido rexeitar cara o Atlas, e despois foille preciso acudir a Britania, para conter a invasión dos brigantes, unha tribo que xa causara moitas perdas aos romanos. Esta tribo, orixinariamente establecida entre os ríos Forth e Humbert, rachou despois da súa derrota, e unha rama emigrou para a Irlanda. Antonino decidiu entón de facer outra muralla ao xeito de Adriano (142), pero un pouco máis ao norte, dende o Firth of Forth a Firth of Clyde, na liña das actuais cidades de Edimburgo e Glasgow.
No ámbito interno, Antonino non foi un reformador nin se distinguiu por ser un construtor de monumentos e obras públicas. As institucións seguiron un funcionamento normal, tras as medidas tomadas polos emperadores precedentes. As iniciativas centráronse en procurar benestar para os romanos e as xentes do Imperio mediante donativos, fundacións benéficas, axudas con motivo de sinistros, acollida para os orfos, pobres etc... A sorte dos escravos mellorou dentro do que o sistema daba de si, humanizándose as súas condicións de vida.
Antonino foi tamén un bo administrador, protector da agricultura e demais actividades produtivas, tolerante en materia relixiosa se os cultos foráneos non implicaban subversión da orde establecida.
Véxase taménEditar
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Adriano |
Antonino Pío | Precede a: Marco Aurelio |
Dinastía dos Antoninos |